
A
lingua, xunto coas demais artes, forman parte do ser humano dende os seus inicios,
converténdose en elementos moi importantes no desenvolvemento da humanidade.
O coñecemento da lingua é fundamental para poder traballar
xuntos na Unión Europea, xa que facilita o entendemento entro os
diferentes pobos que a conforman. Ademais, a lingua é un patrimonio que
hai que coidar, xa que o dominio dos idiomas contribúe a aumentar a competitividade
e mobilidade das empresas e dos cidadáns.
A Comisión Europea
fomenta a aprendizaxe de linguas, promove o multilingüismo, a
todos os niveis para que os cidadáns poidan aproveitar ao máximo
as oportunidades que brinda o proxecto europeo, preocupándose de preservar
a diversidade lingüística de Europa e sendo vínculo con
outras culturas; todos eles mediante o coñecemento das linguas, o aumento
dos recursos para a aprendizaxe de idiomas, o desenvolvemento e compartir ferramentas,
métodos e materiais de ensinanza. Tamén se intenta sensibilizar
aos cidadáns sobre a importancia dos coñecementos de linguas para
a boa marcha da economía e para a cohesión social.
A meta
da política lingüística é lograr que todos os cidadáns
da UE poidan falar, polo menos, dúas linguas ademais da súa lingua
materna. Para iso, disponse dunha serie de recursos ao alcance dos cidadáns,
por medio dos programas Comenius,
Leonardo;
Erasmus
e Erasmus
Mundus, Grundtvig,
voluntariado,
cooperación e visitas; búscase que os cidadáns sexan quen
de desenvolver e mellorar as linguas, a través de intercambios escolares,
mobilidade profesional, estancias noutros países da Unión Europea,
etc.
A Comisión Europea desenvolveu unha actividade-concurso baixo
o título Juvenes
Translatores, con ela incentivouse entre os xóvenes o coñecemento
da lingua e ademais o interese pola tradución e interpretación de
textos, reflectindo a importancia que ten o coñecemento das linguas en
Europa. Este ano tamén podes participar, consulta a seguinte ligazón
onde encontrarás a información de participación.
Se
estás interesado en saber como soan as diferentes linguas oficiais de Europa
preme na ligazón de Linguas
en Europa e poderás escoitar o idioma desexado mentres ves a súa
grafía.
No sitio web da Comisión Europea dedicado ás
linguas podes encontrar:
1) historia
e familias lingüísticas
2) linguas
oficiais da UE
3) linguas
rexionais e minoritarias, e
4) linguas
xestuais que hai en Europa
5) financiamento
a través de diferentes vías.
