O Programa de acción sobre a Estratexia comunitaria de igualdade de xénero ten coma obxectivo promover a igualdade entre mulleres e homes, en particular, mediante a asistencia e o apoio á estratexia-marco comunitaria.
Abarca toda política e acción comunitaria encamiñadas a alcanzar a devandita igualdade, incluídas as políticas de integración da igualdade de sexos e as accións específicas dirixidas ás mulleres. Os seus obxectivos son:
• Promover e difundir os valores nos que se basea a igualdade entre mulleres e homes.
• Mellorar a comprensión das cuestións relacionadas coa igualdade entre persoas, incluída a discriminación directa e indirecta baseada no xénero, así como a discriminación múltiple contra as mulleres, examinando a eficacia das políticas e as prácticas mediante a súa análise previa, o seguimento da súa aplicación e a avaliación do seu impacto.
• Potenciar a capacidade dos axentes sociais para promover de xeito eficaz a igualdade entre as persoas, en particular, fomentando o intercambio de información e boas prácticas e o establecemento de redes a nivel comunitario.
En 2006 o obxectivo prioritario foi a "Promoción da igualdade de xénero, especialmente no desenvolvemento local". Este obxectivo permitíu tratar dúas cuestións diferentes, pero complementarias:
• Incentivar unha participación equilibrada de mulleres e homes nos aspectos socioeconómicos do desenvolvemento local
• Fomento da promoción de xénero dende as políticas implementadas a nivel local.
Este obxectivo ten que desenvolverse en eidos como a vida económica, a igualdade de participación e representación, os dereitos sociais, a vida civil e os roles e estereotipos de xénero, entre outros relacionados.