
A
natureza e medio natural é un tema clave e motivo de preocupación
hoxe en día, por iso é importante que os máis mozos coñezan
e se sensibilicen con esta materia.
Nesta materia a Unión Europea
desenvolve amplamente a súa actividade e ademais, na web da Comisión
Europea, dedica un apartado para os mozos onde recolle información
centrada en catro piares básicos: aire,
auga,
residuos e natureza.

Se
estás interesado en saber que fai a Unión Europea para loitar contra
estes problemas e o que podes facer ti, navega polo sitio web da Comisión
Europea de Medio
Natural para mozos, no que encontrarás a preocupación da
UE en temas relativos á calidade do aire, para a mellora da capa de ozono;
tamén a preservación da auga, como elemento esencial para a vida;
o tratamento dos residuos, facendo fincapé na necesidade da reciclaxe e
novas vías de solución; e a natureza, coa súa flora e fauna
alertando da necesidade de protexer as especies en perigo de extinción
e do medio natural.

Dende
o espazo Biodiver,
da Fundación Biodiversidade, ofrécese aos mozos e nenos a oportunidade
de coñecer máis sobre o medio que os arrodea, a través dos
artigos de información, así como de contos para os máis pequenos,
tamén hai un espazo dedicado aos xogos sobre os temas tratados e con diferentes
medios audiovisuais.

Ponse
a disposición da mocidade diferentes espazos web interactivos, relacionados
co ámbito do medio natural e en diferentes linguas, así temos o
espazo KidsRgreen, un
sitio web en inglés, ou o portal francés L'Ecole
agit, son portais pensados para os mozos que queiran explorar e descubrir
os secretos do mundo no que vivimos, con diferentes recursos audiovisuais e documentais
sobre o medio natural, así como un apartado de xogos sobre como aproveitar
os recursos enerxéticos para un desenvolvemento sostible da natureza. Tamén
pon a disposición da xuventude información sobre diferentes zonas
do planeta, como do polo norte, desertos, áreas tropicais, entre outras.

Se
o que buscas é un espazo dedicado a novas sobre a natureza, atoparalo en
Nature Notice.
Neste espazo están a disposición dos máis novos diferentes
artigos que conteñen novas sobre o medio natural e biodiversidade, así
como recursos lexislativos e educativos.

Outro
recurso web para coñecer máis acerca das políticas comunitarias
é o da Axencia Europea de Medio
Natural, ademais poderás visitar a sección de educación,
onde se ofrece a posibilidade aos mozos de xogar e desenvolver os seus coñecementos
nestes temas.

