| |

DESCRICIÓN:
A Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Internacionais
da Universidade da Coruña, en colaboración con Europe Direct
- Deputación da Coruña, convoca 90 estadías en prácticas
para titulados recentes en empresas de Alemaña Francia, Reino Unido,
Italia, Portugal, República Checa, Polonia e Grecia, dentro do programa
Leonardo da Vinci "Prácticas HAC LUCE".
OBXECTIVOS:
Os obxectivos que se perseguen son:
-
Completar a formación teórica recibida coa experiencia
práctica en empresas europeas especializadas
-
Mellorar as competencias lingüísticas e as posibilidades
de emprego dos participantes
-
Obter a acreditación das competencias profesionais
mediante o documento Europass-Mobility, o certificado do curso
de idiomas e o diploma da empresa de acollida
FINANCIAMENTO:
Estas bolsas estarán financiadas con fondos procedentes do Programa Europeo
Leonardo da Vinci, con aportacións da Deputación da Coruña e da propia
Universidade da Coruña. O pago das axudas comprende o 100% dos gastos
de viaxe.
DURACIÓN DAS
PRÁCTICAS:
A duración das estadías será de catorce semanas, das que a primeira será
de adaptación sociocultural e as trece restantes serán de prácticas en
empresas.
SOLICITUDE:
Documentación a presentar:
- Instancia dirixida á Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Internacionais
- Fotocopia do D.N.I.
- Fotocopia do título ou do resgardo de solicitude de expedición
do título
- Curriculum vitae redactado en lingua inglesa
Lugar de presentación: Rexistro xeral da Universidade da Coruña
ou nos rexistros auxiliares (Rexistro do Campus de Ferrol e de Elviña).
A listaxe de persoas seleccionadas e a listaxe de agarda faranse públicas
na páxina web da Universidade da Coruña.
CRITERIOS DE
ADXUDICACIÓN:
A adxudicación das prazas farase en base a criterios como:
-
Nota media simple do expediente académico da
titulación obtida na Universidade da Coruña
-
Nivel de idioma esixido polo país de acollida
-
Adecuación da titulación ao ámbito da práctica
solicitada
-
Motivación para realizar a estadía en prácticas,
que se valorará mediante unha entrevista persoal
PUNTO DE CONTACTO:
O SAEE (Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego) colabora
na difusión desta Convocatoria e informa, tanto nas súas instalacións
da Coruña e Ferrol, como na súa páxina web e no enderezo de correo
electrónico saee@udc.es do procedemento
de solicitude e calquer outro aspecto relacionado con estas estadías.
Asimesmo, desenvolveranse diversas accións informativas nos diversos
Centros Universitarios, cos usuarios do SAEE e do Portal EmpregoUDC
(www.emprego.udc.es).
CONVOCATORIA
DAS BOLSAS
|