Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
AMPLIACION DA UNIÓN EUROPEA (2004)Unión Europea

 


Fuente: Parlamento Europeo
 

 

VISION XERAL

 

O concepto de ampliación designa as cinco ondadas sucesivas de novas adhesións que coñeceu a Comunidade Europea e polas que dezanove países se engadiron, ata agora, ós seis países fundadores, que foron Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos. Estas ampliacións sucesivas foron as seguintes:
  • 1973: Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido;
  • 1981: Grecia;
  • 1986: España e Portugal;
  • 1995: Austria, Finlandia e Suecia;
  • 2004: Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Eslovaquia, Hungría, Eslovenia, Chipre e Malta.
  • 2007: Bulgaria e Romanía

A ampliación de 2004, que elevou a 25 o número de Estados membros, foi a maior das rexistradas na historia da Unión Europea e veu a concluir un largo proceso de negociacións. Coa caída do muro de Berlín o 9 de novembro de 1989 afundíuse a totalidade do bloque comunista de Europa Oriental, o que supuxo o punto de partida do proceso de reunificación do continente europeo. A partir de ese momento, a UE e os países candidatos non cesaron de preparar xuntos a ampliación dentro de Asociacións para a Adhesión bilaterais (UE/país candidato) que fixaban os esforzos que debía facer cada país de maneira prioritaria para facer fronte as obligacións derivadas da súa adhesión seguindo un calendario preciso.

De 1987 a 1996 presentaron a súa solicitude de entrada na UE trece países, a saber, Chipre, Estonia, Hungría, Polonia, República Checa, Eslovenia, Bulgaria, Letonia, Lituania, Malta, Romanía, Eslovaquia e Turquía. O Consello Europeo, reunido en Luxemburgo os días 12 y 13 de decembro de 1997, puxo en marcha o proceso de ampliación da Unión, que se desenvolvería por etapas, de forma que cada Estado candidato avanzase o seu propio ritmo según o seu nivel de preparación.

As negociacións de adhesión comezaron o 31 de marzo de 1998 cos seis países mellor preparados (Chipre, Estonia, Hungría, Polonia, República Checa e Eslovenia) e, o 15 de febreiro de 2000, cos demais países candidatos (Bulgaria, Letonia, Lituania, Malta, Romanía e Eslovaquia), coa excepción de Turquía. Estas negociacións baseáronse no principio de "diferenciación", según o cal cada país avanzaría en función dos seus esforzos de preparación á adhesión. Así, a duración das negociacións variou dun país a outro en función dos progresos de cada país.

Desde 1998, a Comisión publicou anualmente informes periódicos sobre o avance dos progresos realizados por cada país candidato. Por outro lado, nas Asociacións para a Adhesión, adoptadas en 1998 e revisadas en 1999 e 2002, se definiron as prioridades por país candidato, así como o apoio concreto que necesitaban. Este arseal de documentos permitiu efectuar un "escrutinio" (evaluación sector por sector) sobre a base da cal se elaborou unha "folla de ruta" para cada candidato na que se indicaban os actos xurídicos que debían adoptarse ou modificarse para respetar o acervo comunitario.

O Consello Europeo de Copenhague celebrado en decembro de 2002 comprobou que 10 dos 13 países candidatos (Chipre, Estonia, Hungría, Polonia, República Checa, Eslovenia, Letonia, Lituania, Malta y Eslovaquia) cumprían suficientes condicións para entrar na UE. Así, firmaron o seu Tratado de adhesión el 16 de abril de 2003 en Atenas e, logo dos procedementos de ratificación, adheríronse oficialmente á UE o 1 de maio de 2004.

Pola súa banda, Rumanía e Bulgaria, que presentaron a súa candidatura ao mesmo tempo que os 10 países adheridos en 2004, firmaron o seu Tratado de adhesión en xuño de 2005, y entrou en vigor en 2007.



 

PROCEDEMENTO

A Comunidade pode ampliarse en virtude da admisión doutros Estados europeos. O resultado desa admisión é o que se chama adhesión. No artigo 237 do Tratado de Roma estableceuse que "todo Estado europeo pode pasar a ser membro" da Comunidade Europea -este artigo foi substituído polo artigo "O" do TUE que á súa vez se transformou no art. 49 do Tratado de Amsterdam.

