Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


A Unión Europea - Institucións e Organismos - Institucións da UE - Comisión Europea

Comisión Europea

 

La Comisión Europea
 
Unión Europea

 


COMPOSICIÓN E DATOS DE INTERESE
  • Número de membros: 27
  • Período de mandato: 5 anos (2004-2009) 
  • Oficina central: rue de la Loi 200, B-1049 Bruxelas 
  • Teléfono:(32-2) 299 11 11 

INTRODUCIÓN

Desde a unificación dos executivos comunitarios (Tratado de Fusión de 1965), a Comisión é unha institución común ás tres Comunidades Europeas;  substituiu á Alta Autoridade da CECA e ás Comisións da CEE e do Euratom. Non obstante, no Tratado CECA (non vixente desde xullo de 2002) mantívose, ata a reforma feita polo Tratado da Unión Europea (asinado en Maastrich), a denominación específica de Alta Autoridade. Ao entrar en vigor o TUE (1.11.93) xa só se conserva, por pura resonancia histórica, a denominación de Alta Autoridade no seu artigo 7.
O papel e as responsabilidades da Comisión Europea sitúanna no corazón do proceso político da Unión Europea. Nalgúns aspectos, actúa como o corazón de Europa, do que outras institucións obteñen gran parte da súa forza e obxectivos. 

A Unión funciona esencialmente gracias aos vintesete membros e máis 15.000 funcionarios que constitúen o cadro de persoal que traballa ao servizo da Comisión. O Consello e o Parlamento Europeo necesitan a proposta da Comisión antes de adoptar a lexislación, as «leis» da UE son aplicadas pola Comisión, a aplicación da lexislación do mercado único é controlada pola Comisión, a Comisión xestiona e desenvolve as políticas agrícolas, de desenvolvemento rexional e a cooperación para o desenvolvemento cos países da Europa central e oriental, África, o Caribe e o Pacífico. A Comisión coordina programas de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, vitais para o futuro de Europa. 

A Comisión, en estreita colaboración co Consello Europeo, a miúdo prepara unha maior integración cando se necesita nos momentos cruciais. Unha serie de iniciativas decisivas nos últimos anos culminaron na consecución do mercado único en 1993 no proxecto da unión económica e monetaria, e no fortalecemento da cohesión económica e social entre as rexións de Europa. 


MEMBROS DA COMISIÓN

Os vintesete membros da Comisión son os responsables do seu liderato político e dirección. Producen nas súas obrigas unha poderosa mestura de experiencia, por ter sido membros dos parlamentos dos seus países ou do Parlamento Europeo e, en moitos casos, ter dirixido departamentos ministeriais importantes nos seus países de orixe. O mandato da Comisión é de cinco anos e corresponde, cun desfasamento de seis meses, á lexislatura do Parlamento Europeo. 

Os membros da Comisión proveñen dos vintesete países da UE, pero todos comprométense a ser totalmente independentes, distanciándose de calquera influencia política partidista. Tal imparcialidade e compromiso converte á Comisión nun negociador honesto e eficaz, que media nos conflitos de intereses entre os Estados membros cando é necesario. 

O Presidente da Comisión é elixido polos xefes de Estado ou de goberno da Unión Europea reunidos no Consello Europeo. A elección presidencial ten que contar coa aprobación do Parlamento Europeo. Aos outros vinteseis membros da Comisión noméaos os gobernos dos vintesete Estados membros de acordo co novo presidente da Comisión. Por último, o Presidente e os demais membros están suxeitos colexialmente á aprobación do Parlamento Europeo. Este sistema de control parlamentario instituíuse polo Tratado da Unión Europea e reforzouse polo Tratado de Amsterdam. José Manuel Durao Barroso é o actual Presidente da Comisión.

A Comisión reúnese unha vez por semana para organizar os seus asuntos, que poden incluír a adopción de propostas, rematar informes políticos e debater a evolución das súas políticas prioritarias. Os comisarios asumen todas as políticas, mesmo cando son adoptadas por maioría e non por unanimidade. 


RESPONSABILIDADE DEMOCRÁTICA

A lexitimidade democrática da Comisión fortaleceuse cada vez máis debido a que o Parlamento examina con maior minuciosidade e determinación a candidatura do presidente e os comisarios. A Comisión na súa integridade ten que ser aprobada polo Parlamento Europeo antes de que os seus membros poidan tomar posesión. Ten que demitir colectivamente por un voto de censura parlamentario, posibilidade á que aínda non se recorreu. 

A ORGANIZACIÓN DA COMISIÓN

Con máis de 15.000 funcionarios, a Comisión é a maior das institucións da Unión. O cadro de persoal total, non obstante, é modesta, tendo en conta o amplo espectro das súas responsabilidades. A Unión Europea ten vintetres linguas oficiais e aproximadamente unha quinta parte do persoal da Comisión está dedicada aos traballos de tradución e interpretación, xa que é esencial que os cidadáns da Unión poidan acceder aos textos adoptados na súa propia lingua.

A Comisión está composta por trinta e seis Direccións Xerais e Servizos especializados. Cada Dirección Xeral está encabezada por un director xeral, cuxo rango é equivalente ao dun alto funcionario dun ministerio. Os directores xerais responden perante un comisario, cada un dos cales ten responsabilidades políticas e operativas sobre unha ou máis Direccións Xerais.


