![]() |
|||||||
|
| |||||||
|
|
Galego / Castellano |
I. Convenios
- Cos concellosMediante convenios de renovación anual cos concellos máis desfavorecidos da provincia, de menor capacidade económica e de xestión, a deputación trata de contribuír cos gastos de persoal dos Servizos Sociais de Atención Primaria, concretamente para o desenvolvemento das prestacións básicas de información/ orientación e a de apoio á unidade de convivencia e axuda no fogar.
- Coa FEMP e o IMSERSO:Actualmente mantéñense convenios deste tipo con 70 concellos, o que equivale ao 82.35 % dos concellos da provincia con poboación inferior aos 20.000 habitantes, que son aos que se destinan estes convenios.
Existe tamén un convenio co concello de Ferrol para a atención de menores.
Cos concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol e Culleredo hai convenios para o mantemento de prazas en casas de acollida para mulleres vítimas de malos tratos, procedentes de concellos da provincia que non dispoñen deste recurso.
Convenio de colaboración co Instituto de Migracións e Servicios Sociais (IMSERSO) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para a implantación e desenvolvemento na provincia da Coruña dun programa de teleasistencia domiciliaria, como complemento da prestación básica de apoio á unidade de convivencia e axuda no fogar, e que ten que tramitarse a través dos Servizos Sociais municipais. Esta colaboración refórzase con outro convenio paralelo entre a deputación e a Consellería de Sanidade e Servizos Sociais da Xunta de Galicia, en relación coa achega económica necesaria para financiar o programa. A estes convenios, asinados pola deputación co IMSERSO, a FEMP e a Xunta de Galicia, poden adherirse todos os concellos da provincia que o desexen, con poboación menor de 50.000 habitantes, que son aos que se destina o programa provincial.
- Coa Xunta de GaliciaO programa iniciou a súa implantación e desenvolvemento no segundo semestre de 1999. O 31 de decembro de 2004 estaban adheridos 85 concellos, o que representa o 93,44% de cobertura na provincia, en relación co total dos 91 que teñen menos de 50.000 habitantes.
Actualmente mantense un Convenio de colaboración coa Consellería de Asuntos Sociais para instalación, desenvolvemento e seguimento da aplicación informática do Sistema de información de usuarios dos servizos sociais (SIUSS) na provincia, atendendo aos concellos de menos de 20.000 habitantes. O convenio implica tamén a asunción por parte da deputación da formación e capacitación dos profesionais de Servizos Sociais de Atención Primaria no manexo da aplicación. Tamén coa Consellería de Asuntos Sociais para o desenvolvemento da teleasistencia domiciliaria. Outro convenio coa Consellería de Familia para a atención de menores no Fogar Infantil "Emilio Romay" na Coruña.