O deporte
é unha parte esencial da vida de millón de cidadáns europeos,
aínda que non é unha competencia directa da Unión Europea,
moitas das políticas están relacionadas co mesmo. Se consultas
a web da Comisión Europea da Xuventude, no apartado de deportes
verás os diferentes temas cos que se relaciona. No portal tamén
poderás atopar as posibilidades de financiamento
no ámbito do deporte.
A páxina de Eurolympic
organiza os diferentes Comités Olímpicos Nacionais Europeos,
formando unha asociación deles, os cales non teñen ánimo
de lucro e organizan as responsabilidades públicas que se basean na
extensión por toda Europa dos ideais Olímpicos, a educación
da xuventude polo deporte nun espírito de mellor comprensión, amizade
e respecto para o ambiente, a promoción de cooperación entre esta
asociación para a investigación, estudo de intereses comúns,
informacións e defensa de actitudes comúns, e o desenvolvemento
dos programas de Solidaridade Olímpicos do Comité Olímpico
Internacional. Tamén recolle a súa organización, o newsletter
mensual, actividades e novas de eventos deportivos e de actualidade.

Tamén
relacionada con esta web anterior está a páxina do Comité
Olímpico Español (COE), que recolle as noticias relacionadas
co deporte, as oportunidades para os atletas, bolsas, e demais temas de formación
neste ámbito. Igualmente atópase na web do European
Olympic Committee (Comité Olímpico Europeo).
Outras webs que recollen novas de interese son a Special
Olympics Europe/Eurasia e Special
Olympics Spain, organismo creado co obxectivo de promover a práctica
habitual do deporte entre as persoas con discapacidade intelectual, para que
aprendan, gocen e se beneficien da participación activa en deportes individuais
e colectivos. Tamén recolle as convocatorias de campionatos e demais eventos
deportivos.

A
páxina Sport in Europe
(Deporte en Europa) comeza a funcionar baixo o marco do proxecto Jean Monnet,
financiado pola Comisión Europea. O proxecto e a web coordínaas ambas o Instituto
do Desenvolvemento do Deporte Europeo e Ocio e Estudos da Universidade Deportiva
Alemá. Céntrase na relación entre a Unión Europea e o Deporte, nela atoparás a
relación que se establece entre a UE e o deporte para os países que a integran.

Galicia
atópase inmersa dentro do Eixo
Atlántico do Noroeste Peninsular, o que se supón que se adopten medidas
conxuntas en diferentes temas que son de interese para a sociedade europea e o
seu desenvolvemento, por iso, teñen unha sección dedicada aos deportes
na cal podes visualizar as actividades que se desenvolven e os xogos que organizan.
