Deputación da Coruña Deputación da Coruña
Unha deputación ó servicio da provincia 24 horas ó servicio da provincia A Coruña por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradicións e honrar ós nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coruña
Últimas Noticias Directorio de Direcciones de Correo Búsqueda Sugerencias

Normalización Lingüística

2008

 

DINAMIZACIÓN

- Campaña sobre "As linguas no sistema educativo. O novo decreto 124/2007" xunto coas Universidades da Coruña e Santiago e Concello da Coruña e Ferrol.

 
- Convenio co SNL da Universidade da Coruña 2008 para o IV Curso de verán sobre dinamización lingüística, edición das actas das V Xornadas sobre Lingua e Usos e contratación temporal dunha persoa para traballar no servizo.  
- Campaña co Concello da Coruña e a Asociación de Hostaleiros "Sabor a galego!"  

- "Festa da Lingua" no T. Rosalía de Castro o 15 de maio ás 20:30 h. Coas actuacións das Cantareiras de Ardebullo (Os 2 de sempre) e Xabier Díaz Sexteto. Presenta: Xurxo Souto.

 

Aínda se botaron unhas risas cos 2 de sempre.  

os dous de sempre

A mellor voz masculina do panorama musical galego, Xabier Díaz.  
- Xunto coa CTNL co-organizouse o "II Encontro político técnico de normalización lingüística desde as administracións locais da Coruña". O 22 de outubro no pazo de Mariñán. Programa. Conclusións  
     

 

- Convenio coa Asociación Cultural Monte Branco do Couto para organizar o Festiletras 2008, tiveron cabida diversas actuacións teatrais, de música tradicional, de danza... ademais de actividades de dinamización nas aulas co CD interactivo "Gundar e o cabalo de oito patas" de Xelucho Abella

 

 

 

 

- Xunto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e máis o SNL da Universidade da Coruña organizamos para o 25 de novembro unha lectura pública de textos que fagan efectivo o compromiso cos principios de denuncia e erradicación de toda clase de violencia. Díptico  

AXUDAS

- Bases reguladoras, convenio e solicitude do programa de cooperación cos concellos da provincia para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística, anualidades 2009-2011

ou no Boletín Oficial da Provincia núm. 223, do 26 de setembro de 2008.

Nova publicación das bases, modificadas, no Boletín Oficial da Provincia núm. 260, do 11 de novembro de 2008

 

 

 

FORMACIÓN

Durante o ano 2008 ( e xaneiro de 2009) leváronse a cabo as seguintes actividades formativas, abertas ao persoal da Deputación e dos Concellos.

Linguaxe administrativa. Nivel medio

5 edicións, 2 delas na Coruña, Narón, Noia e Cee

Linguaxe administrativa. Nivel superior

6 edicións, 5 delas na Coruña e 1 en Santiago

Ferramentas informáticas para a optimización da redacción en galego

7 edicións, 3 delas na Coruña, 2 en Narón, Vimianzo e Boiro

Número de persoas que os solicitaron: 637. En total asistiron 385 persoas

O profesorado procedeu da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Reverso-Servizos Lingüísticos