No anterior artigo O do Tratado da Unión Europea (novo artigo 49 do TUE introducido polo Tratado de Amsterdam) establécese que:

"Calquera Estado europeo que respecte os principios enunciados no apartado 1 do artigo 6 poderá solicitar o ingreso como membro na Unión. Dirixirá a súa solicitude ó Consello, que se pronunciará por unanimidade despois de ter consultado á Comisión e tralo previo dictame conforme do Parlamento Europeo, o cal pronunciarase por maioría absoluta dos membros que o compoñen.
As condicións de admisión e as adaptacións que esta admisión supón no tocante ós Tratados sobre os que se funda a Unión serán obxecto dun acordo entre os Estados membros e o Estado solicitante. O dito acordo someterase á ratificación de todos os Estados contratantes, de conformidade coas súas respectivas normas constitucionais."

O procedemento de admisión dun novo Estado iníciase coa solicitude de ingreso como membro da Unión dirixida ó Consello, quen se pronunciará por unanimidade, despois de ter obtido o dictame conforme do Parlamento Europeo, que se pronuncia por maioría absoluta dos membros que o compoñen. Posteriormente, o dito acordo, por ser este un tratado de Dereito internacional, someterase á ratificación de todos os Estados contratantes, de conformidade coas súas respectivas normas constitucionais. Co depósito dos instrumentos de ratificación culmina o procedemento de adhesión. Pola súa parte, coa entrada en vigor do tratado de adhesión o Estado candidato pasa a ser parte contratante de Dereito internacional de todos os tratados constitutivos das Comunidades Europeas e asume os dereitos e deberes dun Estado da Unión Europea. Desde o momento da adhesión o novo membro asume a totalidade do dereito comunitario, primario e derivado.

A Acta de adhesión dun Estado, instrumento en que se materializa o ingreso, pasará a formar parte do Dereito primario da Unión. Na Acta recóllense  as condicións de ingreso, que inclúen os principios que rexen a incorporación do novo membro, as adaptacións dos actos adoptados polas Institucións, as medidas transitorias e as derrogacións e suspensións temporais, a recepción do acervo comunitario e as regras de aplicación temporal do Dereito comunitario.

 



 

CRITERIOS DE ADHESIÓN

A decisión de principio relativa á perspectiva de ampliación da Unión ós países asociados a Europa central e oriental foi adoptada polo Consello Europeo de Copenhague. Este Consello definiu os criterios que deberán satisfacer os países candidatos antes da adhesión.

Estes criterios refírense a:

  • a existencia de institucións estables garantes da democracia, a primacía do Dereito, o respecto das minorías e a súa protección (criterio político),

  • o contar cunha economía de mercado viable e coa capacidade de facer fronte á presión da competencia e ás forzas de mercado no interior da Unión Europea (criterio económico),

  • a capacidade de asumir as obrigas que se derivan da adhesión e, en concreto, a de suscribir os obxectivos da Unión política, económica e monetaria (criterio da asimilación do acervo comunitario).



  •  

    PROCESO DE AMPLIACIÓN
     

    -

    Criterios de adhesión - Consello Europeo de Copenhague (xuño de 1993)

    A decisión de principio relativa á perspectiva de ampliación da Unión ós países asociados da Europa central e oriental foi adoptada polo Consello Europeo de Copenhague. Este Consello definiu tamén os criterios que deberán satisfacer os países candidatos antes da adhesión.

    - Estratexia de preadhesión - Consello Europeo de Essen (decembro de 1994)

    O Consello Europeo de Essen puxo en marcha unha estratexia de preadhesión co obxecto de aproximar en maior medida á Unión Europea os países que asinaran un acordo de asociación. 

    - Informe sobre os efectos da ampliación - Consello Europeo de Madrid (decembro de 1995)

    O Consello Europeo de Madrid confirmou e expuso con maior precisión as orientacións adoptadas en xuño de 1993, mantendo como obxectivo o inicio das negociacións de adhesión seis meses despois da celebración da Conferencia intergobernamental de 1996.

    - Calendario das negociacións - Consello Europeo de Florencia (xuño de 1996)

    O Consello Europeo de Florencia estableceu un calendario preciso para as negociacións dos PECO. Debido ás eleccións do 26 de outubro de 1996, o Goberno maltés decidiu suspender a súa solicitude de adhesión á Unión Europea. En setembro de 1998 Malta decidiu volver a presentar a súa candidatura.

