Deputación da Coruña Deputación da Coruña
Unha deputación ó servicio da provincia 24 horas ó servicio da provincia A Coruña por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradicións e honrar ós nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coruña
Últimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Suxestións
Galego / Castellano

IV. Discapacitados
  • Aboamento de estadías en distintas residencias, centros ocupacionais e similares, a discapacitados psíquicos e outros (autistas, paralíticos cerebrais, etc.), procedentes dos distintos concellos da provincia.

É un programa en extinción, derivado de anteriores competencias da deputación, pero que aínda comporta un significativo orzamento.

 

  • Eliminación de barreiras. O Servizo de Arquitetura da deputación, e en convenio coa Universidade da Coruña, desenvolveu, para aqueles concellos da provincia interesados no tema, unha serie de estudos e informes técnicos sobre a accesibilidade necesaria nas infraestruturas e equipamientos municipais para que, actualmente e no futuro, poidan ir abordando a execución das obras e adaptacións precisas, en cumprimiento da normativa vixente sobre accesibilidade e eliminación de barreiras.

 

  • Cesión de intalacións. A deputación asinou un convenio de colaboración co Grupo de Minusválidos da Coruña, para a cesión de uso dun local nun dos equipamentos da deputación (o antigo colexio "La Milagrosa") para a desenvolver, con carácter temporal, unha Escola-Taller de Xoiaría.