Servizos avanzados
Para o acceso á oficina virtual tributaria, poderán empregarse as seguintes vías por parte do contribuínte, sempre e cando dispoña dos instrumentos correspondentes que se precisan en cada caso para facilitar o acceso:
- DNI electrónico. (Deberá dispor de DNI electrónico e coñecer a clave para utilizar os certificados do mesmo)
- Certificación dixital da FNMT. (Deberá ser titular da certificación dixital en vigor da Fabrica Nacional de Moneda y Timbre).
Unha vez identificado o contribuínte de forma segura, por calquera dos medios que se indican, permíteselles acceder en tempo real a consultar ou realizar as seguintes operacións:
- A súa información ou conta tributaria sin esixir unha segunda acreditación.
- Os seus valores en voluntaria, executiva ou os que estén incluidos nun expediente de prema.
- Os seus expedientes de xestión.
- Os seus bens que constituen obxectos tributarios (Inmobles, Vehículos...etc.).
- Localización na cartografía oficial do Catastro.
- Domiciliación dos seus recibos.
- Alta de autoliquidación de Vehículos.
- Pago dos seus recibos.
- Modificación ou ampliación de alguns dos seus datos persoais (enderezo, data de nacimento, teléfonos fixo e móbil, fax, correo electrónico..etc.).
- Consulta de recibos anulados.
- Xustificante de recibos pagados.
- Impresión de documentos cobratorios.
Entrar na Oficina Virtual