|
|
1948 |
-
8-10 de maio: o Comité
para a unidade europea convoca o Congreso da Haia. Na súas
resolucións, o Congreso da Haia pide unha Europa democrática
unida e a creación do Consello de Europa.
-
16 de abril: Créase
a Organización Europea de Cooperación Económica
(OECE), encargada de distribuír entre os Estados europeos
a axuda americana (Plan Marshall).
|
|
| 1949 |
-
5 de maio: creación
do Consello de Europa con sede en Estrasburgo.
-
4 de abril: sinatura
en Washington do Tratado do Atlántico Norte, Tratado
constitutivo da OTAN.
|
|
| 1950 |
9
de maio: Robert Schuman, ministro de Asuntos Exteriores
francés, propón poñer en común os
recursos de carbón e aceiro de Francia e Alemaña
nunha organización aberta aos demais países de
Europa.
|
|
| 1951 |
18
de abril: sinatura do Tratado de París que crea
a Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA).
Seis países integran esta primeira comunidade: República
Federal de Alemaña, Francia, Italia, Holanda, Bélxica
e Luxemburgo. .
|
|
| 1952 |
10
de agosto: os seis asinan en París o Tratado constitutivo
da Comunidade Europea de Defensa (CED), que a Asemblea Nacional
Francesa se nega a ratificar en 1954.
Entra en funcións a Alta Autoridade (órgano
executivo) da CECA. Jean Monnet será o seu primeiro
presidente
|
|
|
1953
|
|
|
| 1954 |
-
30 de agosto: fracasa
o proxecto de Comunidade Europea de Defensa (CED).
-
20-23 de outubro: créase
a Unión Europea Occidental (UEO), organización
de cooperación en materia de política de seguridade
e defensa.
|
|
| 1955 |
|
|
| 1956 |
|
|
| 1957 |
25
de marzo: os seis asinan en Roma ( Tratados de
Roma) os Tratados que crean a Comunidade Económica
Europea (CEE) e a Comunidade Europea da Enerxía
Atómica (Euratom). Prevé a unión alfandegueira
e crea varias institucións: a Comisión Europea,
o Consello de Ministros, unha Asemblea Parlamentaria e un Tribunal
de Xustiza.
|
|
| 1958 |
1
de xaneiro: entran en vigor os Tratados da CEE e Euratom.
W. Hallstein será o primeiro presidente da Comisión
da CEE e Louis Armand, o primeiro presidente da Comisión
do Euratom.
|
|
|
1959
|
-
27 de xullo: sete
membros da Organización Europea de Cooperación
Económica (OECE), Dinamarca, Reino Unido, Austria,
Noruega, Portugal, Suecia e Suiza acordan a creación
da AELC (Asociación Europea de Libre Comercio).
|
|
|
|
| 1960 |
-
4 de xaneiro: asínase
en Estocolmo (Suecia), por iniciativa do Reino Unido, o Tratado
que crea a Asociación Europea de Libre Comercio (AELC).
O Tratado entrou en vigor o 3 de maio de 1960.
-
14 de decembro: asínase
en París o Tratado que institúe a Organización
de Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE).
|
|
| 1961 |
-
10 de febreiro: os
xefes de Estado ou de Goberno dos Estados da CE acordan unha
colaboración política máis estreita.
Un comité de funcionarios, presidido por Christian
Fouchet, elabora un plan para a consecución deste obxectivo.
-
9 de xullo: sinatura
do acordo de asociación CE-Grecia.
-
31 de xullo: Irlanda
solicita a adhesión á CE.
-
9 e 10 de agosto: Reino
Unido e Dinamarca solicitan a súa adhesión á
CE.
|
|
| 1962 |
-
14 de xaneiro: o Consello
de Ministros adopta os catro primeiros regulamentos agrícolas,
o primeiro regulamento financeiro e o regulamento da competencia.
-
17 de abril: suspéndense
as negociacións sobre a Unión Política
Europea por non poder chegarse a un acordo sobre as propostas
do Comité Fouchet.
-
30 de abril: Noruega
solicita a adhesión á CE.
30
de xullo: entrada en vigor da Política Agraria
Común (PAC).
|
|
| 1963 |
-
14 de xaneiro: De
Gaulle anuncia, nunha rolda de prensa, que Francia veta a
entrada do Reino Unido na CEE.
