Deputación da Coruña Deputación da Coruña
Unha deputación ó servicio da provincia 24 horas ó servicio da provincia A Coruña por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradicións e honrar ós nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coruña
Últimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Suxestións
Galego / Castellano

VI. Maiores

    Programa provincial de Teleasistencia Domiciliaria

    Inclusión de usuarios:

    As persoas maiores de 65 anos, ou menores discapacitadas, en situación de risco e dependencia, que vivan soas ou con outras persoas de similares características, poden solicitar a prestación de teleasistencia, con cargo ó Programa Provincial, a través dos Servicios Sociais de Atención Primaria do seu concello, sempre e cando este estea incluído no Programa, mediante adhesión ós convenios asinados pola deputación.

    Os profesionais dos Servicios Sociais de Atención Primaria, dos concellos adheridos, teñen á súa disposición nesta páxina os impresos que configuran o expediente de usuario para ser cumprimentados e poder imprimilos, debendo ser remitidos posteriormente á deputación por correo ordinario e a través dos rexistros correspondentes (obter aquí os impresos do expediente).

    Máis información sobre Teleasistencia...

     

    Aboamento de estadías en distintas residencias a persoas maiores sen familia e sen recursos, procedentes dos diferentes concellos da provincia. É un programa en extinción, derivado das anteriores competencias da deputación.

    Convenio coa Fundación "Remanso" para a creación dunha residencia mixta para persoas maiores dependentes e con poucos recursos, localizada na cidade da Coruña.

    Convenio coa Xunta de Galicia para cofinanciar a restauración dun Asilo de Anciáns en Manatí (Cuba ).

    Investigación. Contratación de traballos (estudio sobre a incidencia do mal de Alzheimer ).

    Cesión de uso de instalacións provinciais para o centro xerontolóxico "La Milagrosa"


    A Deputación da Coruña, en liña coas políticas deseñadas no Plan xerontolóxico nacional, en concreto a de fomentar a creación de servicios sociais para persoas maiores enfermas e dependentes, e tendo en conta as características demográficas da provincia (elevado índice de envellecemento co conseguinte requerimento de servicios socio-sanitarios adecuados) acordou en 1998, mediante concurso público e prego de condicións, facer cesión do uso de parte das instalacións do antigo Colexio-fogar "La Milagrosa" (servicio social de atención a menores precisados de tutela e protección, en consonancia coas vellas competencias provinciais que determinaba a anterior lexislación ). Ó pasar a competencia sobre menores á Xunta de Galicia, o centro foi amortizando prazas ata a súa total extinción, polo que resultaba adecuado encontrar un novo destino ó edificio, no campo dos servicios sociais que actualmente suscitan maior demanda, como son os solicitados polo sector dos maiores dependentes, servicios actualmente en auxe e crecemento, á vez que resultan creadores de emprego xa que precisan para o seu funcionamento de diversos profesionais cualificados.

    Resolto o concurso, e adxudicada a cesión de uso das instalacións provinciais á Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados ( UDP ) da Coruña, asinouse o 17 de xuño de 1999, un convenio entre a deputación e a citada asociación para establecer as condicións da cesión e as implicacións de cada parte.

    A deputación comprometiase non só á cesión temporal de uso das instalacións, situadas nunha parcela de 800 metros cadrados, senón tamén a entregalas coas reformas e adaptacións pertinentes e necesarias para adecualas ó fin a que se destinaban. A remodelación do edificio cedido, que consta de baixo e dúas plantas, importou para a deputación un investimento de preto de 88.000.000 de pesetas.

     

    Vista Exterior del Centro

    Despacho

    Sala de Actividades

    Sala de Actividades

    Sala de Rehabilitación

    Sala de Rehabilitación

    Gimnasio

    Ximnasio

     

    O centro xerontolóxico de estadías diurnas "La Milagrosa", nacido dunha oferta de instalacións da Deputación da Coruña e do entusiamo duns pensionistas e xubilados por iromper na creación e xestión de servicios sociais, abriuse a fins de 2001, inaugurándose oficialmente a comezos de 2002.

    Para a posta en marcha do Centro a Asociación Provincial de Pensionistas e xubilados da Coruña (UDP) contou con valiosas colaboracións dos seguintes organismos e entidades, público e privadas, como eficaz mostra de partenariado social :

    . Xunta de Galicia .

    . Universidade da Coruña.

    . CESGA.

    . Deputación Provincial de A Coruña

    . Fundación Pedro Barrié de la Maza.

    . Obra Social de Caixa Galicia

    Máis información sobre o centro xerontolóxico na seguinte web: www.centrolamilagrosa.org