O Sistema Monetario Europeo
O sistema monetario europeo (SME) creouse
en 1979 co obxectivo de crear un mecanismo de tipos de cambio entre
as moedas europeas e suscitar un achegamento das respectivas situacións
e políticas económicas.
O SME componse de catro elementos:
-
o euro
-
o mecanismo de cambio e
intervención
-
os mecanismos de apoio
e de crédito, e
-
o Fondo Europeo de Cooperación
Monetaria
1.O euro
O euro, unidade de conta europea, é a unidade de medida de
todas as operacións do SME. Defíneselle como unha cesta
de moedas, xa que o seu valor é igual á suma de cantidades
fixas de cada moeda comunitaria, calculadas por referencia á
importancia económica de cada país.
As moedas dos Estados membros da UE que o eran antes do TUE, entran
na composición do ecu. Desde a creación do ecu, a composición
da cesta foi modificada en diferentes ocasións, a previsión
era que se realizase cada cinco anos, para ter en conta a evolución
das distintas moedas, en base a tres criterios:
1) participación no volume de negocio comunitario;
2) o PIB;
3) a cota no FECOM.
A partir da entrada en vigor do TUE a composición do ecu non
se modifica, aínda que se varía o peso relativo de cada
moeda debido a que as súas cotizacións fluctúan
constantemente no mercado de divisas. Desde o 21.09.1989, as porcentaxes
respectivas das moedas nacionais na composición do ecu quedaron
fixadas do seguinte xeito (reflectíndose paralelamente o seu
valor medio durante o mes de xaneiro de 1998):
Moeda
|
Porcentaxe
|
Valor medio xaneiro 98
|
| Marco alemán |
30,10% |
1.975810 DM |
| Franco francés |
19,00% |
6.616820 FF |
| Libra esterlina |
13,00% |
0.665059 UKL |
| Lira italiana |
10,15% |
1944.670 LIT |
| Franco belga/lux. |
07,90% |
40.75970 BLF |
| Florín holandés |
09,40% |
2.226630 HFL |
| Peseta española |
05,30% |
167.4740 PTA |
| Coroa danesa |
02,45% |
7.525520 DRK |
| Libra irlandesa |
01,10% |
0.786808 IRL |
| Escudo portugués |
00,80% |
202.1060 ESC |
| Dracma grego |
00,60% |
312.3250 DRA |
|
De acordo co art. 109 G do TUE, a composición do euro
non pode ser modificada, tratando de establecer unha garantía
para a estabilidade da moeda europea: se unha das moedas que o
compoñen se devaluase non conlevaría unha devaluación
do euro, pois o importe permanece invariable, diminuíndo
unicamente a parte porcentual da moeda correspondente na cesta.
De forma paralela ó euro oficial, utilizado no marco do
SME e para o presuposto da Comunidade, desenvolveu unha importante
esfera de actuación do euro privado desde 1979, cando algúns
bancos belgas abriron ás institucións europeas,
tralo previo pedimento destas, contas á vista e a prazo
en euros. A verdadeira expansión do ecu privado data da
creación dun sistema de compensación entre os grandes
bancos en 1982. Desde entón, todos os Estados membros recoñeceron
xuridicamente o euro como unha moeda estranxeira. Así mesmo,
o mercado interior do euro coñeceu unha grande auxe desenvolvéndose
un mercado a moi longo prazo, proba da confianza dos investidores
no futuro da moeda única europea.
As funcións esenciais do euro son:
í ser o denominador (numerario)
no mecanismo de cambio
í ser a base sobre a que
se establece un indicador de diverxencias
í ser o denominador para
as operacións tanto no mecanismo de intervención como
no mecanismo de crédito
í ser o medio de pagamento
entre as autoridades monetarias na CEE.
2. O mecanismo de cambio e intervención
O SME introduce un mecanismo de cambios entre as moedas do sistema
que nel participen coa obriga de limitar as fluctuacións dentro
dunhas marxes prefixadas.