-
29 de xaneiro: suspéndense
as negociacións de adhesión do Reino Unido á
CE.
-
20 de xullo: sinatura
do acordo de asociación da CE con dezasete países
africanos e Madagascar en Yaoundé (Convenio de Yaoundé).
-
12 de setembro: sinatura
do Tratado de asociación CE-Turquía.
|
|
| 1965 |
8
de abril: asínase o Tratado de Fusión dos
Executivos (CECA, CEE e Euratom), que entrará en
vigor o 1 de xullo de 1967: constitúese un Consello e
unha Comisión únicos para as tres Comunidades.
|
|
| 1966 |
|
|
| 1967 |
-
10 e 11 de marzo:
Reino Unido, Irlanda e Dinamarca presentan por segunda vez
a súa solicitude de adhesión.
-
1 de xullo: entra
en vigor o Tratado de Fusión dos Executivos. O belga
Jean Rey convértese no primeiro presidente da Comisión
unificada.
-
24 de xullo: Noruega
presenta por segunda vez a súa candidatura de
adhesión.
-
28 de xullo: Suecia
presenta a súa candidatura de adhesión á
CE
|
|
| 1968 |
1
de xullo: iníciase a Unión Alfandegueira
con dezaoito meses de antelación: as mercadorías
circulan entre os Estados membros sen ningunha limitación
e créase un arancel exterior común de cara a terceiros
países.
-
29 de xullo: garántese
a liberdade de circulación dos traballadores na Comunidade
para establecer un mercado común do traballo.
-
18 de decembro: a
Comisión presenta ao Consello o "plan Mansholt" para
a reforma da agricultura na Comunidade.
|
|
| 1969 |
-
4 de marzo: asínanse
os acordos de asociación da CE con Túnez e Marrocos.
-
29 de xullo: sinatura
do segundo Convenio de Yaundé, que entra en vigor o
1 de xaneiro de 1971.
-
1 e 2 de setembro:
os xefes de Estado reúnense na Haia para debater a
plena realización do mercado interior, a profundización
da integración e a ampliación da CE. Acordan
a introdución gradual da unión económica
e monetaria (UEM) até 1980 e acelerar a integración
e a cooperación en cuestións políticas.
Tamén acordan iniciar as negociacións con Dinamarca,
Irlanda, Noruega e o Reino Unido.
-
19-22 de decembro:
o Consello adopta un acordo financeiro para a agricultura,
para asignar os recursos comunitarios e reforzar o poder presupostario
do Parlamento Europeo.
|
| |
|
| 1970 |
-
1 de xaneiro: transfírese
a responsabilidade da política comercial dos Estados
membros á CE.
-
6 de marzo: o Consello
designa un comité de expertos presidido por Pierrre
Werner, para o estudo de propostas para a realización
dunha Unión Económica e Monetaria e encarga
a un segundo comité, presidido por Ettiene Davignon,
a obtención de propostas para a consecución
dunha cooperación política europea.
-
22 de abril: establécese
o sistema de recursos propios como sistema de financiamento
da Comunidade (no lugar das achegas).
-
30 de xuño:
ábrense as negociacións con catro países
candidatos: Dinamarca, Reino Unido, Irlanda e Noruega.
-
2 de xullo: noméase
a Franco M. Malfatti presidente da Comisión.
-
8 de outubro: preséntaselle
ao Consello e á Comisión o plan Werner para
a realización progresiva da unión económica
e monetaria, así chamado polo primeiro ministro luxemburgués.
-
27 de outubro: os ministros
de Asuntos Exteriores da CE, reunidos en Luxemburgo, presentan
o informe Davignon sobre a Cooperación Política
Europea (CPE) aos xefes de Estado ou de Goberno.
-
5 de decembro: asínase
o acordo de asociación CE - Malta.

|
|
| 1971 |
-
1 de xaneiro: entrada
en vigor do acordo de Yaoundé II con dezaoito países
africanos e o acordo de Arhusa con tres Estados de África
do Leste.
-
1 de xullo: a Comunidade
aproba o sistema de preferencias xeneralizadas no comercio
con 91 países en vías de desenvolvemento.
|
|
| 1972 |
-
22 de xaneiro: asínanse
en Bruxelas os Tratados de Adhesión de catro novos
membros da CEE: Dinamarca, Reino Unido, Irlanda e Noruega.