    - Consello Europeo de Amsterdam (xuño de 1997)

    O Consello Europeo de Amsterdam, co que se puxo fin á Conferencia intergobernamental mediante a adopción do Tratado de Amsterdam, encargou ó Consello de "Asuntos Xerais" que examinara con todo detalle os dictames da Comisión, disponibles en xullo de 1997, e presentara un informe detallado ó Consello Europeo de Luxemburgo en decembro de 1997.

    O Tratado de Amsterdam supuxo importantes avances, especialmente en materia social e laboral, pero por outro lado abordaba de maneira só imperfecta un dos puntos centrais do seu mandato: a reforma das institucións. Por iso, sería necesaria unha nova Conferencia intergobernamental para reformar un sistema institucional que nos seus inicios estaba previsto para seis Estados. Esta reforma constituiu un paso previo indispensable para calquera incremento do número de membros da Unión Europea.

    - Axenda 2000

    La Comisión Europea publicou o 16 de xullo de 1997 a "Axenda 2000", documento tripartito no que se abordaba:

    • o futuro das principais políticas comunitarias,
    • as perspectivas financeiras da Unión para os anos 2000 a 2006,
    • a ampliación da Unión Europea.

    Respecto á ampliación, a Axenda 2000 contiña os dictames da Comisión sobre as solicitudes de adhesión de Bulgaria, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, a República Checa e Romanía. Estes dictames elaboráronse partindo dos criterios de Copenhague. Propoñíase unha primeira quenda de ampliación que inclúe a cinco países. A Comisión suxería abrir negociacións inicialmente con Eslovenia, Estonia, Hungría, Polonia e a República Checa. As negociacións con Chipre iniciaronse seis meses despois de rematada a Conferencia intergobernamental.

    A Axenda 2000 tamén prevíu un marco financeiro de apoio ó proceso de preadhesión dos países candidatos. A axuda de preadhesión concedíuse ós países de Europa central e oriental a partir do ano 2000 e constaba de tres grandes capítulos:

    • programa PHARE,
    • axuda ó desenvolvemento agrario,
    • axuda estructural.

    - O Consello Europeo de Luxemburgo (decembro de 1997)

    En decembro de 1997 o Consello de Luxemburgo ratificou a análise feita pola Comisión no documento Axenda 2000. As negociacións comezaron inicialmente con cinco países (Eslovenia, Estonia, Hungría, Polonia e República Checa), ós que se engadiu Chipre. Cos outros cinco países da Europa central e oriental, sinalábase que as negociacións deberían comezar tan pronto como estes realizasen os avances necesarios apoiándose nas asociacións para a adhesión.

    Ademais asignáronse 100 millóns de euros en favor dos cinco candidatos da segunda rolda (Bulgaria, Eslovaquia, Letonia, Lituania e Romanía) para financiar proxectos que lles permitisen recuperar o retraso na aplicación das reformas económicas. 

    - Conferencia Europea

    O 6 de outubro de 1997 os ministros de Asuntos Exteriores dos quince acollían favorablemente o proxecto francés de "Conferencia Europea", destinada a acompañar nos anos vindeiros o proxecto de ampliación. A Conferencia Europea reuniuse por primeira vez en Londres o 12 de marzo de 1998 congregando ós Estados da Unión e a todos os países europeos desexosos de adherirse a esta e vencellados a ela por un acordo de asociación. A Conferencia Europea era un foro multilateral no que se celebraban consultas políticas, entre outros no ámbito da política exterior e de seguridade común (PESC), a xustiza e os asuntos de interior (JAI), así como a cooperación económica e rexional. Turquía, candidata á adhesión desde 1987, non mostrou desexos de participar. A Conferencia reuníase cada ano en presencia dos xefes de Estado e de Goberno e do Presidente da Comisión, así como dos ministros se resultaba necesario.

    - O Consello Europeo de Cardiff (xuño de 1998)

    Logo do inicio das negociacións de adhesión con Chipre, Eslovenia, Estonia, Hungría, Polonia e a República Checa, o Consello Europeo constatou que 7 capítulos do acervo comunitario se someteran xa ó procedemento de avaliación (screening). Esta análise tamén se iniciara con Bulgaria, Eslovaquia, Letonia, Lituania e Romanía. 

    A Comisión confirmara que presentaría a fins de 1998 os seus primeiros informes de avaliación sobre os avances realizados por cada un dos países candidatos no camiño da adhesión. A pedimento do Consello Europeo, estes informes incluían a Chipre e a Turquía. O 4 de novembro de 1998 a Comisión adoptou os 12 informes.

