- Exposición gráfica e audiovisual "Crónicas da represión lingüística en Galicia" levada aos seguintes concellos da provincia: Arteixo, Cariño, Muros, Culleredo, Vilasantar, Carballo, Val do Dubra, Malpica, Boiro, Dodro, Ames, Zas e Teo.
- Edición, xunto coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega, do CD Cancións para Antía. Actuación na Bebeteca provincial, o 3 de outubro, ás 11.30.
- Convenio co Concello da Coruña para levar a cabo a campaña "O galego medra contigo"
- "II Festa da Lingua" no T. Rosalía de Castro o 26 de maio ás 20:30 h. Coas actuacións de Xosé Touriñán e Malvela. Presenta: Isabel Risco.
Isabel Risco presentando
Momento da actuación de Xosé Touriñán
Malvela en acción
- Xunto coa CTNL, a organización do "III Encontro político técnico de normalización lingüística desde as administracións locais da Coruña". 21 de outubro. Pazo de Mariñán. Programa
- Convenio coa Mesa pola Normalización Lingüística para a celebración do "Correlingua 2009" e a campaña "Tes dereitos lingüísticos, exérceos!"