-
21 de marzo: constitución
da Serpe Monetaria Europea: os Estados membros deciden limitar
as marxes de flutuación das moedas europeas, entre
elas e con respecto ao dólar.
-
22 de marzo: noméase
a Sicco Mansholt presidente da Comisión.
-
10 de maio: Irlanda
aproba en referendo a súa adhesión á
CE.
-
13 de xullo: a Cámara
dos Comúns aproba a adhesión do Reino Unido
á CE.
-
22 de xullo: asínanse
acordos de libre comercio cos países da AELC que non
solicitaron a adhesión á CE.
-
25 de setembro: Noruega
rexeita en referendo a súa entrada na CE.
-
2 de outubro: Dinamarca
aproba en referendo a súa adhesión á
CE.
-
19 de decembro: asínase
o acordo de asociación CE - Chipre.
|
|
| 1973 |
1
de xaneiro: Entra en vigor a ampliación a nove
membros da CE (entrada de Reino Unido, Irlanda e Dinamarca).
A CE ten competencias plenas na política comercial común.
-
11 e 12 de marzo: Irlanda,
Italia e o Reino Unido abandonan a "serpe monetaria". Os ministros
de Finanzas da CE deciden a oscilación conxunta das
súas moedas fronte ao dólar con tipos de cambio
fixos.
-
14 de maio: Noruega
asina un acordo de libre comercio coa CE.
-
23 de xullo: os ministros
de Exteriores da CE aproban en Copenhague o segundo informe
sobre Cooperación Política Europea (informe
de Copenhague).
-
26 e 27 de xullo: celébrase
en Bruxelas a Conferencia Ministerial entre a CE e 46 países
de África, o Caribe e o Pacífico (países
ACP) para establecer relacións.
-
5 de outubro: Finlandia
asina un acordo de libre comercio coa CE.
|
|
| 1974 |
-
21 de xaneiro: os
ministros de Traballo e Asuntos Sociais adoptan o programa
de acción social comunitaria polo que a CE pasa a ser
activa en tres ámbitos: asuntos de emprego, harmonización
das formas de vida e de traballo e participación das
dúas partes da industria nas decisións de política
social e económica comunitaria.
-
9 e 10 de decembro:
Cumio de París: os nove deciden reunirse regularmente
en Consello Europeo (tres veces ao ano).
|
|
| 1975 |
-
28 de febreiro: asínase
o Convenio de Lomé I entre a Comunidade e 46 Estados
de África, Caribe e Pacífico (ACP), que entrará
en vigor o 1 de abril de 1976.
-
10 e 11 de marzo: os
xefes de Estado e de Goberno reúnense por primeira
vez en Consello Europeo en Dublín.
18
de marzo: O Consello de Ministros acorda crear o Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
|
|
|
1976
|
-
9 de febreiro: inícianse
as negociacións de adhesión con Grecia.
-
1 de outubro: o goberno
italiano adopta, co permiso da CE, o plan Andreotti para frear
a caída da lira por medio de medidas impositivas, sociais
e monetarias.
-
20 de decembro: noméase
a Roy Jenkins Presidente da Comisión.
|
| |
| 1977 |
1
de xullo: suprímense totalmente os dereitos alfandegueiros
entre nove membros da CE.
|
|
| 1978 |
-
6 e 7 de xullo: Cumio
de Bremen: Alemaña e Francia propoñen o relanzamento
da cooperación monetaria mediante a creación
dun sistema monetario europeo (SME) que substituirá
á "serpe" e a unidade de conta europea (ecu).
-
5 de setembro: os países
da CE inician as negociacións sobre a política
común da pesca.
-
17 de outubro: inícianse
as negociacións de adhesión con Portugal.
|
|
| 1979 |
13
de marzo: comeza a funcionar o Sistema Monetario Europeo.
O ECU (Unidade de Conta Europea) convértese na moeda
europea.
7
e 10 de xuño: primeiras eleccións ao Parlamento
Europeo por sufraxio universal.
|
| |
|
| 1980 |
-
7 e 8 de marzo:sinatura
de acordo de cooperación entre a CE e a ASEAN (Asociación
de Nacións de Asia Sudoriental).
