¿Como nace a idea?
A principios dos anos 90, coa finalidade de dar cobertura informativa
verbo das institucións europeas ós municipios da provincia,
en concreto, e cidadáns, en xeral, iniciáronse os estudios
necesarios para xerar no seo da estructura provincial unha unidade especializada
en información sobre a Unión Europea.
As deputacións poden ser un órgano de enlace axeitado
para a transmisión da información que, producida na UE,
poida ser de interese para os municipios, co convencemento de que o
aloxamento das colectividades locais en relación á Unión
nada bo pode traer, excepto potenciar a nosa realidade de periferia.
Gran parte dos municipios da nosa provincia carecen dos medios técnicos
e económicos para poder desenvolver os servicios que os cidadáns
lles demanden e a lexislación lles impón. Polo tanto,
continuando coa liña da asistencia e cooperación cos municipios,
é a nosa intención iniciar unha nova actividade que, dirixida
ós municipios, permita que poidan acceder a novos instrumentos
técnicos e económicos utilizables a prol da producción
de procesos de desenvolvemento local.
O acceso á información europea pode ser o punto de partida
para a solución dalgúns, e en calquera caso non acceder
a ela significa perder oportunidades para os municipios desta provincia.
Concretando, as razóns que impulsan a creación dun órgano
especializado en facilitar información sobre a Unión Europea
son:
-
O encaixe axeitado desta actividade
nos fins e competencias que a lexislación española a
través da Lei reguladora das bases do réxime local atribúen
ás deputacións provinciais, e en concreto a función
de asistencia e cooperación xurídica, económica
e técnica ós municipios e especialmente a aqueles que
se caracterizan pola súa menor capacidade económica
e de xestión (art.36 da Lei 7/85 de 2 de abril e arts. 30 e
ss. do Real decreto lexislativo 781/86).
-
A Comunidade Autónoma de
Galicia está declarada zona Obxectivo 1 para os
efectos de asignación de Fondos Europeos. A nosa consideración
é que só a través dunha información axeitada,
en tempo e forma dirixida ós entes locais que se integran no
territorio provincial, é posible facer viable o acceso ós
instrumentos financeiros da Unión Europea co fin de facilitar
a viabilidade de proxectos dirixidos a promover desenvolvemento económico
e social.
-
O convencemento de que é necesario
que potenciemos entre todas as institucións a presencia cualitativa
e cuantitativa dos entes locais na construcción de Europa.
Todas estas razóns leváronnos
a solicitar da Comisión Europea un Punto de Información
Europeo.
¿Que é un IPE?
Un IPE é un centro oficial de información pertencente
ás Redes de Información da Dirección Xeral de Prensa
e Comunicación dependente da Comisión Europea.
O IPE realiza catro tipos de funcións:
-
Proporcionar ó público
unha primeira resposta á súa petición de información
sobre a Unión Europea, as súas políticas e os
seus programas;
-
Proporcionar axuda en calquera busca
de información (servicio preguntas/respostas) e proporcionar
acceso, en réxime de consulta, á documentación
oficial (documentos e/ou publicacións das institucións
europeas);
-
Orientar a demanda, cando resulte
necesario, cara outras fontes de información máis apropiadas.
Para iso, o IPE traballará en estreita colaboración
coas demais ligazóns de información comunitarias existentes
a nivel rexional, valorizando así a súa acción;
-
Participar no debate sobre a Unión
Europea (xunto coas demais ligazóns e redes de información
europeas da rexión) mediante a organización de seminarios,
encontros, debates, etc.
Servizos
Para a realización do seu obxectivo,
o IPE presta actualmente os seguintes servicios:
-
Consultas: poderán realizarse
ben persoalmente, mediante fax ou correo electrónico. Todos
os datos necesarios para iso están especificados na nosa páxina.
-
Producción de información:
a través de diferentes medios:
- Dossier mensual: nel recóllense axudas comunitarias e un
formulario de busca de socios, onde se pode redactar un proxecto
para darlle difusión internacional.
- Páxina Web: reflexo da información sobre a Unión
Europea.
- Distribución da información comunitaria:
- Subvencións: actualizadas diariamente no noso sitio web,
mediante unha completa ficha descritiva, onde se inclúen todas
as ligazóns posibles ós servicios de interese.
- Documentos escritos: a documentación recibida está
ó dispor do público en xeral. Tamén se distribúe
ás entidades públicas e privadas rexionais que poidan
estar interesadas na materia correspondente. Realízanse igualmente
dossieres temáticos correspondentes a temas de actualidade
ou de gran demanda.
- Busca de socios: temos ó dispor do público un formulario
para difundilo a través de AEIDL. Igualmente facilitamos información
sobre aqueles proxectos recibidos para busca de socios.
- Outras actividades nas que o IPE tomou e toma parte activa: participación
nun máster en estudios universitarios, cursos de especialización,
participación en distintas redes (técnica e ligazóns
euro da FEMP), elaboración de proxectos, colaboracións
en xornadas, visión de conxunto dos fondos estructurais, convenios,
etc.
Directorio do IPE
EMail: ipe@dicoruna.es
Teléfono: 981-183331
Fax: 981-183354
Xefe do Servicio de Planificación e Control / Director do Info
Point Europa
Xefe da Sección de Publicacións e Información
Manuel Vázquez Sesmonde (manuel.vazquez@dicoruna.es)
Técnicas en Asuntos Europeos
Paula Cabado Brea (paula.cabado@dicoruna.es)
Cristina Couto Palla (cristina.couto@dicoruna.es)
Administrativa
Ángeles Fernández Purriños (angeles.fernandez@dicoruna.es)
Auxiliar Administrativa
Petra Vicente García (petra.vicente@dicoruna.es)
Navegar pola nosa páxina
 |
Volver á páxina de inicio do IPE |
| Seccións principais das que se compón
a web |
Ligazóns externas e internas que
merecen unha especial atención
|
Seccións principais
 |
Unión
Europea: Organización, lexislación, ... e aqueles
outros aspectos relevantes para coñecer a súa estructura
e funcionamento |
 |
Euro: Información
xeral e técnica sobre a moeda única |
 |
Subvencións:
Axudas para proxectos comunitarios |
 |
Formación
e bolsas: "Se é vostede cidadán dun país
da Unión Europea, ten a posibilidade de estudiar e formarse
en calquera outro país da Unión" |
 |
Emprego: Informacións
prácticas relativas á busca de emprego no ámbito
da Unión Europea |
 |
Europa moza: Posibilidades
para a xuventude na nova Europa |
 |
Centros de
información: Quen pode informar sobre as diversas cuestións
comunitarias |
Merlín: Buscador |
 |
Merlín
Europa: Arredor de mil ligazóns onde atopar información
comunitaria. Tamén clasificados tematicamente |
 |
Merlín
Euro: Conxunto de ligazóns dos servidores Euro que poden
ser de grande interese |
|