
A
música, xunto coa lingua e as demais artes, forman parte do ser
humano dende os seus inicios, chegando a constituír uns elementos moi
importantes no desenvolvemento da humanidade.
Dende a Unión
Europea, anímase aos mozos ao desenvolvemento das súas
actividades artísticas e musicais, para iso cóntase con programas
de apoio ao desenvolvemento artístico e musical, promóvese a mobilidade
estudantil e intercambios, aparecendo unha rede de erasmus que levan a cabo unha
experiencia enriquecedora agrupándose baixo a rede Polifonía
(Erasmus Thematic Network for Music).
.jpg)
A
rede Polifonía é
un proxecto financiado pola Comisión Europea que se preocupa da actividade
profesional musical que se produce no ámbito europeo, sendo o proxecto
europeo máis grande sobre a música profesional ata o momento, con
máis de 60 institucións no campo da educación e profesión
musical en 30 países europeos. Coordínao conxuntamente o Royal
College of Music in Stockholm e a Asociación
Europea de Conservatorios. Polifonía está apoiada pola Rede
Erasmus da Unión Europea ata o 1 de outubro
de 2010. O primeiro período de Polifonía (2004-2007) foi declarado
pola Comisión Europea como exitoso.

Outro
sitio web de interese é Study
Music in Europe (Estuda Música en Europa, parte do proxecto Study
in Europe), que brinda información a estudantes de música que están
interesados en cursar estudos de música nun conservatorio, unha academia
de música, unha musikhochshule ou unha facultade de música en Europa.
Dende este portal pódese acceder a sitios web de institucións de
educación e formación musical superior, con información sobre
temas nacionais de educación superior en música e sobre aspectos
prácticos para os estudantes. A Asociación
Europea de Conservatorios é a responsable da realización deste
sitio web no marco do proxecto "Mundus Musicalis", en colaboración
con organizacións sociais a nivel mundial e co apoio financeiro do programa
ERASMUS
MUNDUS da Unión Europea.

No
sitio web Study
in Europe atoparás información relativa ás posibilidades
de estudo e das condicións de vida nos diferentes países europeos
que conforman o Espazo
Europeo de Educación Superior.