COMPOSICIÓN
E DATOS DE INTERESE - Deputados:
785 (2004-2009)
| Alemaña:
99 | Bulgaria: 18 | | Francia,
Italia, Reino Unido: 78 | Dinamarca, Eslovaquia,
Finlandia: 14 | | España,
Polonia: 54 | Irlanda, Lituania: 13 |
| Rumanía: 35 | Letonia:
9 | | Países Baixos: 27 | Eslovenia:
7 | | Bélxica, Grecia, Hungría,
Portugal, República Checa: 24 | Chipre, Estonia,
Luxemburgo: 6 | | Suecia: 19 | Malta:
5 | | Austria: 18 | |
- Lugares de reunión: Estrasburgo para as sesións
plenarias, Bruxelas para as reunións das Comisións parlamentarias
e sesións extraordinarias. A Secretaría Xeral ten a súa sede
en Luxemburgo.
- Dirección: Secretaría Xeral do Parlamento
Europeo, L-2929 Luxemburgo
- Teléfono: (352) 43001
ANTECEDENTES O
Parlamento Europeo é a institución que representa aos pobos da Unión
Europea; desde 1979, elíxese por sufraxio directo. O seu precursor foi
a Asemblea Común da Comunidade do Carbón e do Aceiro. En todos
os Tratados constitutivos, as competencias do Parlamento Europeo limitábanse
nun principio a ser consultado polo Consello e a controlar á Comisión
Europea. Paso a paso, estas competencias ampliáronse considerablemente,
pero sen que ata a data se acadase un nivel de competencias similar ao dun parlamento
nacional.
CONCEPTO
O Parlamento Europeo é
a asemblea dos representantes dos pobos dos Estados membros das Comunidades Europeas.
É a única institución internacional cuxos membros son elixidos
democraticamente por sufraxio universal. Os 785 parlamentarios exercen o control
democrático a nivel europeo. O Parlamento desempeña un papel fundamental
no proceso de elaboración, modificación e aprobación da lexislación
europea, e formula propostas políticas para a consolidación da Unión
Europea. Constitúese en defensor dos dereitos humanos e mantén relacións
con todos os Parlamentos elixidos democraticamente. No "marco institucional
único" da Unión, o Parlamento Europeo confire unha maior lexitimidade
democrática ás demais institucións. Participa na actividade
lexislativa e presupostaria, así como nas iniciativas da Unión nos
ámbitos da política exterior e de seguridade común (segundo
piar) e xustiza e asuntos de interior (terceiro piar).
FUNCIÓNS
As funcións principais
do Parlamento Europeo son as seguintes: - Estuda as propostas da Comisión
e participa xunto co Consello no procedemento lexislativo segundo distintas modalidades
(codecisión, cooperación, etc.). Poder lexislativo.
- Exerce unha potestade de control sobre as actividades da Unión mediante
a investidura da Comisión Europea (e a posibilidade de a censurar), así
como a través das preguntas escritas ou orais que poida dirixir á
Comisión e ao Consello. Control do executivo. - Comparte a
potestade presupostaria co Consello ao pronunciarse sobre o orzamento anual e
controlar a súa execución. Poder presupostario. Ademais
nomea un defensor do pobo que
está habilitado para recibir as queixas dos cidadáns da Unión
relativas a casos de mal funcionamento das institucións ou dos organismos
comunitarios. Por último, pode crear comisións temporais de investigación
cuxos poderes non se limitan á actividade das institucións comunitarias
senón que poden tamén chegar até a acción dos Estados
membros na aplicación das políticas comunitarias. Poder lexislativo
O proceso lexislativo organizado na súa orixe nos Tratados de Roma
prevé que a Comisión propón e o Consello decide, logo da
consulta ao Parlamento. Unha lei comunitaria pode ser declarada nula se non se
cumpre coa obriga de consultar ao Parlamento. Non obstante, a medida
que se foi ampliando e reforzando o papel do Parlamento no proceso lexislativo,
foise estendendo a súa influencia á elaboración e adopción
da lexislación comunitaria. Na actualidade, o Parlamento Europeo comparte
a facultade decisoria en igualdade co Consello nun importante número de
ámbitos. A partir de agora, tamén pode pedir á Comisión
que tome unha ou otra iniciativa que considera importante. O exame do programa
anual de traballo da Comisión permite así mesmo ao Parlamento facer
fincapé nas súas prioridades. As competencias lexislativas
do Parlamento Europeo exércense de maneira esquemática de conformidade
con catro procedementos lexislativos, en función do carácter da
proposta de que se trata. - Consulta simple: O Parlamento debe
emitir o seu ditame antes de que o Consello adopte unha proposta lexislativa da
Comisión. Este ditame ten como finalidade influír na decisión
do Consello. O procedemento de consulta simple aplícase, por exemplo, ao
establecemento dos prezos agrícolas.