-
30 de maio: no Consello
chégase a un acordo sobre a contribución británica
aos gastos comunitarios.
|
|
| 1981 |
1
de xaneiro: Grecia convértese no décimo
membro da Comunidade.
|
|
|
1982
|
|
|
| 1983 |
|
|
| 1984 |
-
14 de febreiro: o
Parlamento aproba o proxecto de Tratado da Unión Europea
elaborado polo comité institucional presidido por Altiero
Spinelli.
-
28 de febreiro: adopción
do programa Esprit de investigación estratéxica
en tecnoloxías da información.
-
14-17 de xuño:
segundas eleccións ao Parlamento Europeo.
-
25 de xuño:
O cumio de Fontainebleau acorda crear o Comité Dooge
sobre cuestións institucionais e o Comité Adonnino
sobre a "Europa dos cidadáns".
-
26 de setembro: China
e a CE asinan un acordo de cooperación comercial.
|
|
| 1985 |
12
de xuño: sinatura en Madrid e Lisboa dos Tratados
de adhesión de España e Portugal.
14
de xuño: Libro Branco sobre o Mercado Interior:
a Comisión propón ao Consello un programa con
300 medidas coa finalidade de suprimir os controis fronteirizos
e establecer un verdadeiro mercado interior.
-
28 e 29 de xuño:
Consello Europeo de Milán: decide por maioría
convocar unha conferencia intergobernamental para modificar
os Tratados de Roma, de acordo co artigo 236 do Tratado CEE.
-
2-4 de decembro: Consello
Europeo de Luxemburgo: aproba a reforma institucional que
amplía as competencias da Comunidade e o marco xurídico
da Cooperación en Política Europea (CPE). Estas
modificacións formúlanse na Acta Única
Europea.
|
|
| 1986 |
1
de xaneiro: prodúcese a adhesión ás
Comunidades de España e Portugal.
17-28
de febreiro: asínase en Luxemburgo e na Haia a
Acta Única Europea. Acórdase abrir un gran
mercado interior único que empezará a funcionar
en 1992, así como crear a bandeira da CE: doce estrelas
amarelas sobre fondo azul..
|
|
| 1987 |
1
de xullo: Entra en vigor a Acta única Europea.
|
|
| 1988 |
-
11 e 12 de febreiro:
Consello Europeo de Bruxelas aproba o "paquete Delors I" para
a reforma do sistema financeiro e da política
agrícola común e duplica os fondos estruturais
da CE.
-
27 e 28 de xuño:
reúnese en Hannover, Alemaña, o Consello Europeo.
Ponse de relevo a importancia dos aspectos sociais cara a
consecución dos obxectivos do 1992, exprésase,
así mesmo, inquietude ante os perigos que ameazan o
medio natural e desígnase un comité guía
cara a Unión Monetaria.
|
|
| 1989 |
29
de xuño. España entra no SME. O goberno
español, presidido por Felipe González, decide
integrar a peseta no Sistema Monetario Europeo.
-
17 de xullo: Austria
solicita a súa adhesión á CEE.
-
26 de xullo: Enrique
Barón Crespo resulta elixido quinto presidente do Parlamento
desde a introdución das eleccións europeas.
-
9 de novembro: caída do
muro de Berlín.
-
8 e 9 de decembro:
no Cumio de Estrasburgo decídese convocar unha conferencia
intergobernamental para poñer en marcha as etapas finais
da unión económica e monetaria. Tómanse
decisións sobre a creación do BERD e sobre a
Carta Social Europea.
-
15 de decembro: sinatura
do Convenio Lomé IV.
-
19 de decembro: inícianse
as negociacións entre os países da CE e da AELC
para reforzar a cooperación e crear o Espazo
Económico Europeo (EEE).
|
| |
|
| 1990 |
19
de xuño: asínase en Luxemburgo o segundo
acordo de Schengen: aplicación do principio de liberdade
de circulación das persoas con independencia da súa
nacionalidade.
-
25 e 26 de xuño:
o Consello de Ministros, a Comisión e o Parlamento
Europeo reúnense, por primeira vez, conxuntamente en
Estrasburgo para definir o futuro da Europa unida.
29
de maio: créase o BERD (Banco Europeo de Reconstrución
e Desenvolvemento) con sede en Londres, para proporcionar
axuda económica aos países de Europa Central e
Oriental.
|
|
| 1991 |
25
de xuño: España e Portugal se adhírense
ao Acordo de Schengen.
-
1 de xullo: solicitude
de adhesión de Suecia.
