Servizos sociais

FOGAR INFANTIL EMILIO ROMAY (Menores de 0 a 6 anos)

 

O Fogar Infantil Emilio Romay (FIER) é un centro de menores propio da  Deputación Provincial da Coruña. No marco normativo da comunidade autónoma desenvolve en convenio con esta, un programa de atención á infancia, na tipoloxía de centro de fogares, é dicir, "equipamentos residenciais distribuidos en unidades de convivencia que permitan a adecuación dos espazos e ritmos de vida autónomos dentro da organización xeral";  tal e como recolle o Real Decreto 329/2005, do 28 de Xullo, polo que se regulan os centros de menores e centros de atención á infancia.

Polo tanto, o Fogar Infantil Emilio Romay da servizo á Comunidade Autónoma de Galicia.

ASENTAMENTO XEOGRÁFICO

O Fogar Infantil Emilio Romay (FIER) encóntrase situado na rúa Joaquín Planells da cidade da Coruña, preto das estacións de autobuses e tren, así como da vía principal de entrada na cidade. No seu contorno existen equipamentos educativos, de ocio, tempo libre e de entretemento, nun enclave físico que está a desenvolverse cunha serie de actuacións urbanísticas de mellora do contorno.

PERSOAS DESTINATARIAS

Como centro de atención á infancia, o FIER desenvolve un programa destinado a atención de menores de 0-6 anos de ambos sexos en situación de risco ou desamparo social. Nenos e nenas que, procedentes de medios familiares en dificultade social, precisen de: acollemento residencial temporal, apoio ás familias de orixe ou preparación para a integración noutra familia; a través do apoio e acompañamento dun equipo multidisciplinar.

É a Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, a que mediante resolución administrativa determina:

  • A solicitude de ingreso do/da menor no centro.
  • O acordo sobre  a medida legal: garda ou tutela.
  • A modalidade de estadía: internado ou atención de día. 

CAPACIDADE

O centro ten capacidade para 40 estadías de internado e 10 de atención de día nas seguintes condicións:

Fogares de internado:

  • 1 Fogar de primeira infancia (0 – 15 meses) con capacidade para 10 menores.
  • 3 Fogares para a infancia (15 meses -6 anos) con capacidade para 10 menores cada un.

Fogar de atención de día:

  • 1 Fogar (0 -6 anos) con capacidade para 10 menores.

INSTALACIÓNS

        

 

    

 

 ARTÍCULO "O FOGAR INFANTIL EMILIO ROMAY: DA BENEFICIENCIA Ó BENESTAR SOCIAL" PUBLICADO NO NÚMERO 89 (DECEMBRO 2011) DA REVISTA TSDIFUSIÓN

Servizos Sociais
26/04/2013
Premiados da IV Edición do concurso
23/04/2013
Inicio do prazo de presentación de soliucitudes de subvención do "Plan de financiamento de servizos comunitarios básicos"
04/04/2013
 A Deputación Provincial da Coruña, dende a Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística, porá en marcha dende este sábado 6 de abril un circuíto de actividades sobre voluntariado en cinco concellos da provincia da Coruña.
08/03/2013
 Dende a Deputación da Coruña, convócase no marco das actividades da conmemoración do 8 de marzo 2013 “Día da muller”, por cuarto ano consecutivo a IV EDICIÓN  DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO “POLA IGUALDADE REAL”.

O obxectivo é reflexionar sobre a importancia de visibilizar o papel da muller no medio rural, fomentar o seu empoderamento, liderado e participación social en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Quérese xerar conciencia na mocidade, xa que é o motor do cambio e do futuro,  e fomentar a súa participación nunha actividade de sensibilización dedicado este ano ao empoderamento das mulleres no medio rural.
 

08/02/2013
 Publicación dos premiados