![]() |
|||||||
|
| |||||||
|
|
Galego / Castellano |
Fogar Infantil Emilio Romay
Fogar Infantil de Ferrol
Fogar Infantil Emilio Romay
O Fogar Infantil Emilio Romay é un centro de acollida á infancia que se enmarca na política social da Deputación da Coruña, como un dos programas na área de “familia e infancia”. No marco normativo da comunidade autónoma desenvolve en convenio con esta, un programa de atención á infancia, na tipoloxía de “centro de fogares”.
Asentamento xeográfico
O Fogar Infantil Emilio Romay encóntrase situado na rúa Joaquín Planells da cidade da Coruña, preto das estacións de autobuses e tren, así como da vía principal de entrada na cidade. No seu contorno existen equipamentos educativos, de ocio, tempo libre e de entretemento, nun enclave físico que está a desenvolverse cunha serie de actuacions urbanisticas de mellora do contorno.
Persoas destinatarias
Como centro de atención á infancia, o FIER é un programa destinado a atención de menores de 0-6 anos de ambos sexos en situación de risco ou desamparo. Nenos e nenas que, procedentes de medios familiares en dificultade social precisen de acollida residencial temporal, e apoio as familias de orixe, ou preparación para a integración noutra familia, co apoio e acompañamento dun equipo profesional.
É a Consellería con competencias da Xunta, a que mediante resolución administrativa, solicita o ingreso dun menor no centro, na que acorda tamén a medida legal –garda ou tutela-, e a modalidade de estadía – internado ou atención de día.
Capacidade
O centro ten capacidade para 40 estadías de internado e 10 de atención de día nas seguintes condicións:
Fogares de internado:
-1 Fogar de primeira infancia de 0 – 15 meses con capacidade para 10 nenas/os.
-3 Fogares para nenas/os de 15 meses a 6 anos con capacidade para 10 menores cada un.
Fogar de atención de día:
-1 Fogar con capacidade para 10 nenas/os de 0 a 6 anos.
Principios do Proxecto educativo do centro
A filosofía que inspira a intervención no centro, susténtase na Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno do 20 de novembro de 1989, no respecto a lexislación internacional, estatal e autonómica en relación a infancia e protección ás familias, e tomando en conta os estándares que os profesionais teñen consensuado en relación ás condicións do acollemento residencial.
O equipo do centro asume os principios rectores da intervención, perseguindo a calidade do servizo, desde unha posición ética e comprometida cos usuarios. O conxunto de contidos e valores que distinguen o estilo do centro, e para os profesionais un código ético que enmarca a intervención, e que asumen como referencia para todo o desenvolvemento metodolóxico dos programas que integran o PEI.
Obxectivos.-
O centro desenvolve un Proxecto educativo de carácter psico-social, nun ambiente educativo e terapéutico, que cun conxunto de tarefas e actividades que se complementan entre si, dan un sentido integral á intervención cos nenos/as. O obxectivo da intervención do centro, e a acollida de cada neno coas súas condicións persoais e familiares, nun ambiente cálido, afectivo e profesional, no que poder axudar a restaurar as condicións físicas, psicolóxicas, familiares e sociais, apoiando as familias de orixe ou a aquela na que se ha de integrar o neno/a.
O desenvolvemento práctico do proxecto concrétase nas diferentes áreas que abarca a intervención, e que constitúen as áreas de traballo dos PEI. As áreas da intervención, con contidos pertencentes a programas concretos , permiten a concreción de obxectivos operativos que han de integrar os PEI.
As áreas de Intervención son as seguintes:
1º.- Área de Autonomía e Saúde
2º.- Área de Personalidade e Actitudes
3º.- Área Social e de Convivencia
4º.- Área Escolar
5º.- Área de Ocio e Tempo de Lecer
6º.- Área Familiar
Estas áreas, que configuran a estrutura dos PEI, contan con intervencións dos programas transversais que se desenvolven no centro:
-Recepción.
-Programa médico-pediátrico.
-Educativo e convivencial.
-Mantemento de contactos familiares.
-Valoración e tratamento psicosocial.
-Preparación para a adopción e o acollemento familiar.
Programas operativos:
-Seguimento psico-social e coordinación externa.
-Formación interna.
![]()
![]()
Seguimento e avaliación dos PEI: Temporalización e instrumentos.
O proxecto educativo individual é o documento básico no que se plasma a intervención individual con cada neno/a. Os titores teñen a tarefa de elaborar este documento dentro do seguinte mes do ingreso do neno/a. Documento que se envía aos Equipos de Menores.
O seguimento interno de PEI é semanal. Realízase na Comisión Educativa.
Os informes educativos de seguimento realízanse trimestralmente, remítense á Fiscalía de menores e á Delegación de Vicepresidencia.
O seguimento psico-social e a coordinación externa cos Equipos de Menores, formalízase mediante a celebración de reunións de traballo cos distintos Equipos cunha frecuencia trimestral.
Para menores entre 0 e 12 anos, en réxime de " fogar de día ".
Existe un convenio co Concello de Ferrol para a atención dos menores que estes determinan.
![]()
Acceso: A través dos servizos sociais municipais do Concello de Ferrol.