-
21 de outubro: o Consello
decide a creación do Espacio Económico Europeo
(EEE), que asocia á CE cos seus veciños de Europa
Oriental.
-
17 de decembro: asínase
a Carta Europea da Enerxía.
|
|
| 1992 |
7 de febreiro: asínase o Tratado da Unión
Europea en Maastricht.
2
de maio: sinatura no Porto do acordo sobre o Espazo Económico
Europeo.
-
20 de maio: Suiza
solicita a adhesión á CE e vota en referendo contra
o acordo do EEE.
-
2 de xuño: Dinamarca,
por referendo, pronúnciase en contra da ratificación
do Tratado de Maastricht. Caso contrario do que sucede en
Irlanda e Francia.
-
25 de novembro: Noruega
solicita a súa adhesión á CE.
-
11 e 12 de decembro:
Cumio de Edimburgo: o Consello Europeo concede a Dinamarca
as derrogacións que lle permitirán someter a
un novo referendo a ratificación do Tratado de Maastricht.
Apróbase, así mesmo, o paquete Delors II sobre
o financiamento da CE até 1999 e unha iniciativa de
crecemento.
|
|
| 1993 |
1
de xaneiro: Establecemento do mercado único:
libre circulación de persoas, mercadorías,
servizos e capitais.
-
17 de marzo: Islandia
ratifica o Tratado do EEE. Fixéronno todos os países
da AELC agás Suiza.
-
18 de maio: segundo referendo
en Dinamarca: ratifica o Tratado de Maastricht.
-
22 de xuño:
comezan as negociacións de adhesión con Austria,
Suecia e Finlandia.
-
29 de outubro: no Cumio
especial de Bruxelas, os xefes de Estado ou de Goberno deciden
as sedes dos novos órganos descentralizados da UE.
O Instituto Monetario Europeo terá a súa
sede en Francfort, Europol na Haia e a Axencia Europea de
Medio Ambiente en Copenhague.
1
de novembro: Entra en vigor o Tratado de Maastricht.
|
|
| 1994 |
-
1 de xaneiro: comeza
a segunda fase da Unión Económica e Monetaria.
Créase o Instituto Monetario Europeo.
-
1 e 8 de abril: solicitudes
de adhesión de Hungría e Polonia.
-
24 de xuño:
asínanse as actas de adhesión de Austria, Finlandia,
Suecia e Noruega.
-
25 de xuño:
Consellos Europeos de Corfú e Essen. A UE e Rusia asinan
un acordo de cooperación.
-
27 de novembro: Noruega
rexeita en referendo a súa entrada na UE. Suecia,
Austria e Finlandia, por contra, votan a favor da súa
adhesión.
|
|
| 1995 |
1
de xaneiro: a Europa dos Quince: entrada na Unión
Europea de Austria, Finlandia e Suecia.
-
23 de xaneiro: entra
en funcións a Comisión presidida por Jacques
Santer.
-
12 de xuño:
A UE asina acordos de asociación con Estonia, Letonia
e Lituania.
-
22 de xuño:
Romanía solicita a súa adhesión á
UE.
-
26 e 27 de xuño:
Consello de Cannes: decisión sobre a EUROPOL e preparación
da Conferencia Intergobernamental de 1996 para a revisión
do Tratado da UE. Entra, así mesmo, en vigor o acordo
Schengen entre Bélxica, Alemaña, Francia, Luxemburgo,
Países Baixos, España e Portugal.
-
27 de xuño:
solicitude de adhesión de Eslovaquia.
-
27 de outubro:
solicitude de adhesión de Letonia.
-
24 de novembro: solicitude
de adhesión de Estonia.
-
8 e 14 de decembro:
solicitude de adhesión de Lituania e Bulgaria.
-
15 e 16 de decembro:
o Consello Europeo adopta o nome do EURO para a futura moeda
única europea.

|
|
| 1996 |
-
1 de xaneiro: entra
en vigor a unión algandegueira entre a UE e Turquía.
-
16 e 17 de xaneiro:
a República Checa e Eslovenia solicitan a adhesión
á UE.
-
21 e 22 de xuño:
o Consello Europeo de Florencia adopta o Convenio Europol.
