|
Galego / Castellano |
carta de
servizos
contacto
|
| ||||||||||||||||||||||||||||
O plan Schuman supuxo o nacemento dunha Comunidade especializada en dous ámbitos decisivos pero limitados: o carbón e o aceiro. Era necesario transformar este ensaio e continuar pola vía da integración. Baixo a presión da guerra fría, adoptáronse diversas iniciativas nos ámbitos da defensa e da unión política, pero a opinión pública non estaba preparada para aceptalas. Os seis Estados membros da CECA escolleron polo tanto un novo terreo de reactivación no ámbito económico: a creación dun mercado común. O Tratado de Roma de 25 de marzo de 1957 constitutivo da CEE establece institucións e mecanismos de toma de decisións que permiten tanto a expresión dos intereses nacionais como unha visión comunitaria. A Comunidade Europea constitúe no sucesivo o eixe principal arredor do cal se organiza a construcción europea. De 1958 a 1970, os efectos da supresión
de aduanas son espectaculares: o comercio intracomunitario e os intercambios da
CEE co resto do mundo multiplícanse. A partir de 1963, os Estados fundadores da Comunidade Europea, comezan a asinar coas súas antigas colonias africanas unha serie de convenios polos que se garanten a estas determinadas vantaxes comerciais e axuda financeira. O Convenio de Lomé, que segue ó de Yaundé, aplícase na actualidade a setenta países de África, Caribe e o Pacífico. Este convenio convirte á Unión Europea na primeira fonte de axuda pública ó desenvolvemento. A cooperación ampliouse así mesmo, baixo outras formas, á maioría dos países de Asia e de América Latina. O século XXI será testemuña
da afirmación de Europa como potencia de paz sempre que a Unión
favoreza a estabilidade e o desenvolvemento no seo dos grandes conxuntos rexionais
que a rodeen. O seu lugar nos intercambios comerciais mundiais e o seu peso económico
xa fan que a Unión sexa respectada nos grandes foros internacionais tales
como a Organización Mundial do Comercio ou a ONU. Progresivamente, a Unión
apóiase no seu poder económico para desenvolver a súa influencia
política e intervir cunha soa voz. A primeira ampliación da Comunidade Europea, lévase a cabo o 1 de xaneiro de 1973 coa adhesión de Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido. Ó longo dos anos oitenta, a Comunidade amplíase cara o sur de Europa, Grecia, España e Portugal. A terceira etapa de adhesións, en 1995, traduce ó interese dos países da Europa escandinava e central por unirse a unha Unión que consolida o seu mercado interior e maniféstase como o único eixe estable do Continente logo da caída do bloque soviético. Pasando de seis a nove, e de doce, a quince Estados membros na actualidade, a Europa comunitaria incrementa a súa influencia e a súa proxección. Debe conservar un sistema eficaz de toma de decisións, capaz de xestionar o interese común en beneficio de todos os seus membros, conservando simultaneamente as identidades e especificidades rexionais e nacionais que conforman a súa riqueza. A ambición de crear entre os Estados membros un vínculo que lles permita manexar os seus intereses e diferencias segundo as mesmas normas de Dereito e os mesmos procedementos de arbitraxe que unen ós cidadáns dun Estado democrático non é un feito completamente revolucionario na práctica das relacións internacionais. Por este motivo, desde 1979, e cada cinco anos, os parlamentarios europeos, son elixidos por sufraxio universal directo en cada un dos países da Unión. Os cidadáns escollen desta forma deputados que formarán parte non de delegacións nacionais, senón de grupos parlamentarios internacionais, representativos das grandes correntes de pensamento político existentes no Continente. As
institucións comúns, que
articulan e concilian permanentemente os intereses dos cidadáns como tales,
deben ser fortes e equilibradas. A sutil dialéctica que funciona desde
hai preto de cincuenta anos entre o Consello
da Unión, o Parlamento,
a Comisión e o Tribunal
de Xustiza representa sen dúbida un logro esencial da construcción