Para as moedas participantes, as marxes de fluctuación autorizadas
dentro do mecanismo de cambios do SME é do +-2,25% (6% para
a peseta e a libra esterlina) en relación coa cotización
do tipo de referencia fixado en ecus por decisión do Consello
de Ministros da Comunidade e que só pode ser modificada de
mutuo acordo. Este é un dos aspectos esenciais do SME: o patrón
de referencia das moedas da Comunidade non é exterior (ouro,
dólar, ien, etc.) senón interior ó sistema. A
evolución das moedas do SME entre elas, está ligada
á evolución das economías do SME.
Para corrixir as previsibles desviacións que poñan
en perigo o cumprimento destes compromisos (cotizacións máximas
e mínimas), os bancos centrais teñen a obriga de intervir
cos medios ó seu dispor nos mercados de cambio co fin de garantir
o mantemento dos tipos dentro desa banda de fluctuación, dispoñendo
dun dereito automático a recibir financiamento en contía
limitada dos demais bancos centrais.
3. Os mecanismos de apoio e de crédito
Para facilitar a xestión do mecanismo de cambio e o financiamento
de déficits das balanzas de pagamento existen tres mecanismos
de crédito:
a) Financiamento a moi curto prazo (FMCP): o seu obxectivo
é financiar as intervencións obrigatorias en moedas
comunitarias. Consiste nunha liña de crédito de importe
e duración (un mes, 45 días, prorrogables por tres meses)
limitados que se abren reciprocamente, nas súas moedas, os
bancos centrais que están participando no mecanismo de cambio.
b) Apoio monetario a curto prazo: trátase dun crédito
recíproco entre os bancos centrais da Comunidade; a súa
contía tamén é limitada así como o seu
prazo (tres meses prorrogables ata nove meses).
c) Colaboración financeira a medio prazo: trátase
dun crédito recíproco que poden concederse os Estados
da Comunidade para un prazo entre dous e cinco anos.
4. O Fondo Europeo de Cooperación
Monetaria (FECOM)
Creado en 1973, o FECOM representou un dos elementos fundamentais
do SME ata a súa disolución a comezos da segunda fase
da UEM, na que se traspasan as súas funcións e competencias
ó Instituto Monetario Europeo.
Dotado de personalidade xurídica, administrábase por
un Consello composto de membros do Comité de Gobernadores dos
Bancos Centrais e da Comisión. A súa función
consistía en facilitar as intervencións nos mercados
de divisas, efectuar as liquidacións entre os bancos centrais
e xestionar as facilidades crediticias a curto prazo que se conceden
os bancos centrais emisores para poder facer fronte ás intervencións
necesarias en cada momento.
Co SME, os bancos centrais quedaron obrigados a poñer a dispor
de FECOM ó 20% das súas reservas en ouro e divisas.
Como contrapartida a este depósito, o FECOM emitía ecus
que os países utilizaban para devolver as débedas contraídas
a moi curto prazo, co fin de soster a súa moeda. Esta posta
a disposición realizábase baixo a forma de créditos
cruzados (swaps) que se renovaban cada tres meses.
O Instituto Monetario Europeo (IME)
Coa entrada en vigor da segunda fase da UEM, de acordo co disposto
no art. 109 F do Tratado da UE, o IME comezou a funcionar oficialmente
desde principios de xaneiro de 1994, aínda que xa era operativo
en novembro de 1993.
O IME asumiu as funcións do comité de bancos centrais
da CE e é o predecesor do Sistema Europeo de Bancos Centrais
(SEBC) e o Banco Central Europeo (BCE), trala disolución do
IME ó iniciarse a terceira fase da UEM o 1 de xaneiro de 1999.
