|
Galego / Castellano |
carta de
servizos
contacto
![]() |
|||||||||||||||||||||||
|
A I Feira Europea de Emprego foi organizada pola Universidade da Coruña e Europe Direct A Coruña da Deputación da Coruña (centro oficial de información da Comisión Europea). Para a realización da Feira Europea, as entidades organizadoras contaron coa colaboración da Xunta de Galicia, Consellería de Traballo, Secretaría Xeral de Igualdade e Instituto Galego de Promoción Económica. Ademais, colaboraron en calidade de patrocinadores Caixa Galicia, Caixanova, Blusens e Telefónica.
O obxectivo xeral da feira foi promover o encontro directo entre os universitarios, titulados recentemente e emprendedores coa universidade, as empresas e as institucións relacionadas co emprego. Os destinatarios responderon ao grupo obxectivo de persoas universitarias, recén tituladas e emprendedoras. Lugar: A Feira Europea de Emprego tivo lugar no Campus de Elviña da Universidade da Coruña nas tres sedes da Facultade de Dereito, Facultade de Informática e LERD. Data: A Feira Europea de Emprego celebrouse os días 6 e 7 de novembro de 2008. A páxina web oficial da feira presentouse integramente en tres linguas: galego, castelán e inglés cos seus correspondentes enderezos web: http://www.feriaeuropeadeempleo.eu
|
|||||||||||||||||||||||
|
|