comunitaria e a clave do seu éxito. A adopción da Acta Única, establece que o 1 de xaneiro de 1993 se realizará totalmente o mercado interior, e outorga ás institucións comunitarias, gracias á ampliación da votación por maioría, os medios para adoptar as 300 directivas necesarias. Co obxectivo do gran mercado interior, a Acta Única asocia estreitamente o obxectivo igualmente esencial da cohesión económica e social: Europa crea así políticas estructurais en favor das rexións menos desenvolvidas ou afectadas por mutacións tecnolóxicas e industriais. Así mesmo, favorece a cooperación en materia de investigación e desenvolvemento. Por último, comeza a considerar a dimensión social do mercado interior: no espírito dos gobernantes da Unión, o bo funcionamento do mercado interior e unha san competencia entre as empresas son indisociables do obxectivo constante de mellora das condicións de vida e de traballo dos cidadáns europeos. A entrada en vigor o 1 de novembro de 1993 do Tratado da Unión Europea, que se asinou en Maastricht, o 7 de febreiro de 1992, outorga á construcción europea unha nova dimensión. A Comunidade Europea cunha ambición e un contido esencialmente económicos transfórmase nunha Unión Europea baseada en tres pilares: o pilar comunitario; a política exterior e a seguridade; e os asuntos de interior tales como a política de inmigración e de asilo, a policía e a xustiza. Pero o que sen dúbida recordarán os cidadáns do Tratado de Maastricht é a decisión que marcará máis concretamente a súa vida diaria: a realización da unión económica e monetaria, que reunirá o 1 de xaneiro de 1999 a todos os países que, mediante o cumprimento dun certo número de criterios económicos, garanten a súa boa xestión financeira e aseguren no futuro a estabilidade da moeda única: o euro (/ipe/euro.html). A posta en circulación da meda única, última etapa lóxica da realización do mercado interior, ten un alcance eminentemente político debido ás implicacións persoais que suporá para cada cidadán, así como polas súas consecuencias económicas e sociais. Podería incluso considerarse que o euro será no futuro o símbolo máis concreto da Unión Europea. Esta moeda forte, capaz de entrar en competencia coas grandes moedas de reserva internacionais, será o signo distintivo da nosa pertenza común a un continente que se une e que se afirma. Posteriormente da sinatura e entrada en vigor do Tratado de Amsterdam, traducen a vontade de proseguir a vía da integración. Reorganizar as políticas comúns, adoptar outras novas en sectores futuros, consolidar o mercado interior sobre a base da moeda única e favorecer así a creación de emprego, garantir a liberdade de circulación dos cidadáns nun espacio de xustiza e seguridade interior, tales son as principais tarefas que se fixaron as institucións para consolidar o edificio antes de abrir as portas ós países candidatos. A Conferencia Intergobernamental, inaugurada o 14 de febreiro de 2000, proponse adaptar as institucións da Unión ás esixencias dunha Europa ampliada, fixándose especialmente no tamaño e a composición da Comisión Europea, a ponderación de votos dos Estados membros no Consello e a posible ampliación do voto por maioría cualificada. Poderán tratarse outros temas na medida en que se deriven da aplicación do Tratado de Amsterdam. No Consello Europeo de Feira (19 e 20 de xuño de 2000), os Estados membros decidiron engadir a cooperación reforzada á orde do día da Conferencia. Agárdase que no Consello Europeo de Niza, que se celebrará en decembro de 2000, se chegue a un acordo, de conformidade co calendario establecido polos Consellos Europeos anteriores. En paralelo ós traballos da CIG, unha Convención integrada por representantes das distintas institucións europeas e parlamentos nacionais, está elaborando unha Carta dos Dereitos Fundamentais. Este texto debería aprobarse antes de fins de ano. A iniciativa "Diálogo sobre Europa", que forma parte a Conferencia Intergobernamental, ofrece ós cidadáns a posibilidade de expresar a súa opinión e debater sobre o futuro de Europa. A reforma das institucións, a ampliación dos dereitos fundamentais constitúen os seus principais temas de debate.
LIGAZÓNS DE INTERESE | ||||||||||||||||||||||||||||