A tarefa principal encomendada ó
IME era a de preparar esta terceira fase, o que implicaba principalmente
desenvolver os instrumentos e procedementos necesarios para o establecemento
dunha política monetaria común. Outras funcións
que se lle asignaron a este instituto foron as de:
-
reforzar a cooperación entre
os bancos centrais
-
coordinar as políticas monetarias
nacionais e conseguir a súa converxencia cara o obxectivo
da estabilidade de prezos
-
supervisar o SME e asumir as funcións
do FECOM
- contribuír á introducción do euro
- fomentar a eficiencia das transaccións financeiras transfronteirizas
- supervisar a preparación técnica dos futuros billetes
de banco
O órgano central de decisión
era o Consello do IME, formado polos gobernadores dos bancos centrais
nacionais; cada un dos seus membros dispoñía dun voto.
Non podía solicitar nin aceptar instruccións de ningunha
institución comunitaria ou goberno nacional. Polo xeral, adoptaba
decisións por maioría simple; non obstante, os dictames
e recomendacións tiñan que ser aprobados por maioría
de dous tercios, mentres que para a súa publicación se
requería unanimidade. O IME estaba facultado para preparar, asesorar
e coordinar, aínda que non dispoñía de verdadeiros
poderes de política monetaria, é dicir, non podía
intervir nos mercados de divisas, co que non estaba facultado para exercer
unha verdadeira autoridade. Tratábase, en definitiva, dunha institución
de transición.
O Comité Monetario e o Comité
Económico e Financeiro
Ademais do IME, o art. 109 C do TUE prevía a existencia doutros
dous organismos: o Comité Monetario, de carácter consultivo,
e o Comité Económico e Financeiro.
1. O Comité Monetario
Tiña como finalidade promover a coordinación das políticas
dos Estados membros en todo o necesario para o funcionamento do mercado
interior. As súas funcións concretábanse en seguir
a situación monetaria e financeira dos Estados membros e da
CE, así como o réxime xeral de pagamentos, informándolle
ó Consello e á Comisión; emitir dictames, por
propia iniciativa ou tralo previo pedimento para o Consello e a Comisión;
contribuír á preparación dos traballos do Consello;
e examinar, polo menos unha vez ó ano, a situación relativa
ós movimentos de capitais e á liberdade de pagamentos.
2. O Comité Económico e Financeiro
Substitúe ó Comité Monetario ó inicio
da terceira fase da UEM, cumpre as seguintes funcións: emitir
dictames, por propia iniciativa ou tralo previo pedimento para o Consello
e a Comisión; seguir a situación económica e
financeira dos Estados membros e da Comunidade; colaborar na preparación
dos traballos do Consello en relación coa UEM; e examinar,
polo menos unha vez ó ano, a situación relativa ós
movimentos de capitais e á liberdade de pagamentos. O Comité
está formado por membros nomeados pola Comisión, o Banco
Central Europeo e os Estados membros, designando cada un deles un
número máximo de dous.
O Sistema Europeo de Bancos Centrais e o
Banco Central Europeo
No momento de entrada na terceira fase da UEM disólvese o
IME e créase o Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC) e
o Banco Central Europeo (BCE).
O art. 4 A do Tratado da UE dispón, conforme ós procedementos
previstos no presente Tratado, a creación dun Sistema Europeo
de Bancos Centrais (denominado no sucesivo SEBC) e un Banco Central
Europeo (denominado no sucesivo BCE), que actúen dentro dos
límites das atribucións que lles confiren o presente
Tratado e os Estatutos do SEBC e do BCE anexos denominados no sucesivo
Estatutos do SEBC.
Das disposicións do TUE despréndese que a UEM, no plano
monetario, debe dirixirse por unha "forte autoridade monetaria", por
unha institución independente que vele pola consecución
do obxectivo da estabilidade de prezos, condición ineludible
para conseguir unha política económica que contemple
o pleno emprego e o crecemento. As disposicións esenciais do
Tratado revelan, na súa esencia, un necesario equilibrio entre
a autoridade monetaria e o poder político económico.
1. Características principais
do Sistema Europeo de Bancos Centrais
- Composición e organización: o SEBC está
integrado polo Banco Central Europeo e os bancos centrais dos Estados
membros, e está dirixido polos órganos rectores do BCE.