    No que se refire ós países candidatos da Europa central e oriental, a análise da Comisión intentou comprobar se verdadeiramente se levaran a cabo as reformas anunciadas partindo dos criterios de Copenhague. Así mesmo, a Comisión analizou os progresos realizados por cada país na incorporación do acervo e na adaptación das estructuras administrativas a este fin. Estes doce informes non incluían a Malta. O informe sobre este país foi publicado nunha segunda fase o 17 de febreiro de 1999.

    - O Consello Europeo de Berlín

    No Consello Europeo de Berlín conseguiuse un acordo global sobre a Axenda 2000. No que se refire á ampliación, este acordo abordaba, entre outros aspectos, a creación en 1999 de dous instrumentos específicos de preadhesión: o Instrumento de Política Estructural de Preadhesión (ISPA) e o Instrumento agrícola de preadhesión (SAPARD). O Consello Europeo de Berlín confirmou tamén o papel que correspondía ó programa Phare renovado como principal instrumento de intervención centrado en dúas prioridades esenciais relacionadas coa adopción do acervo comunitario e o financiamento dos investimentos.

    - O Consello Europeo de Helsinki (decembro de 1999)

    O Consello Europeo de Helsinki (10 e 11 de decembro de 1999) confirmou a importancia do proceso de ampliación de cara a garantir a estabilidade e a prosperidade en Europa. Reafirmou tamén o carácter inclusivo deste proceso, no que participaban os 13 países candidatos en igualdade de condicións. A este respecto, o Consello Europeo destacou que Turquía era un país candidato. O Consello Europeo de Helsinki fixo fincapé na necesidade dos países candidatos de compartir os valores e os obxectivos da Unión Europea tal como se enuncian nos Tratados. Invitounos a regular todos os seus posibles desacordos (por exemplo, os fronteirizos) segundo os principios da Carta das Nacións Unidas, e , no seu defecto, presentalos perante o Tribunal Internacional de Xustiza nun prazo razoable.

    O Consello Europeo decidiu organizar, en febreiro de 2000, conferencias intergobernamentais bilaterais co fin de abrir negociacións con Romanía, Eslovaquia, Letonia, Lituania, Bulgaria e Malta sobre as condicións de adhesión á Unión Europea e as adaptacións que por iso se deberían facer nos Tratados. O Consello Europeo anunciou tamén a aprobación de medidas apropiadas para a convocatoria da Conferencia intergobernamental en febreiro de 2000. Esta Conferencia propoñíase adaptar as institucións da Unión ás esixencias dunha Europa ampliada. Unha vez ratificados os resultados da conferencia, a Unión estaba xa en condicións de proceder á adhesión de novos países a partir de fins do ano 2002.

    - O Consello Europeo de Feira (xuño de 2000)

    O Consello Europeo de Feira acolleu favorablemente o lanzamento das negociacións de adhesión cos países do grupo de Helsinki (Bulgaria, Eslovaquia, Letonia, Lituania, Malta e Romanía). Na súa opinión, en 2001 xa podían iniciarse as negociacións en todos os ámbitos do acervo comunitario cos países máis avanzados do grupo.

    - O Consello Europeo de Niza (decembro de 2000)

    O Consello Europeo de Niza subliñou que, logo da entrada en vigor do Tratado de Niza e as modificacións institucionais que implicaba, a Unión Europea estaría en condicións de acoller ós países candidatos que estivesen preparados a partir de fins de 2002.

    Os Estados membros aprobaron a posición común que adoptaron nas conferencias de adhesión polo que respectaba á distribución de escanos no Parlamento Europeo, a ponderación dos votos no Consello e a composición do Comité Económico e Social e do Comité das Rexións, cando a Unión contase con 27 membros.

    O Consello Europeo expresou a súa satisfacción pola nova estratexia de ampliación adoptada pola Comisión en novembro de 2000 e decidiu avaliar en xuño de 2001 en Gotemburgo os avances acadados na súa aplicación. Na súa opinión, a "folla de ruta" recollida na estratexia constituía un marco indicativo e flexible, que podería axustarse en función dos avances que realizase cada país candidato, por exemplo para permitir que os que estivesen mellor preparados progresaran con maior rapidez nas negociacións.

