Se
es mozo/a e estás interesado na ciencia nesta páxina tes á
túa dispoñibilidade os recursos relacionados coa ciencia, astronomía,
investigación, tecnoloxía e experimentación neste campo,
coas novidades da Axencia Espacial
Europea e outas entidades, encargadas do desenvolvemento científico
e tecnolóxico en Europa.
Na páxina da Axencia
Espacial Europea (ESA) encontrarás as oportunidades de
emprego e de prácticas
de aprendizaxe nesta organización, consulta a páxina web
e encontrarás as vacantes de emprego dispoñibles, as oportunidades
de prácticas segundo sexas estudante, doutorado ou demais. Ademais, ofrécese
información sobre a ciencia en Europa.
Na
Axencia Espacial Europea, tamén se ofrece aos máis pequenos
un espazo dirixido a eles baixo o título ESA
Kids, onde se dá a oportunidade de coñecer e aprender
de forma divertida e interactiva conceptos relacionados coa ciencia
a través dos xogos que se presentan.

Este
ano 2009 está dedicado ao Ano
Internacional da Astronomía, é importante porque dende aquí
preténdese dar a coñecer a ciencia dende o ámbito astronómico,
poderás encontrar na web diferentes recursos
documentais e multimedia (na web en inglés)
así coma actividades
que se fan con relación a estes temas.
A
Comisión Europea quere que a ciencia sexa algo divertido para os
máis mozos, así presenta un proxecto de colaboración
entro o consorcio de museos da ciencia, centros de investigación, universidades,
outras organizacións e profesores, este proxecto finánciao a Comisión
Europea. O obxectivo do proxecto NUCLEUS
é incentivar o interese, entre a mocidade, da ciencia e mellorar o seu
ensino. A iniciativa tende a man a profesores, alumnos, científicos,
comunicadores e educadores, e desenvolve o portal Xplora,
onde os profesores e alumnos poden ver novas científicas así coma
gozar doutras vantaxes se se rexistran.

Unha
páxina que che será útil para coñecer as políticas
da Unión Europea é Research,
dependente da Comisión Europea. A través da iniciativa "a
Ciencia na Sociedade" búscase estimular unha integración
harmoniosa do esforzo científico e tecnolóxico e a política
de investigación asociada na sociedade europea. Anima a discutir sobre
a ciencia e a tecnoloxía e a relacionala coa sociedade e a cultura, baseándose
na capacidade da sociedade europea para crear e explotar o coñecemento
e innovar.
Unha
páxina de utilidade é Science
in Europe (Ciencia en Europa), unha web onde encontrarás
diferentes ligazóns a sitios web dos diferentes países integrantes
da Unión Europea sobre temas diferentes do ámbito científico.

A
última páxina European Science
Foundation (Fundación Europea da Ciencia) podes ver a información
dividida por áreas temáticas de investigación, as actividades
que se desenvolven, publicacións, así como as ofertas
das oportunidades
de financiamento e de emprego.
