Normalización Lingüística

    ACTIVIDADES DOS CONCELLOS DA PROVINCIA EN MATERIA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DURANTE 2010

    Este é un espazo reservado para os Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da provincia, tanto se teñen blog ou páxina web propia como se non a teñen, sempre e cando queiran compartir as súas actividades cos demais. Todos/as aprenderemos xuntos/as.  Serve, ademais, de canle de difusión das accións levadas a cabo nas distintas adminstracións, empresas...

    Envíenos a información ao seguinte enderezo de correo electrónico, colgarémola o máis axiña posible: normalizacion.linguistica@dicoruna.es

     

     - Do 4 de maio ao 3 de xuño Programa das Letras no Concello de Carballo

    - O Departamento de Lingua do Concello de Santiago organiza unha chea de actividades con motivo do Maio das Letras

    - O Servizo de Normalización do Concello de Oroso organiza un concurso de relatos breves con motivo das Letras Galegas 2010. Bases

    - O Servizo de Normalización do Concello de Narón convoca un concurso de redacción que se vai desenvolver con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

    Trátase dun concurso de redaccións nas que se debe reflectir a importancia da celebración do Día das Letras Galegas e a importancia da figura de Uxío Novoneyra para a cultura galega. Estas redaccións deben estar escritas en lingua galega. Para máis información sobre esta actividade normalizadora podedes consultar as bases que se atopan no enderezo electrónico: www.naron.es

     - O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas organiza unhas Xornadas sobre a historia de Galicia

    - Campaña Namórate da lingua! do Concello de Santiago de Compostela

      - O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña presenta a campaña A nosa compra en galego

    - Xornadas sobre a represión lingüística en Ames

    - Blog do SNL do Concello de Cerceda