    - Consello Europeo de Bruselas (outubro de 2002)

    No documento de estratexia "Cara unha Unión Europea ampliada" a Comisión recomendaba concluir as negociacións de adhesión con Chipre, Eslovenia, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia e a República Checa. O Consello Europeo de Bruselas de outubro de 2002 aprobou as conclusións e recomendacións da Comisión e confirmou a súa determinación a concluir as negociacións de adhesión con estos países no Consello Europeo de Copenhague de decembro de 2002.

    - Consello Europeo de Copenhague (decembro de 2002)

    As negociacións de adhesión con estos dez países entraron na súa fase final durante os meses anteriores ó Consello Europeo de Copenhague de decembro de 2002.

    - Firma do Tratado de Adhesión (abril de 2003)

    A firma do Tratado de Adhesión produciuse o 16 de abril de 2003 en Atenas. O Tratado presentouse a continuación para ratificación dos Estados membros e os países en vías de adhesión.

    - Firma doTratado de Adhesión de Bulgaria e Rumanía (2005)

    Celébrase en Luxemburgo a undécima reunión do Consello de Asociación entre a UE e Rumania que dá lugar ao Tratado de Adhesión destes dous Estados. A adhesión de Romanía e Bulgaria completa a quinta ampliación da UE, iniciada en maio de 2004.


    INSTRUMENTOS DE PREADHESIÓN


    Para preparar a súa pertenencia á UE, os países candidatos firmaron en primer lugar Acordos europeos (os países da Europa Central e Oriental) ou Acordos de asociación (Turquía, Chipre e Malta). A UE apoiou os seus esforzos por adoptar a normativa comunitaria mediante unha auténtica estratexia de preadhesión. Prestoulles asistencia financeira para desenvolver as súas institucións, infraestructuras e economías.

    A continuación sinálanse as datas relevantes no proceso:

    PaísFirma do acordo de asociaciónData da candidatura á adhesiónAcordo de asociación
    Referencia DOCE
    Bulgaria
    01-03-1993
    14-12-1995
    DO L 358 do 31.12.94
    Chipre
    19-12-1972
    03-07-1990
    DO L 133 do 21.05.77
    Eslovaquia
    06-10-1993
    27-06-1995
    DO L 359 do 31.12.94
    Eslovenia
    10-06-1996
    10-06-1996
    DO L 51 do 26.02.99
    Estonia
    12-06-1995
    24-11-1995
    DO L 68 do 09.03.98
    Hungría
    16-12-1991
    31-03-1994
    DO L 347 do 31.12.93
    Letonia
    12-06-1995
    13-10-1995
    DO L 26 do 02.02.98
    Lituania
    12-06-1995
    08-12-1995
    DO L 51 do 20.02.98
    Malta
    05-12-1970
    03-07-1990
    DO L 61 do 14.03.71
    Polonia
    16-12-1991
    05-04-1994
    DO L 348 do 31.12.93
    República Checa
    06-10-1993
    17-01-1996
    DO L 360 do 31.12.94
    Romanía
    08-02-1993
    22-06-1995
    DO L 357 do 31.12.94
    Turquía
    12-09-1973
    14-04-1987
    DO 217 do 29.12.64
    Islandia
    26-07-2009
    Croacia
    28-01-2005
    21-02-2003
    DO L 026 de 28.01.05
    Montenegro
    16-06-2008
    15-12-2008
    DO L 169 de 30.6.08
    Macedonia
    20-03-2004
    18-02-2008
    DO L 84 de 20-03-04

     

    Asociación para a adhesión

    Establecidas polo Consello con cada un dos países candidatos (exceptuando a Chipre) en 1998, as asociacións para a adhesión coordinaban as axudas brindadas pola Comunidade Europea ós distintos países de Europa central e oriental, e fixaban as prioridades por sector no seu proceso de adaptación á lexislación comunitaria. A axuda financeira da Comunidade estaba supeditada ó respecto destas prioridades por parte dos candidatos. 

    Logo da asociación para a adhesión, cada país establecía un programa detallado para a adopción do acervo comunitario co fin de organizar a materialización destas prioridades mediante o compromiso dun calendario e a indicación dos recursos humanos e financeiros necesarios para a súa realización. A Comisión e o país en cuestión adaptaban progresivamente este programa. Tamén se establecían conxuntamente unha serie de prioridades económicas. 

