![]() |
|||||||
|
| |||||||
|
|
Galego / Castellano |
V. DrogodependentesA Deputación da Coruña na súa competencia de darlles apoio aos servizos sociais especializados e de ámbito supramunicipal, dependentes da iniciativa privada sen ánimo de lucro (artigo 22.6 da Lei autonómica de servizos sociais), así como colaborar co esforzo institucional da administración para levar adiante o Plan de Galicia sobre drogas, achégalles financiamento a asociacións de loita contra a droga, situadas na provincia, para axudarlle ao desenvolvemento dos recursos e equipamentos necesarios, destinados a tratar e atención educativa- terapéutica e de reinserción sociolaboral de toxicómanos. Con este propósito mantén convenios coas seguintes entidades :
-Asociación cidadá de loita contra a droga da Coruña (ACLAD)
Para as obras dunha unidade asistencial- ASFEDRO ( Comarca de Ferrol-Eume e Ortegal )
Para mellorar e adaptar as instalacións destinadas á Comunidade Terapéutica na Granxa de Rehabilitación do Confurco en Doniños (Ferrol)- Fundación Monte do Gozo- Proxecto Home
Para a adaptación dun Centro de Rehabilitación no Val do Dubra.