O TRABALLO DA COMISIÓN

A Comisión non é unha institución con poder absoluto. En moitos aspectos, as súas propostas, accións e decisións son comprobadas, examinadas e xulgadas por todas as demais institucións, a excepción do Banco Europeo de Investimentos. Tampouco toma as principais decisións en canto ás políticas e prioridades da Unión, esta é a prerrogativa do Consello e, nalgúns casos, do Parlamento Europeo. 

Na descrición clásica do papel da Comisión sinálanse tres funcións diferentes: 

  • presentar as propostas de lexislación, 
  • velar pola aplicación dos Tratados, 
  • xestionar e executar as políticas da Unión e as relacións comerciais internacionais. 
Para cumprir estas funcións, a Comisión trata de ter sempre firmemente presentes as necesidades do cidadán corrente e reducir os servizos e as normas burocráticas ao mínimo. Tamén traballa en estreita colaboración co Tribunal de Contas para eliminar a fraude ao orzamento da Unión. 

FUNCIÓNS
  • Iniciativa lexislativa 

  • A Comisión é responsable de elaborar propostas de natureza lexislativa. A Comisión realiza este traballo en función dos intereses xerais da Unión e os seus cidadáns, e non a prol de intereses sectoriais ou nacionais.

    Os seus ámbitos de actividade, que están definidos no Tratado, van do comercio á industria, política social, agricultura, medio natural, enerxía, o desenvolvemento rexional, a cooperación ao desenvolvemento, etc.

    Nas súas iniciativas, a Comisión réxese polo principio de subsidiariedade e, por conseguinte, elaboran lexislación só nos ámbitos en que a Unión Europea está máis capacitada que os Estados membros por separado para levar a cabo unha acción eficaz. O principio de subsidiariedade consagrouse polo Tratado da Unión Europea.

    Unha vez que a proposta da Comisión se presenta ao Consello de Ministros e ao Parlamento Europeo, as tres institucións traballan conxuntamente para chegar a un resultado satisfactorio. Co acordo da Comisión, o Consello pode modificar a proposta por maioría cualificada (se non conta co acordo da Comisión, a modificación require unanimidade). O Parlamento Europeo comparte o poder de codecisión co Consello nunha serie de ámbitos e ten dereito de consulta noutros. Ao revisar as súas propostas, a Comisión está obrigada a tomar en consideración as emendas do Parlamento.
     

  • Gardián dos Tratados

  • A Comisión vela para que os Estados membros apliquen correctamente a lexislación europea para que todos os cidadáns e operadores do mercado único se beneficien equitativamente do equilibrio creado.

    Se procede, a Comisión toma medidas contra os que, no sector público ou privado, non respecten as obrigas que lles competen en virtude do Tratado. Por exemplo, pode iniciar procedementos por incumprimento contra os Estados membros ou empresas que non respecten a normativa europea e, en última instancia, acudir ao Tribunal de Xustiza.

    Por outra parte, a Comisión é responsable de controlar a concesión de subvencións nacionais ás industrias e as prácticas susceptibles de falsear o xogo da competencia no mercado interior.
     

  • Órgano executivo

  • A Comisión é o órgano executivo da Unión e, como tal, responsable da execución e xestión das diferentes políticas. Unha das competencias neste ámbito é a xestión do orzamento anual da Unión, que en 1999 se elevaba a uns 97 millardos de euros, e dos fondos estruturais, cuxo obxectivo fundamental é ir eliminando as disparidades económicas entre as rexións máis ricas e máis pobres da Unión.

    Nalgúns ámbitos, como a competencia, a agricultura e a política comercial, a Comisión ten unha autonomía considerable para tomar decisións sen presentar propostas ao Consello de Ministros, tanto en virtude das competencias específicas que lle confire o Tratado, como en virtude das competencias que o Consello delega nela.

    A Comisión tamén negocia acordos comerciais e de cooperación con países e grupos de países terceiros en nome da Unión.


    O QUE MODIFICOU O TRATADO DE NIZA

    O día en que os países que negocian a súa adhesión se adhiran á Unión, o mantemento do sistema actual conduciría a unha Comisión composta por 33 membros, o que equivale a case catro veces máis que nos seus inicios.

    O Tratado de Niza limita a composición da Comisión a partir de 2005 a un comisario por cada Estado membro. Cando a Unión conte con 27 Estados membros, limitarase o número de comisarios. O Consello deberá decidir nese momento, por unanimidade, o número preciso de comisarios (pero que debe ser en calquera caso inferior a 27); a nacionalidade dos comisarios dependerá nese momento dun sistema de rotación completamente igualitario entre os países.

    O Tratado de Niza decidiu reforzar os poderes do presidente, medida indispensable para garantir a coherencia dun órgano colexiado ampliado a máis de vinte membros. Por isto o presidente da Comisión decidirá a distribución das estradas e poderá alterar estas responsabilidades durante o mandato. Tamén terá dereito, despois da aprobación desta medida polo órgano colexiado, a pedir a demisión dos comisarios.

    ACCESO PÚBLICO E INFORMACIÓN

    Baseándose na crenza de que unha maior transparencia e apertura eliminarán a separación existente entre as institucións europeas e os cidadáns, a Comisión tomou unha serie de medidas para mellorar o acceso público aos seus documentos. O seu enfoque fúndase no principio de que o acceso do cidadán aos documentos restrinxirase só debido á necesidade de protexer determinados intereses públicos e privados. 

    LIGAZÓNS DE INTERESE
  • Regulamento interno da Comisión Europea
  • Modificación do Regulamento interno da Comisión Europea
  • Modificación do Regulamento interno da Comisión Europea
  • Modificación do Regulamento interno da Comisión Europea