-
13 e 14 de decembro:
Consello Europeo de Dublín: Apróbanse o estatuto
xurídico do euro, o novo Sistema Monetario Europeo
e o Pacto de Estabilidade e Crecemento co fin de manter a
continuidade na converxencia despois do inicio da terceira
fase da Unión Económica e Monetaria.
|
|
| 1997 |
-
2 de xuño:
o Consello adopta un regulamento relativo á creación
dun Observatorio Europeo do Racismo e a Xenofobia.
-
16 e 17 de xuño:
o Consello Europeo, reunido en Amsterdam, acada un consenso
sobre un proxecto do tratado, aprobando diversas propostas
que facilitan o paso á terceira fase da UEM. Adóptase
tamén unha resolución sobre o crecemento e o
emprego.
-
16 de xullo: Jacques
Santer, presidente da Comisión, presenta perante o
Parlamento Europeo o documento "Axenda 2000".
2
de outubro: os Ministros de Asuntos Exteriores dos
Estados membros firman en Amsterdam o novo tratado "consolidado".
|
|
| 1998 |
1
de xuño: creación do Banco Central Europeo
en Francfort.
-
30 de xuño:
sentenza do asunto Mary Brown. O Tribunal de Xustiza Europeo
declara que despedir ás mulleres durante o seu embarazo
é contrario ao dereito comunitario.
-
1 de outubro: entra
en vigor o Convenio Europeo sobre as toxicomanías.
|
|
| 1999 |
-
15 de marzo: dimisión
colexiada dos membros da Comisión a raíz dun
informe do Comité independente de Expertos sobre as
denuncias da fraude, irregularidades e nepotismo da Comisión
Europea.
-
Primavera: Eleccións
Europeas.
1
de maio: entrada en vigor do Tratado de Amsterdam.
-
5 de maio: o Parlamento
Europeo aproba a designación de Romano Prodi como presidente
da nova Comisión Europea.
-
20 de xullo: o novo
Parlamento Europeo elixe presidente á Sra. Fontaine.
-
15 de setembro: o Parlamento
Europeo vota e aproba a nova Comisión.
-
15 e 16 de outubro:
reúnese de maneira extraordinaria o Consello Europeo
en Tempere. Chégase a un acordo sobre unha serie de
orientacións e prioridades políticas; como son
o dereito de asilo, a inmigración, o acceso á
xustiza e a loita contra a delincuencia. Adóptase,
así mesmo, a modalidade para a elaboración da
carta dos dereitos fundamentais da UE.
|
| |
|
| 2000 |
-
15 de xaneiro: celebración
en Bruxelas das conferencias intergobernamentais para a adhesión
de Malta, Romanía, Eslovaquia, Letonia, Lituania e
Bulgaria.
-
3 de maio: a Comisión
Europea propón a Grecia converterse no duodécimo
país da zona Euro.
-
23 de xuño:
sinatura en Cotonou, pola Comunidade, os países de
África, do Caribe e do Pacifico (ACP) do Convenio que
substitúe aos de Lomé.

|
|
|
2001
|
26
de febreiro: Firma do Tratado de Niza.
-
7 de xuño: Irlanda
pronúnciase nun referendo en contra do Tratado de Niza.
-
21 de setembro: reúnese
en Bruxelas o Consello Europeo extraordinario para analizar
a situación internacional despois dos atentados terroristas
do 11 de setembro en Nova York e Washington.
-
15-16 de decembro:
Declaración de Laeken sobre o Futuro da Unión,
que prepara o camiño para a gran reforma e convoca
unha Convención para preparar a próxima Conferencia
Intergubernamental.
|
|
| 2002 |
1
de xaneiro: Posta en circulación das moedas e
billetes en Euros. Comeza o período de intercambio
(retirada) dos billetes e moedas nacionais.
-
15 de xaneiro: Pat
Cox resulta elixido presidente do Parlamento Europeo.
-
28 de febreiro: inauguración
da Convención sobre o Futuro de Europa.
-
1 de marzo: conclúe
a Unión Económica e Monetaria. Os billetes e
moedas nacionais deixan de ter curso legal
23
de xuño: expira oTratado da Comunidade Europea
do Carbón e do Aceiro (CECA) despois de cincuenta
anos en vigor.
-
13 de decembro: o Consello
Europeo de Copenhage decide a ampliación de dez novos
países (República Checa, Estonia, Chipre, Letonia,
Lituania, Hungría, Malta, Polonia, Eslovenia e Eslovaquia),
con data do 1 de maio de 2004.
|
|
| 2003 |
1
de febreiro: Entrada en vigor do Tratado de Niza.
