Deputación da Coruña Deputación da Coruña
Unha deputación ó servicio da provincia 24 horas ó servicio da provincia A Coruña por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradicións e honrar ós nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coruña
Últimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Suxestións
Galego / Castellano

X. Publicacións e investigación
- Publicacións:

* "Los Servicios Sociales". Marco Normativo General. Autora: Isabel Grandal Nores.- Serie Cadernos. 1. Deputación Provincial da Coruña. 1997.

Inclúense resumos do contido para quen estea interesado no tema:

Marco xeral: Marco específico:

* " Aproximación sociológica a los Servicios Sociales ". Autor: Jorge García Marín.- Deputación Provincial da Coruña. 1997.

As persoas interesadas nelas poden solicitalas á deputación , mediante FAX ou por carta.

- Investigacións

Concertación co Centro de Investigación Biomédica EUROESPES para a realización dunha "Análise sociodemográfica e censal das persoas con demencia senil e Alzheimer na provincia da Coruña", de interese para o desenvolvemento dos servicios de atención a persoas maiores, enfermas , social e familiarmente dependentes que precisan axuda sociosanitaria. Esta investigación é continuidade da que co mesmo propósito se iniciou en 1997 en colaboración cos servicios sociais municipais, pois interesa coñecer a súa relación cos recursos que estes ofrecen, tales como o servicio de axuda no fogar, teleasistencia domiciliaria, centros de día, etc.

* * *

* Premio " Concepción Arenal ".

O dito premio, relacionado con temas de interese social, instituiuse por primeira vez en 1998, dentro do conxunto de premios que desenvolve a área de Cultura, Deportes e Benestar Social desta deputación.

* * *

 

Co ánimo de continuar promovendo, tanto o estudo como a investigación e posta en práctica de experiencias, solucións e alternativas relativas ao benestar social; e asumindo o labor das precursoras do feminismo en Galicia a Deputación Provincial da Coruña convoca a terceira edición do premio “Concepción Arenal” para temas de interese social dirixido a premiar no ano 2005 aquelas iniciativas que teñan como finalidade a defensa dos dereitos da muller ...

Bases