|
|
2007
AXUDAS
|
Convenio para o financiamento de 52 SNL dos concellos da provincia (mantemento ou nova creación): Vilasantar, Santiso, Boimorto, Frades, San Sadurniño, Dumbría, Boqueixón, Tordoia, Cariño, Vedra, Cabana de Bergantiños, Mazaricos, Cerceda, Oroso, Arzúa, Ponteceso, Ortigueira, Cee,Outes, A Laracha, Ordes, Oleiros, As Pontes de García Rodríguez, Abegondo, Ames, Arteixo, Betanzos, Boiro, Carballo, Carnota, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Miño, Muros, Muxía, Pontedeume, Santiago, Teo, Val do Dubra, Ribeira, Vimianzo, Aranga, Carral, Coirós, Fisterra, Irixoa, Malpica de Bergantiños, Monfero, Santa Comba e Toques.
|

|
DINAMIZACIÓN
Coa Universidade da Coruña, tamén mediante convenio, para celebrar distintas actividades como as Xornadas de Lingua e Usos e o Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística: Traballando en Lingua.
Co Concello de Santiago de Compostela a elaboración da campaña de dinamización lingüística "Teño unha lingua, e non é de trapo", e a elaboración do libro de estilo do Concello de Santiago. 
Existen intercambios de información, material e experiencias con servizos lingüísticos do país. Mantéñense igualmente contactos regulares coa Mesa pola Normalización Lingüística, coa Coordinadora de Traballadores e Traballadoras pola Normalización Lingüística etc.
FORMACIÓN
Durante 2007 a UTNL recomendoulle á Sección de Formación a organización dos seguintes cursos, abertos ao persoal da Deputación e dos Concellos:
Lingua galega oral
2 edicións, 20 horas e 15 prazas // Arteixo e Santiago
Obradoiro de lexislación lingüística
1 edición 8 horas 20 prazas //A Coruña
Ferramentas informáticas para a optimización da redacción
7 edicións, de 16 horas e 12 prazas/edición // Pontedeume (2), A Coruña (3), Santiago (2)
Redacción e tipoloxía de documentos administrativos
3 edicións de 21 horas e 20 prazas //Arteixo (2) e Melide
Asistiron en total 437 persoas.
O profesorado procedeu de Tagen Ata-Lingua e Comunicación e Reverso-Servizos Lingüísticos.
DINAMIZACIÓN
|
Xunto coa CTNL co-organizouse o "I Encontro político-técnico de normalización lingüística desde a administración local", o 28 de novembro no Pazo de Mariñán. Participaron setenta persoas entre políticos e técnicos. Púxose en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística. Programa páxina 1, programa páxina 2
Conclusións
|

|
Xunto co Concello da Coruña a "Escola de Nadal", un espazo lúdico-educativo que ofertou actividades de calidade, para aprender durante as vacacións do Nadal. Actividades diversas nas que se traballaron diferentes campos da pedagoxía, o deporte, a arte, a lingua, a identidade e diversidade, a informática e a creación e participación, sen esquecer a promoción e uso do galego como eixo de unión. Os destinatarios e destinatarias foron nenos e nenas escolarizados en educación infantil e primaria, de idades entre 9 e 12 anos.
Contratación dun CD-ROM e páxina web de ferramentas lingüísticas, cuxos obxectivos son: ligar o galego ás novas tecnoloxías e utilizar estas como espazo de normalización, fomentar o emprego do software libre, amosar as ferramentas para configurar os equipos en galego, facilitar o emprego do galego nos documentos empregados na Administración local, estender o uso de correctores da lingua galega, dar a coñecer as ferramentas lingüísticas e sociolingüísticas que se poden atopar na rede, amosar páxinas de interese que fomenten a cultura e lingua galega.
|
|