Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

 

Formación y Becas

 
 

 

Máster en estudos da Unión Europea
Curso 1999-2000

 

 

 
  Consello de dirección
 
Director

Dr. D. José Manuel Sobrino Heredia
Catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Titular da Cátedra Jean Monnet de Dereito Comunitario.
Director do IUEE "Salvador de Madariaga"
Universidade da Coruña

 

Subdirector

Dr. D. Javier Sanz Larruga
Profesor titular de Dereito Administrativo
Titular do Módulo Jean Monnet de Dereito Comunitario do Medio
Universidade da Coruña

 

Coordinador da área xurídica

Dr. D. Jorge Pueyo Losa
Catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Universidade de Santiago de Compostela

 

Coordinador da área económica

Dr. D. Antonio Erias Rey
Catedrático de Política Económica
Decano da Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Universidade da Coruña

 

Coordinadora de clases prácticas e seminarios

Dra. Dª. Isabel Lirola Delgado
Profesora de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Decana da Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Universidade de Santiago de Compostela

 

Coordinador das actividades do máster coa AGEE

D. Juan Manuel García Elespp
Presidente da AGEE

 

Comité académico

Dr. D. Manuel Díez de Velasco Vallejo
Catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Membro do Institut de Droit International
Antigo Maxistrado do Tribunal Constitucional
Antigo Xuíz do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas
Conselleiro do Consello de Estado

Dr. D. José Luis da Cruz Vilaça
Profesor de Dereito Comunitario
Director do Instituto de Estudos Europeos da Universidade Lusíada de Lisboa
Antigo Presidente do Tribunal de Primeira Instancia das Comunidades Europeas
Antigo Avogado Xeral do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas
Avogado Bufete Pereira e Asociados, Lisboa

Dr. D. Manuel Pérez González
Catedrático de Dereito Internacional Público
Director do Centro de Documentación Europea da Universidade Complutense de Madrid

D. Santiago Martínez Lage
Diplomático
Director da Gaceta Xurídica da CE
Secretario Xeral da Asociación Española de Estudos Europeos
Avogado, Bufete Matínez Lage e Asociados, Madrid

Dr. D. Kurt Riechenberg
Profesor de Dereito Comunitario
Letrado Xefe do Gabinete do Presidente do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas, Luxemburgo

Dr. D. Michael Keating
Profesor de Ciencias Políticas
Universidade de Western Ontario. Canadá
Visiting Professor of Government, Universidade de Strathclyde (Glasgow), Reino Unido

 

Informacións xerais

Organiza

Instituto Universitario de Estudos Europeos "Salvador de Madariaga" da Universidade da Coruña en colaboración coa Asociación Galega de Estudos Europeos

Obxectivo

Formación de profesionais cualificados en Dereito e Economía da Unión Europea coa finalidade de responder á necesidade crecente que destes teñen as distintas administracións -local, autonómica, nacional e comunitaria-, así como as empresas, e, en xeral, os axentes económicos e xurídicos que están chamados a operar nun Mercado único e cunha Moeda única, rexidos, esencialmente, polo Dereito comunitario.

Alumnos

Licenciados universitarios, preferentemente en Dereito, CC. Económicas, CC. Empresariais, CC. Políticas e da Administración Socioloxía e Humanidades.

A admisión ao curso decídea un Comité de Admisión, tendo en conta o Currículum Vitae, o expediente académico dos candidatos e despois de manter unha entrevista persoal.

Titulación

Título de Máster Universitario en Estudos da Unión Europea pola Universidade da Coruña (título propio da Universidade, por acordo adoptado pola súa Xunta de Goberno con data do 15 de xullo de 1998).

Profesores

Profesores de Universidade e outros especialistas de recoñecida competencia en Dereito e Economía da Unión Europea.

Duración e organización

Para obter o Máster en Estudos da Unión Europea, téñense que cursar un mínimo de 50 créditos (500 horas) distribuídos da seguinte maneira:

- 42 créditos de ensino teórico e práctico (36 no marco do Programa e 6 en actividades de Seminario) e

- 8 créditos mediante a elaboración dunha Memoria de Investigación.

O curso académico iniciarase o mes de outubro de 1998 e rematará o mes de xuño de 1999. O alumnado terá até o mes de setembro para a presentación e defensa da súa Memoria de investigación.

As clases serán de luns a xoves a razón de tres horas diarias entre as 17 e as 20 horas. O venres, de 17 a 19 horas, estará dedicado aos seminarios.