- Procedemento
de cooperación: Se non se tivo en conta na posición común
do Consello o ditame que emitiu o Parlamento na súa primeira lectura, este
pode rexeitar a proposta na segunda lectura. Neste caso, o Consello unicamente
poderá prescindir da posición do Parlamento por unanimidade.
Tendo en conta de que a unanimidade é difícil de conseguir,
o Consello está a miúdo obrigado a buscar a concertación
co Parlamento para evitar o rexeitamento da proposta. O Tratado de Amsterdam
prevé a práctica desaparición deste procedemento, xa que
todas as materias que até daquela se rexían por el, pasan a ser
codecididas entre o Consello e o Parlamento Europeo, coa única excepción
dos supostos previstos polo TUE en relación coa Unión Económica
e Monetaria, que non foron obxecto de modificación ningunha polo Tratado
de Amsterdam. - Procedemento de codecisión: A través
do Tratado
de Amsterdam prodúcese unha simplificación e unha ampliación
significativa na utilización deste procedemento. Anteriormente esixíase
até tres lecturas do Consello no caso de desacordo entre este e o Parlamento
Europeo. Se, logo da segunda lectura dunha proposta de acto lexislativo, o Parlamento
e o Consello non chegaran a un acordo, o Consello podía confirmar a súa
posición común nunha terceira lectura. O texto quedaba entón
adoptado, excepto se o Parlamento o rexeitaba por maioría absoluta dos
seus membros. Dada a dificultade de obter unha maioría absoluta no Parlamento
Europeo, o Consello gozaba así dunha función preponderante no procedemento
lexislativo.
A posibilidade de recorrer a unha terceira lectura no
Consello foi suprimida. O procedemento abreviouse e, no caso de que non haxa conciliciación
entre ambas institucións, o texto proposto rexéitase. O Parlamento
recibe o recoñecemento de lexislador de pleno dereito xunto co Consello,
que debe chegar a un acordo se desexa que o texto se adopte.
-
Ditame conforme do Parlamento: resulta indispensable a partir de agora
para decidir sobre a adhesión de novos Estados membros, os acordos de asociación
con terceiros países, a celebración de acordos internacionais, o
procedemento electoral uniforme para o Parlamento Europeo, o dereito de residencia
dos cidadáns da Unión, a organización e obxectivos dos Fondos
estruturais e do Fondo de cohesión, así como as misións e
competencias do Banco Central Europeo.
Control do executivo
É o máis enérxico por permitir ao Parlamento Europeo: formar
comisións de enquisa e investigación; codesignar ao presidente da
Comisión e investir aos comisarios e mesmo presentar moción de censura
á Comisión, obrigándoa a demitir en bloque; formular preguntas
orais e escritas de obrigada resposta aos comisiarios e aos ministros; recibir
pedimentos dos cidadáns da Unión, así como de calquera persoa
física ou xurídica que resida ou teña o seu domicilio nun
Estado membro, un pedimento sobre un asunto propio dos ámbitos de actuación
da Comunidade que lle afecte directamente. Poder presupostario
A Comisión ten encomendado presentar un anteproxecto de presuposto ao Consello,
Institución que comparte co Parlamento Europeo a autoridade presupostaria.
