
A
UE creou varias axencias especializadas e descentralizadas en apoio dlos Estados
membros e dos ciudadáns. Estas axencias responden a un desexo de descentralización
xeográfica e á necesidade de facer fronte a novas tarefas de carácter xurídico,
técnico e/ou científico. As axencias da UE agrúpanse en catro categorías
distintas:
Unha
axencia comunitaria é un organismo regulado polo Dereito público europeo,
distinto das institucións comunitarias (Consello, Parlamento, Comisión
etc) e que ten a súa propia personalidade xurídica. Créase mediante
unha disposición de Dereito derivado coa finalidade de que realice unha labor
técnica ou científica moi concreta no eido do «primiero pilar» da Unión Europea.
Créaronse
para cumprir tarefas moi concretas de carácter técnico, científico ou de xestión
no eido da política exterior e de seguridade común (PESC), o «segundo pilar» da
UE.
Créaronse outro grupo de axencias para axudar aos Estados
membros a cooperar na loita contra a delincuencia organizada internacional.
Esta cooperación en materia penal constitúe o «terceiro pilar» da
UE. Neste momento estas axencias son:
As agencias ejecutivas son organizacións creadas
con arreglo ao
Regulamento
do Consello Nº 58/2003 (DO L 11 do 16.1.2003) para encomendarlles determinadas
tarefas relacionadas coa xestión dun ou máis programas comunitarios. Estas axencias
créanse para un período de tempo concreto. Deben localizarse na sede da
Comisión Europea (Bruxelas ou Luxemburgo).