-
16 de abril: sinatura
en Atenas do Tratado de Adhesión da República
Checa, Estonia, Chipre, Letonia, Lituania, Hungría,
Malta, Polonia, Eslovenia e Eslovaquia.
-
21 de xuño:
Consello Europeo de Salónica (Grecia). Acollida do
proxecto de Constitución da UE.
-
14 de setembro: Suecia
pronúnciase nun referendo en contra do euro.
-
4 de outubro: apertura
da Conferencia Intergobernamental durante o Consello de Roma
coa perspectiva de acadar un acordo sobre a Constitución
Europea.
-
1 de novembro: Jean-Claude
Trichet sucede a Duisenberg na presidencia do Banco Central
Europeo.
|
|
| 2004 |
4
de maio: Entrada de 10 novos países. Nace a Europa
dos 25.
-
10-13 de xuño:
sextas eleccións ao Parlamento Europeo.
-
28 de xuño:
desígnase a Durao Barroso como novo Presidente da Comisión
da UE.
-
20 de xullo: O Novo
Parlamento Europeo elixe como Presidente a Josep Borrell Fontelles.
29
de outubro: Os Xefes de Estado e de Goberno os Ministros
de Asuntos Exteriores da UE firman o Tratado polo que se
establece unha Constitución para Europa.
|
|
| 2005 |
20
de febreiro: celébrase en España o referéndum
sobre a Constitución Europea.
-
13 de abril: O Parlamento
Europeo aproba a entrada de Rumanía y Bulgaria na UE.
-
29 de maio: O referéndum
celebrado en Francia ten resultado negativo.
-
1 de xuño: Os
electores neerlandeses optan polo no á ratificación
do Tratado constitucional.
-
10 de xullo: Os cidadáns
luxemburgueses votan «Si» no referéndum sobre o Tratado
Constitucional
-
3 de outubro: Apertura
das negociacións de adhesión da Unión Europea con Turquía
e Croacia
-
27-28 de novembro:
Celébrase a Cumbre Euromed en Barcelona con motivo
do 10º aniversario da adopción da Declaración de Barcelona.

|
|
|
2006
|
1
de xaneiro: conmemórase o 25 aniversario da adhesión
de Grecia e o 20 aniversario da adhesión de Portugal e España
ás Comunidades Europeas.
16
de febreiro: O Parlamento Europeo adopta en primeira lectura,
por unha gran maioría, o informe para a apertura do mercado
único de servicios na UE. A Directiva de servizos, tamén
coñecida como " Directiva Bolkestein" é
un dos proxectos lexislativos máis importantes da Unión Europea.
-
7 de abril: O dominio
de primeiro nivel ".eu", proporciona un novo espacio en Internet
á par que promociona a identidade europea na rede,
aierto para tódolos residentes naUnión Europea (ciudadáns,
asociacións, clubs, etc.).
-
23 de maio: cúmplese
o vixésimo aniversario da morte de Altiero Spinelli, gran
defensor dunha Constitución para Europa, e en cuio honor púxose
o nome a un dos edificios do Parlamento Europeo en Bruselas.
-
11 de xuño:
O Consello adopta unha decisión pola que se permite a Eslovenia
unirse á zona euro a partir do 1 de xaneiro de 2007.
-
1 de agosto: O Primeiro
Ministro croata, Ivo Sanader, nunha reunión en Salzburgo sobre
o Pacto de Estabilidade para Europa Sudoriental, afirma que
Croacia desexa adherirse á Unión Europea en 2008.
-
5 de dicembro: O Parlamento
finlandés ratifica o Tratado Constitucional; son xa 16 os
Estados membros que o ratificaron.
-
12 de decembro: Os
diputados europeos aproban as candidaturas búlgara e romanesa
para o posto de Comisario.
|
|
|
2007
|
1
de xaneiro: Entrada de Bulgaria e Romanía.
Nace a Europa dos 27. Comeza a presidencia semestral
alemá.
-
8 e 9 de marzo:
Celebración do Consello Europeo de primavera en
Bruxelas onde o tema central é a proposta dunha
política enerxética común.
-
24 e 25 de marzo:
Cumio informal de xefes de Estado para celebrar os 50
anos do Tratado de Roma. Sinatura da Declaración
de Berlín.
|