A natureza dos gastos determina a distribución do poder entre ambas institucións
segundo se trate de gastos obrigatorios ou non obrigatorios. Non obstante, máis
alá da clasificación dos gastos e da división da autoridade
que se siga, convén lembrar que, en última instancia, é o
Parlamento Europeo o que aproba ou rexeita o orzamento na súa integridade.
ORGANIZACIÓN
O Parlamento Europeo organízase
mediante: o Presidente,
a Mesa, o Pleno e as Comisións. A organización funcional descansa
sobre os grupos parlamentarios. O Presidente e a Mesa son elixidos
entre os membros do Parlamento Europeo. O alemán Hans-Gert Pöttering
é o actual Presidente do Parlamento Europeo. Forman parte da Mesa os vicepresidentes
e os cuestores que, con voz pero sen voto, se ocupan das cuestións económicas-administrativas.
Da Mesa ampliada forman tamén parte os representantes dos grupos parlamentarios,
e é a que fixa a orde do día das sesións. O Pleno
reúnese en período ordinario de sesións, sen necesidade de
convocatoria previa, o segundo martes de marzo, e en período extraordinario
a pedimento da maioría dos seus membros, do Consello ou da Comisión.
As Comisións, constitúen a vía por onde discorre o traballo
do Parlamento, integrándose por parlamentarios dos diferentes grupos.
Os grupos parlamentarios representan as áreas ideolóxicas ou dos
partidos políticos, e non responde, polo tanto, a criterios de nacionalidade.
Os parlamentarios non están sometidos a mandato imperativo, gozan de determinados
privilexios en materia de desprazamentos e da mesma inmunidade que os parlamentarios
nacionais nos seus territorios.
O QUE MODIFICOU O
TRATADO DE NIZA O Tratado
de Niza reforzou o papel de colexislador do Parlamento Europeo. Creouse
un novo fundamento xurídico no Tratado de Niza co fin de permitir ao Consello
determinar o estatuto dos partidos políticos a nivel europeo, en particular,
as normas relativas ao seu financiamento. Na perspectiva da ampliación
da Unión, o Tratado de Niza limitou o número máximo de deputados
europeos a 732. Tamén preveu a distribución de escanos entre os
Estados membros e os países candidatos (a partir das próximas eleccións,
véxase o seguinte cadro). Por suposto, os deputados previstos para os países
candidatos só ocuparán o seu escano no Parlamento Europeo a partir
da data de adhesión á Unión do país en cuestión.
| Cadro
de distribución dos escanos no PE por Estados membros e países candidatos |
| Estados membros |
Países candidatos | Bélxica....................................................22
Dinamarca...............................................13 Alemaña.................................................99
Grecia.....................................................22 España....................................................50
Francia....................................................72 Irlanda....................................................12
Italia.......................................................72 Luxemburgo..............................................6
Países Baixos............................................25 Austria....................................................17
Portugal..................................................22 Finlandia.................................................13
Suecia....................................................18 Reino Unido.............................................72
| Bulgaria.................................................17
Chipre.....................................................6 Eslovaquia..............................................13
Eslovenia.................................................7 Estonia....................................................6
Hungría..................................................20 Letonia....................................................8
Lituania..................................................12 Malta.......................................................5
Polonia....................................................50 República
Checa ......................................20 Romanía..................................................33
|
ACCESO PÚBLICO
E INFORMACIÓN As sesións
do Parlamento Europeo están abertas á prensa e ao público.
Cando se celebra unha sesión no Parlamento publícanse informes diarios
e tamén están dispoñibles resumos periódicos das actividades
do Parlamento. A Dirección Xeral de información e Relacións
Públicas do Parlamento, as oficinas
de información do Parlamento nas capitais dos Estados membros e os
Euro-lnfo-Point distribúen a información. Regulamento
do Parlamento Europeo
|