- Exposición gráfica e audiovisual Crónicas da represión lingüística en Galicia desde 1936 nos concellos de Arzúa, Melide e Fisterra, na segunda quincena de maio.
Esta obra expositiva pretende recuperar as vivencias das persoas que viviron os tráxicos sucesos do levantamento fascista e reflexionar sobre as consecuencias que tiveron para elas e o conxunto da nosa sociedade a represión implementada no noso país, onde a nosa lingua foi, tamén, un obxectivo dese accionar represivo.
- Edición, xunto con Acuarela Comunicación SLL, do libro A lingua galega, historia e dereitos lingüísticos e un xogo da oca. Complemento didáctico moi deivertido para o profesorado e alumnado do segundo ciclo de primaria e primeiro ciclo de secundaria
- Convenio co SNL da UdC para:
Organizar o VI e VII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, Traballando en Lingua
Editar as actas das VII Xornadas Lingua e Usos
Dinamizar as comisións de normalización universitarias con distintas accións normalizadoras
- III Festa da Lingua o 28 de maio, no Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns (Concello de Ames).
Colaboran: Concello de Ames, Concello de Dodro, Concello de Oroso, Concello de Rois, Concello de Santiago, Concello de Teo.Actuarán:
- Exposición de Historia de Galicia de ANT nos concellos de Teo, Zas, Boiro, Melide, A Coruña e Ferrol. Do 15 de marzo ao 15 de xuño.
Obxectivos: darlles acoñecer aos rapaces de primaria e primeiro ciclo de secundaria a nosa historia, contada con rigor pero de forma divertida, para que os nenos a comprendan mellor.
- "IV Encontro político técnico de normalización lingüística desde as administracións locais da Coruña" , o 20 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo.
I PREMIO ROSALÍA DE CASTRO A INICIATIVAS NORMALIZADORAS. Bases e modelo de presentación de candidaturas, remata o prazo o 4 de maio. Entrega do premio o 28 de maio. Gañador: BLOGALIZA.ORG
AXUDAS
Continúa en vigor o convenio cos concellos da provincia da Coruña que solcitaron a subvención para este plan plurianual.
Os concellos que asinaron o convenio: ABEGONDO, AMES, ARANGA, ARZÚA, A BAÑA, BETANZOS,BOIMORTO, BOIRO, CABANA DE BERGANTIÑOS, CARBALLO, CARIÑO, CARNOTA, CARRAL, CEE, CERCEDA, CULLEREDO, CURTIS, DODRO, DUMBRÍA, FENE , FISTERRA, LOUSAME , MALPICA, MELIDE, MESIA, MIÑO, MONFERO, MUGARDOS, MUROS, NARON, OLEIROS, OROSO, ORTIGUEIRA, OUTES, PONTECESO, RIBEIRA, ROIS, SAN SADURNIÑO, SANTA COMBA, SANTISO, TEO, VAL DO DUBRA , VALDOVIÑO, VILASANTAR e ZAS.
FORMACIÓN
A) A Deputación da Coruña, en colaboración coa Mesa, puxo en marcha a campaña Tes dereitos lingüísticos. Exérceos, co obxectivo de potenciar o uso do galego na administración, así como desmontar tópicos en relación cos dereitos lingüísticos. A campaña inclúe materiais informativos e accións formativas
A Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística está a desenvolver a campaña Tes dereitos lingüísticos. Exérceos.
No marco desta iniciativa fóronlles distribuídos a todos os concellos da provincia da Coruña diversos materiais informativos, co obxectivo de potenciar o uso da lingua galega na administración, así como desmontar tópicos en relación cos dereitos lingüísticos de traballadoras e traballadores da administración e cidadás e cidadáns.
Ademais, a campaña inclúe diversas conferencias e diversas accións formativas que os concellos teñen a posibilidade de organizar, tanto dirixidas aos/ás traballadores/as da administración como ao público xeral.
As conferencias e accións formativas que polo momento se inclúen na campaña son as seguintes:
A BAÑA
-Curso sobre os dereitos lingüísticos das/os administradas/os e das/os traballadoras/es da administración: 13-16 setembro
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: 27-30 setembro
ARES
-Conferencia sobre o galego e o comercio: 11 de maio
ARTEIXO
-Curso sobre os dereitos lingüísticos das/os administradas/os e das/os traballadoras/es da administración: 12-15 abril
-Conferencia sobre o galego e o comercio: 14 abril
BOIRO
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: do 19 ao 22 de abril
-Conferencia sobre os dereitos lingüísticos: 22 de abril
MUROS
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: 27 e 29 de abril e 4 e 6 de maio
-Conferencia sobre o galego e o comercio: por confirmar data
NARÓN (por confirmar)
-Curso de estratexias para a atención ao público en galego: 24-27 de maio
-Curso sobre os dereitos lingüísticos das/os administradas/os e das/os traballadoras/es da administración: 31 maio-3xuño
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: 7-10 xuño
-Conferencia sobre os dereitos lingüísticos: 28 abril
PADRÓN
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: 19, 20, 21 e 26 de maio