    No marco das asociacións para a adhesión, tres instrumentos financeiros contribuíron, a partir do ano 2000, a acoller as reformas dos países de Europa central e oriental:

    • un fondo de asistencia preadhesión agrícola
    • un fondo estructural de asistencia preadhesión
    • o programa PHARE (Poland and Hungary: Action for the Restructuring of the Economy).

    Acordos Europeos

    Os acordos europeos constituiron o instrumento xurídico básico no que se baseaban as relacións entre a Unión e os países candidatos. Os acordos europeos referíanse ás cuestións do comercio, o diálogo político e outros ámbitos de cooperación. Tiñan por obxecto establecer progresivamente o libre comercio entre a Unión e os países candidatos. Desde o Consello Europeo de Luxemburgo en decembro de 1997, as institucións dos acordos europeos revestían un papel aínda máis importante na estratexia de preadhesión. Tratábase, en particular, de seguir os progresos dos países candidatos no que se refería á adopción e a aplicación do acervo comunitario así como o respecto das prioridades das asociacións para a adhesión.

    Participación nos programas comunitarios

    A participación nos programas comunitarios representou un dos obxectivos intermedios da adhesión. Estes programas cubren a maioría das políticas comunitarias e constituían, pois, unha preparación útil á adhesión familiarizando ós países asociados e ós seus cidadáns coas políticas e os métodos de traballo da Unión. Todos estes programas abríronse ós países candidatos.

    Aproximación das lexislacións

    A aproximación das lexislacións era tamén un obxectivo prioritario, e foi polo tanto necesario reforzar a asistencia a esta actividade a través do reforzo e a prolongación do mandato da TAIEX (Technical Assistance Information Exchange Office) que se creara no contexto do Libro Branco para preparar a integración dos PECO no mercado único. TAIEX proporciona informacións sobre o conxunto do acervo comunitario e interviña nos países candidatos, non só entre as administracións senón tamén entre as empresas.

    A aproximación das lexislacións non era suficiente: era igualmente necesario reforzar as institucións responsables da aprobación e a aplicación do acervo comunitario. Un instrumento esencial deste reforzo das institucións foi a irmandade, que implicaba a presencia de expertos da Unión nos países candidatos. Este proceso comezou mediante o destino en comisión de servicios de funcionarios dos Estados membros, que levaban o nome de conselleiros de preadhesión.



    INSTRUMENTOS FINANCEIROS

     

    A realización dos obxectivos da estratexia de preadhesión requería tamén o recurso a instrumentos de apoio e axuda financeira. Co fin de responder ás necesidades dos países candidatos, o Consello Europeo de Berlín aprobou a duplicación da axuda de preadhesión a partir do ano 2000 e a creación de dous instrumentos específicos: o instrumento estructural de preadhesión (ISPA) e o instrumento agrícola de preadhesión (SAPARD).

    Phare

    O principal instrumento de intervención foi o Programa PHARE renovado. O seu obxectivo consistía en preparar ós países candidatos á adhesión concentrando as súas intervencións sobre as dúas prioridades esenciais vencelladas á continuación do acervo comunitario: a "institution building" (é dicir, o reforzo da capacidade administrativa e institucional dos países respectivamente) e o financiamento dos investimentos a razón dun 30% e dun 70%, respectivamente, do seu presuposto para os países candidatos, con excepción dos investimentos que eran financiados polos instrumentos estructurais e agrícolas de preadhesión. Os medios do Programa PHARE foron de 1.560 millóns de euros ó ano a partir do ano 2000 e a súa eficacia viuse reforzada por métodos de xestión renovados, en particular:

    • concentración dos proxectos nas prioridades da aplicación do acervo, programadas polas Asociacións de adhesión;
    • execución presupostaria mellorada;
    • aumento radical do tamaño dos proxectos;
    • continuación da descentralización da xestión en favor dos países beneficiarios.

    As axudas de preadhesión para a agricultura

    As axudas de preadhesión para a agricultura (SAPARD) foron de 520 millóns de euros ó ano a partir do 2000. Concentráronse en ámbitos prioritarios como a mellora das estructuras de transformación, os circuítos de comercialización e o control da calidade dos productos alimenticios. Estas medidas aplicábanse sobre a base de programas nacionais e permitían tamén o financiamento de proxectos específicos de desenvolvemento integrado en apoio das iniciativas locais.

