Deputación da Coruña Deputación da Coruña
Unha deputación ó servicio da provincia 24 horas ó servicio da provincia A Coruña por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradicións e honrar ós nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coruña
Últimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Suxestións
Galego / Castellano

 

VIII. Voluntariado social

Os temas de voluntariado non son novos nos servicios sociais da deputación. Como antecedentes remitímonos á década dos 90, en que con motivo dun Proxecto de axuda a desprazados da ex-Iugoslavia iniciado pola deputación en 1992, contactouse e coordinou a acción da administración provincial coa acción solidaria de varias ONG,s de ámbito estatal e da Coruña, concretamente nesta cidade co Voluntariado Social Fonseca e coa Asociación Galega de Axuda a Bosnia, a través das que se canalizaron as intervencións voluntarias co propósito de evitar accións individuais ailladas, integrándoas no seo de proxectos máis globais de integración social. (Experiencia recollida nunha publicación da que a referencia pode ser facilitada ás persoas interesadas nela)

As ONG,s e os servicios sociais municipais que realizan programas e proxectos de voluntariado social, encontran no concurso anual de subvencións da deputación apoio financeiro para as súas accións.

Actualmente, independentemente das subvencións, existe un Convenio de colaboración coa FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA, co propósito  do fomento e a promoción do Voluntariado no ámbito europeo.

Co programa obxeto deste convenio, denominado SVE (Servizo de Voluntariado Europeo), preténdese o desenvolvemento dos Proxectos e servizos do Voluntariado nos Países Europeos para xóvenes entre 18 e 25 anos, dos concellos de menos de 50.000 habitantes da Provincia de A Coruña, coa finalidade de fomentar experiencias de solidaridade no marco da interculturalidade.
Para este Convenio existe unha Comisión Técnica Mixta, con representantes da Deputación e da Fundación Paideia Galiza.
A Deputación cofinancia o 50 % do proxecto.

Para máis información dirixirse a:
"Fundación Paideia Galiza. Plza. María Pita, 17.15001. A Coruña - e.mail : paideia@paideia.es - web : www.paideia.es