Deputación da Coruña Deputación da Coruña
Unha deputación ó servicio da provincia 24 horas ó servicio da provincia A Coruña por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradicións e honrar ós nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coruña
Últimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Suxestións
Galego / Castellano

IX. Formación
Entendemos a formación como apoio técnico (pode consultarse ao respecto a comunicación "Necesidad de formación de los trabajadores sociales. La formación como apoyo técnico" de Isabel Grandal Nores na publicación das VI Xornadas de Servizos Sociais no Medio Rural. Lugo 1995 ) e, por iso, organizamos diversos cursos de formación e xornadas de seguimento, divulgación, debate, etc. A última preocupación formativa ten como obxectivo a mellora da prestación básica de información /orientación, como proceso da intervención social (interrelación profesional-usuario) e o manexo dos soportes documentais necesarios para almacenar e utilizar aqueles datos que permitan o seguimento e análise da intervención en atención primaria.
    Cursos sobre traballo social con familias

    En 1999 e dentro do Plan de formación integrada que leva a cabo a Sección de Atención a Municipios desta deputación, esta sección, pois, propuxo e colaborou na organización, celebración e seguimento de dous cursos sobre "Traballo social con familias", cunha metodoloxía teórico-práctica que pretende mellorar o funcionamento dos programas municipais de educación familiar. Este tipo de formación responde a unha demanda dos profesionais dos servizos sociais e tivo moi boa acollida, participando traballadores sociais e educadores familiares, en representación de 48 concellos da provincia.

    Os cursos, nas súas diferentes edicións, realizáronse en instalacións da deputación, situadas na Coruña e Bergondo (Pazo de Mariñán), e nas instalacións municipais dos concellos de Ames e Vimianzo.

    Continuando a formación sobre Traballo Social con Familias, que se iniciou no exercicio 1999, e como complemento, leváronse a cabo durante o ano 2000, 36 seminarios de seguimento, no que participaron seis grupos de traballo, para estudo de casos prácticos, abranguendo cada un deles seis sesións de traballo, cunha periodicidade mensual e que tiveron lugar en diferentes zonas da provincia.

    Sistema de Información de Usuarios dos Servizos Sociais (SIUSS)

Desde outubro de 1998, e seguindo o convenio coa daquela Dirección Xeral de Servizos Sociais, desenvolvéronse seis cursos sobre o SIUSS. Os cursos levan o seguimento e apoio técnico por persoal desta sección e o Servizo de Asistencia a Municipios da deputación. Leváronse a cabo tamén catro xornadas de seguimento en distintos puntos da provincia. A dotación de equipos informáticos aos concellos solucionouse a través do concurso anual de subvencións, na modalidade de investimento.

Hai xa varios anos que se vén dando apoio neste sentido, e antes dos cursos do SIUSS xa se deron outros de carácter informático sobre programas básicos de tratamento de texto e bases de datos, tanto dirixidos aos traballadores sociais como aos auxiliares dos seus departamentos.

A implantación na provincia do SIUSS ten actualmente unha cobertura do 100%.

( Ver o mapa)

O envorcado periódico de datos do SIUSS polos concellos e a súa explotación estatística permite coñecer o perfil de usuarios dos servizos sociais na provincia, as súas demandas e os recursos que se lles aplican, así como se estes son ou non os máis idóneos. Todo isto recóllese en memorias, tanto en cada concello, como na deputación e na comunidade autónoma, cun coñecemento por parte dos responsables das distintas administracións implicadas que lles permitirá decatarse das necesidades sociais do seu ámbito territorial e de competencias, así como trazar as conseguintes políticas sociais coas que responder a aquelas.

A formación realizouse nas instalacións da deputación, situadas na Coruña e Bergondo (Pazo de Mariñan), e instalacións municipais cedidas polos concellos de Ames e Vimianzo.  
 

Actividades formativas no 2003 (Previsións)

A formación enmárcase no Plan de formación agrupado que, con cargo ao financiamento do INAP, organiza a Sección de Asistencia a Municipios desta deputación, que lle enviará no seu momento a información oportuna aos concellos.

Continuarase, non obstante, o plan iniciado en outubro de 2002, para implantar en toda a provincia, a última versión do SIUSS (iniciada no 2002), que amplía a anterior coa inclusión do módulo de Axuda a Domicilio, á vez que establece certas melloras como a posibilidade de traballar en rede dentro do ámbito municipal, diversificar a tipoloxía de usuarios, ampliar as posibilidades estatísticas, etc.