    As axudas estructurais de preadhesión

    O instrumento estructural de preadhesión (IEPA) tiña un presuposto de 1.040 millóns de euros ó ano a partir do ano 2000. Prevíase que os investimentos en infraestructuras nos sectores do medio natural e os transportes correran fundamentalmente a cargo do ISPA, que trataba de achegar ós países candidatos ás normas comunitarias nestes dous ámbitos.

    O caso de Chipre

    A raíz das decisións do Consello Europeo de Luxemburgo de decembro de 1997, Chipre beneficiouse dunha estratexia de preadhesión específica. Esta estratexia fundábase básicamente en:

    • a participación nalgunhas accións específicas, en particular nos ámbitos do reforzo da capacidade administrativa e institucional así como no eido da xustiza e os asuntos de interior;
    • a participación nalgúns programas e nalgunhas axencias comunitarias;
    • a utilización da asistencia técnica ofrecida pola oficina de asistencia técnica TAIEX.



     

    REFORMA INSTITUCIONAL

     

    A ampliación da Unión Europea cara a Europa central e oriental esixía a revisión do funcionamento das institucións europeas. A anterior estructura era herdeira dunha organización prevista para seis Estados membros e, aínda que fora axustada para acoller máis Estados membros, seguía funcionando a partir dos mesmos principios institucionais.

    A Conferencia Intergobernamental  que elaborou o Tratado de Niza desexaba á súa vez aumentar a lexitimidade das institucións europeas e intensificar a eficacia do aparato institucional, en previsión da ampliación. As institucións que se viron afectadas con respecto á última ampliación foron as seguintes:

    Consello da Unión Europea

    Anexouse ó Tratado da Unión Europea e ós Tratados constitutivos das Comunidades Europeas un protocolo sobre as institucións en perspectiva da ampliación, que integraba nun marco común as cuestións da ponderación de votos no Consello e das dimensións da Comisión; a idea era revisar o sistema comunitario para que o peso relativo dos países pequenos e medianos non chegase a ser desproporcionado con respecto á súa poboación. Esta ponderación era moi importante, debido á ampliación do número de decisións que se adoptarían por maioría cualificada.

    A Comisión Europea

    O Protocolo (Art. 1) sobre as institucións vinculaba á reforma da Comisión, as cuestións antes citadas sobre o Consello. En concreto, establecía que, para a data de entrada en vigor da primeira ampliación, a Comisión estaría constituída por un comisario nacional de cada un dos Estados membros. Tamén, reforzou a capacidade de iniciativa da Comisión, así como a lexitimidade do seu presidente, ó someter a súa designación á aprobación do Parlamento Europeo.



     

    ANÁLISE DE CADA PAÍS

     

     

     

    AMPLIACIÓN 2004

    CHIPRE

    ESLOVAQUIA

    ESLOVENIA ESTONIA


    HUNGRÍA
    LETONIA LITUANIA MALTA

    POLONIA


    REPÚBLICA CHECA



    AMPLIACIÓN 2007

    BULGARIA

    RUMANIA


        


    PAÍSES CANDIDATOS E/OU ASOCIADOS

    TURQUÍA

    RUSIA SUIZA



     

    INFORMACION COMPLEMENTARIA
     

    - Task Force: Panorámica general

    - Posición oficial del Parlamento Europeo

    - Posiciones oficiales de las demás instituciones y órganos

    - Libro Blanco. Indice

    - Calendario

    - Clasificación Temática:  debates sobre los diferentes aspectos de la ampliación de la Unión Europea y las posiciones adoptadas por los Estados miembros y las  instituciones europeas. Las fichas temáticas se actualizarán conforme avancen las negociaciones

    - Mapas administrativos de los países candidatos

    - Direcciones de interés: Gobiernos, Parlamentos Nacionales, Mundo Académico, Agencias de Prensa

    - Dirección General de Ampliación  (Comisión)

    - Ampliación (Parlamento Europeo)

    - Ampliación (ScadPlus)

    - Conclusiones de la Presidencia. Consejo Europeo de Helsinki (10 y 11 de diciembre de 1999)

    - Reglamento (CE) N 2382/2001 del Consejo de 4 de diciembre de 2001 que modifica el Reglamento (CE)n 1267/1999, por el que se crea un instrumento de política estructural de preadhesión

    - Conclusiones de la Presidencia. Consejo Europeo de Copenhague 12 y 13 de diciembre de 2002