As clases terán lugar na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña e as actividades lectivas e seminarios contarán co apoio do CIDEC (Centro de Documentación Europea que pertence á rede de centros de información creada pola Comisión Europea) sito na citada Facultade, Campus de Elviña, s/n 15071 A Coruña. Tlfno.: (34) 981.16.70.00 (ext. 1628). Correo electrónico: cde@udc.es, así como do Instituto Universitario de Estudos Europeos "Salvador de Madariaga".

Sistema de avaliación

Dado que os estudos son eminentemente prácticos, irase avaliando ao longo de todo o curso a participación do alumnado na elaboración de casos prácticos, ditames e preparación de proxectos comunitarios. Ademais, será requisito indispensable para a obtención do Título de Máster en Estudos da Unión Europea, a realización e defensa dunha Memoria de Investigación para cuxa preparación cada alumno contará cun titor de investigación.

Matrícula e admisión

Nº de prazas: 35

Importe da matrícula: 450.000 ptas. Existe un programa de bolsas.

A solicitude de admisión no máster poderase efectuar, do 1 de setembro ao 15 de outubro no Instituto Universitario de Estudos Europeos "Salvador de Madariaga" da Universidade da Coruña. Casa da Galería, Campus de Elviña, s/n. 15071 A Coruña. Tlfno.: (34) 981.16.70.00 (ext. 1966). Fax: (34) 981.16.70.13 Correo electrónico: iuee@udc.es

 

Programa

Parte xeral

  1. A formación da UE.
  2. A estrutura do tratado da UE
  3. O cidadán na UE
  4. O sistema institucional da UE
  5. A integración xurídica: o ordenamento xurídico comunitario
  6. A integración económica e monetaria da UE

Parte especial

  1. As relacións internacionais da UE
  2. Réxime financeiro e tributario da UE
  3. Dereito de sociedades e propiedade intelectual e industrial no marco do ordenamento xurídico comunitario
  4. Dereito social europeo
  5. Cohesión económica e social
  6. A política comunitaria do medio natural
  7. Saúde pública e protección dos consumidores
  8. Política de transportes
  9. Política das telecomunicacións
  10. Política industrial e investigación + desenvolvemento
  11. Educación, formación profesional, xuventude e cultura
  12. Política da empresa, comercio, turismo e economía social
  13. Política agrícola común
  14. Política común da pesca

Seminarios

  • Aprendizaxe en técnicas de elaboración e xestión de proxectos comunitarios. Titorizado por CIDEAL (Centro de Comunicación, Investigación e Documentación Europa - América Latina) e co apoio técnico do Info Point Europa da Deputación da Coruña.
  • Formación en técnicas telemáticas para o acceso a bases de datos comunitarios. Titorizado por CIDEC (Centro de Información, Documentación e Estudos Comunitarios).
  • Terminoloxía comunitaria xurídica e económica en francés e inglés.

Prácticas

  • Prácticas en institucións públicas e privadas (Fundación Galicia-Europa, Info Point Europa da Deputación da Coruña, CIDEAL e CIDEC)
  • Prácticas en despachos de avogados e consultorías

Intercambios de alumnado

  • Co Instituto de Estudos Europeos da Universidade Lusíada de Lisboa

Conferencias

Coordinadas pola AGEE

  • A participación da Comunidade Autónoma de Galicia na UE
  • Os Lobbies europeos
  • A política audiovisual europea
  • O sector pesqueiro galego ante a revisión da Política Común da Pesca
  • A vida política e parlamentaria da UE
  • O acceso á función pública na UE
  • O réxime lingüístico na  UE
  • Os fondos estruturais e Galicia
  • A UE nas relacións comerciais internacionais
  • Un espazo xudicial europeo
  • A tradición romanística na cultura xurídica europea

 

Claustro de profesores e colaboradores exteriores

Dra. Dª Montserrat Abad Castelos
Profesora. Titular Interina de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais. Universidade da Coruña

Dr. D. Xoaquín Álvarez Corbacho
Catedrático de Facenda Pública. Universidade da Coruña

Dr. D. Manuel Areán Lalín
Catedrático de Dereito Mercantil. Universidade da Coruña

Dr. D. Carlos Aymerich Cano
Prof. Titular de Dereito Administrativo. Universidade da Coruña

Dr. D. Gonzalo Barrio García
Prof. Axudante de Dereito Administrativo. Universidade da Coruña

D. José Manuel Blanco González
Asesor Xurídico na Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior. Xunta de Galicia

D. Ángel Boixareu Carrera
Director Xeral na Secretaría Xeral do Consello da Unión Europea. Bruxelas

Dr. Miguel Caamaño Anido
Prof. Titular de Dereito Financeiro e Tributario. Director do máster en Dereito de Empresas. Universidade da Coruña

