Normalización Lingüística

DINAMIZACIÓN

 

- Convenio co SNL da UdC para:

Organizar o VI e VII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, Traballando en Lingua.

Editar as actas das VII Xornadas Lingua e Usos.

Dinamizar as comisións de normalización universitarias con distintas accións normalizadoras.

 

- Convenio co SNL da USC para:

Editar o Léxico Básico de termos do ámbito do Dereito.

Campaña de extensión do uso da lingua galega na Facultade de Dereito. Témoslle LEI

 

 

- Convenio coa MNL para  realizar o Correlingua 2011 e a campaña "Por un consumo responsable co galego"
- Convenio coa Fundación Eduardo Pondal para levar a cabo distintas actividades de dinamización lingüística durante 2011
- IV Festa da Lingua o 7 de maio, sábado, ás 21 h, no pazo da Cultura de Carballo.

Colaboran: concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e  Zas.

PROGRAMA

FOTOS

 

 


Campaña de animación á lectura en colaboración con OQO Editora en centros de educación primaria (1º e 2º ciclo) dos concellos da Coruña, Ferrol, Culleredo e Arteixo. Participarán arredor de 600 nenos e nenas.

Obxectivos: sensibilizar e fortalecer as competencia lingüísticas (lectora, escritora e oralidade) en galego.

Esta campaña combina literatura (E que podo facer eu?), música (A nena e o grilo de Magín Blanco), audiovisual e novas tecnoloxías.

 


- Exposición itinerante gráfica e audiovisual  “A lingua galega, historia e dereitos lingüísticos”.

Nos concellos de:  Outes, Porto do Son, Rianxo, Oleiros, Cee, Melide, Muros e Oroso.

12 paneis cos seguintes contidos: A humanidade e a creación das súas identidades, A diversidade cultural e lingüística, Dende a Gallaecia á Galicia medieval, O esplendor da lingua galega, A decadencia nos Séculos Escuros, O Rexurdimento, O galeguismo na loita pola democracia e os dereitos lingüístico, A ditadura e a falta de dereitos: a represión lingüística, O maltrato ás persoas e o desprezo da súa lingua, A democracia e a normalización lingüística, Os dereitos lingüísticos, O galego na administración, O galego no ensino e na sociedade.

21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna.

En 1999, a UNESCO declarou o 21 de febreiro Día Internacional da Lingua Materna co obxectivo de promover o multilingüismo e a diversidade cultural.

As linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento do noso patrimonio cultural tanxible e intanxible. Toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá non só para incentivar a diversidade lingüística e a educación multilingüe, senón tamén para crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e inspirar á solidariedade baseada no entendemento, a tolerancia e o diálogo.

- II PREMIO ROSALÍA DE CASTRO A INICIATIVAS NORMALIZADORAS. Un galardón que se convoca cos obxectivos de recoñecer o labor ou traxectoria dunha persoa, colectivo, asociación ou entidade de ámbito galego en xeral e na provincia da Coruña en particular, que destaque pola súa traxectoria na promoción e dignificación da lingua galega ou que saliente por actividades que impliquen o espallamento do galego no ano en curso.

Bases

Non ten dotación económica. O galardón consistirá nun recoñecemento honorífico acreditativo desta distinción.

Remata o prazo de presentación de candidaturas o 31 de marzo.

XURADO

GAÑADORA: A Mesa pola Normalización Lingüística

A entrega do premio terá lugar no transcurso da Festa da Lingua, que neste 2011 chega á súa cuarta edición e que terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo o sábado 7 de maio.

Rosalia

- Produción e emisión de 12 capítulos sobre a toponimia e a microtoponimia referida ás comarcas da provincia da Coruña (Ferrolterra-Eume-Ortegal; A Coruña-As Mariñas; A Montaña, Santiago-Sar, Barbanza-Muros-Noia e Bergantiños-Costa da Morte) para emitilos a través do  portal de televisión por internet de vídeo baixo demada: Linguagalega.tv.

Tamén  abordan aspectos de arqueoloxía da provincia co fin de contribuír á divulgación e promoción da lingua, cultura e historia de Galicia.

 

 

- UN VERÁN DE LECER. Catálogo con recomendacións de lectura por idades, de banda deseñada, de música e de xogos para o verán. Recomendacións culturais elaboradas conxuntamente cos SNL das comarcas de Bergantiños e da Terra de Soneira

 

AXUDAS

Continúa  en vigor o convenio cos concellos da provincia da Coruña que solcitaron a subvención para este plan plurianual.

- Bases reguladoras, convenio e solicitude do programa de cooperación cos concellos da provincia para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística, anualidades 2009-2011

ou no Boletín Oficial da Provincia núm. 223, do 26 de setembro de 2008.

Nova publicación das bases, modificadas, no Boletín Oficial da Provincia núm. 260, do 11 de novembro de 2008

Os concellos que asinaron o convenio: ABEGONDO, AMES, ARANGA, ARZÚA, A BAÑA, BETANZOS, BOIMORTO, BOIRO, CABANA DE BERGANTIÑOS, CARBALLO, CARIÑO, CARNOTA, CARRAL, CEE, CERCEDA, CULLEREDO,  DODRO,  DUMBRÍA, FISTERRA,  MALPICA, MELIDE, MESIA, MIÑO, MONFERO,  MUROS,  NARON, OLEIROS, OROSO, OUTES, PONTECESO, RIBEIRA, ROIS,  SANTA COMBA,  SANTISO, TEO, VAL DO DUBRA , VILASANTAR e ZAS.