Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 

VOLUNTARIADO

 

Vacacións solidarias

Iniciativa de Solidaridade Galicia sobre Vacacións solidarias, dá a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto de cooperación ao desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional.
A través desta iniciativa, os voluntarios/as colaboran durante a súa estancia (3 a 4 semanas) en actividades de proxectos de cooperación en marcha, co propósito de coñecer, traballar e intercambiar coas comunidades que están a traballar pola construción do seu propio desenvolvemento.

O prazo de inscrición abriuse o 6 de maio de 2011 e estará aberto ata cubrir as prazas.
Destinos:
Guatemala: do 4 ao 28 de agosto de 2011.
Perú: do 3 ao 28 de agosto de 2011.
Ecuador: do 1 ao 26 de agosto de 2011.
Bolivia: do 8 ao 31 de agosto de 2011.
Campamentos de Refuxiados Saharauís (Tindouf – Alxeria): do 8 ao 22 de outubro de 2011.

Email de contacto: sensibilizacion@solidaridadgalicia.org

Máis información

Prazas para microproxectos de verán

A Asociación para a integración e progreso das culturas PANDORA oferta as últimas prazas que teñen para os seus microproxectos de verán. Os destinos van máis aló das fronteiras da UE e son propostas moi interesantes para desenvolver en diferentes temas.

Máis información

Campos de traballo en Islandia para primavera e verán

A organización Islandesa SEEDS oferta varios campos de traballo para primavera e verán 2011. Unha oportunidade para coñecer e colaborar en proxectos neste marabilloso país dunha forma diferente. Para participar tes que ter máis de 18 anos, pagar unha cota de participación (que varía segundo o campo de traballo) e o billete de avión.

Máis información

 

Programa Novos Cooperantes

O programa Novos Cooperantes do INJUVE e os servizos de emprego das Comunidades Autónomas, ponse en marcha. Realízase a preselección de candidatos/as mediante oferta xenérica entre quen estean inscritos nas súas oficinas e cumpran cos requisitos.

Para máis Información te podes pór en contacto co Instituto da Mocidade:
Teléfono: 91 363 76 50
Fax: 91 309 30 66
También te informarán no correo electrónico alatina@migualdad.es  ou nas oficinas de emprego da túa Comunidade Autónoma.

 

 


Programa de voluntariado Atenas 2011
Xogos Mundiais de Verán de Olimpíadas Especiais

Fundados en 1968 por Eunice Kennedy Shriver, os Xogos Mundiais de Olimpíadas Especiais celebraranse este verán en Grecia. Desde o 25 de xuño ata o 4 de xullo de 2011, 7.500 atletas de Olimpíadas Especiais de 185 países competirán en Atenas en 22 deportes de tipo olímpico. 2.500 autobuses, 3.000 funcionarios e 25.000 voluntarios participarán nos Xogos, e estímase que 40.000 integrantes das familias dos atletas se desprazarán a Grecia, así como 3.000 representantes dos medios de todo o mundo, que serán acreditados para cubrir e rexistrar os momentos de triunfo, despois do esforzo, e promover as capacidades e logros destes atletas especiais.
Ademais da competición, organizaranse eventos non deportivos especiais, coa finalidade de educar á mocidade e concienciar ao público en xeral acerca de cuestións relacionadas coa integración destas persoas con discapacidades intelectuais nas actividades cotiás da nosa sociedade.
Aléntase aos mozos maiores de 18 anos a participar nesta experiencia única a través do Programa de Voluntariado Atenas 2011.
Solicitude
Folleto informativo
Máis información

 

Portal Europeo da Xuventude - Voluntariado

O voluntariado é a vía de participación na vida en sociedade. A experiencia e habilidades gañadas poden reforzar a seguridade en si mesmo dos mozos, mellorando a súa integración na sociedade e incrementando a súa empregabilidade. O voluntariado significa tamén expresión da solidariedade. Se queres coñecer as diferentes políticas sobre voluntariado entra na seguinte ligazón á páxina da Xuventude da Comisión Europea.

Se es solidario/a, gústache viaxar, es unha persoa activa e queres coñecer as oportunidades que se desenvolven no ámbito do voluntariado para os mozos dende a Unión Europea, visita a páxina da Xuventude, nela atoparás a forma de participación nos programas de voluntariado.


Como participar


Xuventude en Acción é un programa que lles ofrece aos mozos europeos a oportunidade de marcar unha diferenza real no mundo e nas súas propias vidas a través do Servizo de Voluntariado Europeo. Este é un servizo que lles proporciona aos mozos europeos a posibilidade única para expresar o seu compromiso persoal por actividades de voluntariado sen remuneración a xornada completa nun país estranxeiro dentro ou fóra da Unión Europea. Deste modo, isto procura desenvolver a solidariedade, o entendemento mutuo e a tolerancia entre os mozos, así contribúese ao reforzo social da cohesión social na Unión Europea e á promoción da súa cidadanía activa.


Programas

Tamén podes consultar a páxina da Axencia Nacional Española do programa Xuventude en Acción, onde atoparás as diferentes actividades que desenvolve.


O Libro Branco sobre a Xuventude (2001) senta as ideas para o marco da cooperación europea no ámbito da xuventude, as actividades de voluntariado foron incluídas como unha das prioridades para alcanzar e expresar a actividade dos cidadáns, son unha forma social de participación, experiencia educacional e factor da empregabilidade e integración social.