Dr. D. José Manuel Calderón Carrero
Prof. Titular Interino de Dereito Financeiro e Tributario. Universidade da Coruña

Dr. D. Luis Caramés Vieitez
Catedrático de Economía Aplicada. Universidade de Santiago de Compostela

D. Carlos Dans Gárate
Doutor Enxeñeiro Agrónomo. Xunta de Galicia

Dr. D. Antonio Erias Rey
Catedrático de Política Económica. Decano da Facultade de CC. Económicas. Universidade da Coruña

Dr. D. Andrés Faiña Medín
Catedrático de Análise Económica. Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea. Director Xeral de Planificación Económica. Xunta de Galicia

Dr. D. Alejandrino Fernández Barreiro
Catedrático de Dereito Romano. Decano da Facultade de Dereito. Universidade da Coruña

D. Jesús Gamallo Aller
Subdirector Xeral de Acción Exterior. Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Acción Exterior. Xunta de Galicia

Dra. Dª Marta García Pérez
Profa. Titular de Dereito Administrativo. Universidade da Coruña

D. Manuel Gómez Galán
Director do Centro de Documentación, Investigación e Documentación Europa - América Latina (CIDEAL). Madrid

Dr. D. Antonio Grandío Dopico
Presidente do Colexio de Economistas de Galicia. Catedrático de Economía Aplicada I. Universidade da Coruña

Dra. Dª Isabel Lirola Delgado
Profesora Titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais. Universidade de Santiago de Compostela

Dr. D. Josefina Martínez Barbeito
Catedrática de Economía Aplicada. Directora do Servizo de Relacións Internacionais da Universidade da Coruña

Dr. D. Jesús Martínez Girón
Catedrático de Dereito do Traballo. Universidade da Coruña

D. Manuel Morán García
Subdirector Xeral. Secretaría de Relacións coa UE e Acción Exterior. Director da Fundación Galicia-Europa en Bruxelas

Dr. D. Antonio Carlos Pereira Menaut
Prof. Titular de Dereito Constitucional. Titular dun Módulo Jean Monnet sobre a "Constitución Europea". Universidade de Santiago

Dra. Dª. Teresa Ponte Iglesias
Profesora Titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais. Titular do Curso Permanente de Dereito Comunitario. Universidade de Santiago

Dr. D. José Antonio Portero Molina
Catedrático de Dereito Constitucional. Universidade da Coruña

Dr. D. Jorge Pueyo Losa
Catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Inernacionais. Universidade de Santiago

Dra. Dª. Adela Rey Aneiros
Profesora Asociada de Dereito Internacional Público e Relacións Inernacionais. Universidade da Coruña

Dr. D. Miguel Domingo Rodríguez Bugarín
E.T.S. de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos. Universidade da Coruña

Dr. D. Eloy Rodríguez Gayán
Profesor Titular de Dereito Internacional Privado. Universidade da Coruña

D. Juan Rodríguez Yuste
Secretario Xeral. Secretaría Xeral de Relacións coa UE e de Acción Exterior. Xunta de Galicia

Dr. D. Javier Sanz Larruga
Profesor Titular de Dereito Administrativo. Titular dun Módulo Jean Monnet de Dereito comunitario do Medio Natural. Universidade da Coruña

Dr. D. José Manuel Sobrino Heredia
Catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais. Cátedra Jean Monnet de Dereito Comunitario. Universidade da Coruña

D. Víctor Vázquez Portomeñe
Asesor Xurídico do Conselleiro de Economía e Facenda. Consellería de Economía e Facenda. Xunta de Galicia

 

Entidades colaboradoras

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña

Cátedra Jean Monnet de Dereito Comunitario

Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial

Centro de Comunicación, Investigación e Documentación Europa-América Latina (CIDEAL). Madrid

Centro de Documentación Europea da Universidade da Coruña

Deputación da Coruña (Info Point Europa)

Fundación Caixa-Galicia

Fundación Galicia-Europa. Oficinas de Santiago e Bruxelas

Bufete Garrigues & Andersen, Madrid, A Coruña, Vigo

Bufete Martínez Lage e Asociados, Madrid

Bufete Pereira e Asociados, Lisboa

Iltre. Colexio de Avogados da Coruña

Iltre. Colexio de Economistas de Galicia

 

Información

 

Dª. Muriel Bouvier
Secretaria Instituto Universitario de Estudos Europeos "Salvador de Madariaga"
Casa de Galería
Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña (España)

Tlf.: (34) 981.16.70.00 Ext. 1966
Fax: (34) 981.16.70.13
Correo electrónico: iuee@udc.es
Internet: http://www.udc.es/uep/m19.htm