- Obxectivos: manter a estabilidade de prezos e apoiar
as políticas económicas xerais na Comunidade con miras
a contribuír á consecución dos obxectivos establecidos
no art. 2 do TUE.
- Funcións:
- definir e executar a política monetaria da Comunidade
- realizar operacións de cambio de divisas
- posuír e xestionar as reservas oficiais de divisas dos
Estados membros
- promover o bo funcionamento do sistema de pagamentos
- contribuír a unha boa xestión das políticas
que leven a cabo as autoridades competentes con respecto á
supervisión prudencial das entidades de crédito
e a estabilidade do sistema financeiro
2. Características principais
do Banco Central Europeo
- Personalidade xurídica propia: o BCE dispón en cada
un dos Estados membros da capacidade xurídica máis amplia
concedida ás persoas xurídicas conforme ó respectivo
Dereito nacional; en particular, pode adquirir ou vender propiedade
mobiliaria e inmobiliaria e ser parte de actuacións xudiciais.
- Sede: por decisión do Cumio extraordinario de Bruxelas celebrado
en outubro de 1992, a sede do BCE está na cidade alemana de
Francfurt.
- Independencia: cando exerza facultades que lle confiren o TUE e
os seus Estatutos e desempeñen as funcións e deberes
correspondentes, nin o BCE, nin os bancos centrais nacionais, nin
ningún membro dos seus órganos rectores recabarán
nin aceptarán instruccións procedentes das institucións
ou organismos comunitarios, de ningún goberno dun Estado membro
nin de ningún outro organismo. A única obriga do BCE
con respecto ós órganos políticos, Parlamento
Europeo, Consello, Comisión e Consello Europeo, é a
de cumprir o seu deber de facilitar información regular sobre
as súas actividades. A cualificación do BCE como institución
independente non implica "absoluta irresponsabilidade", pois como
indica o TUE "os actos e omisións do BCE estarán suxeitos
á revisión e interpretación do Tribunal de Xustiza".
- Órganos rectores do BCE:

Funcións que se lle asignan:
- Levar a cabo as tarefas do IME
- Emitir dictames para preparar a supresión das excepcións
especificadas no art. 109 K do Tratado
- Contribuír á recompilación de información
estatística, elaborar informes sobre as actividades do
BCE, establecemento de normas sobre as contas financeiras, adopción
de medidas para a fixación da clave de suscrición
do capital do BCE, establecemento de condicións para a
contratación do persoal do BCE
- Contribuír ós preparativos necesarios para fixar
irrevogablemente os tipos de cambio dos Estados membros acollidos
a unha excepción na súa incorporación á
Unión Monetaria
3. Características principais
dos bancos centrais nacionais
Os Estados membros debían garantir, antes da data de constitución
do SEBC, a compatibilidade da súa lexislación nacional,
incluídos os estatutos do banco central nacional, cos estatutos
do SEBC e o BCE. O Estado español realizou a adaptación
dos Estatutos do Banco de España coa aprobación da Lei
13/1994, de 1 de xuño, de Autonomía do Banco de España.
No protocolo 3º do TUE indícase que nos estatutos dos
bancos centrais disporase que o gobernador teña un mandato
non inferior a 5 anos. Tamén se indica que os bancos centrais
serán parte integrante do SEBC e a súa actuación
axustarase ás orientacións e instruccións do
BCE (o seu Consello de Goberno adoptará as medidas necesarias
para garantir o cumprimento das súas orientacións e
instruccións e poderá esixir que se lle remita toda
a información pertinente).
Os bancos centrais poden exercer funcións distintas das especificadas
nos Estatutos do SEBC e BCE, agás acordo en contrario do Consello
de Goberno do BCE en base a considerar que as ditas funcións
interfiren os obxectivos e tarefas do SEBC.
4. Funcións monetarias e operacións
do SEBC
Tanto o BCE como os bancos centrais nacionais poden:
-
abrir contas a entidades de crédito, a entidades públicas
e a outros participantes no mercado, así como aceptar activos
como garantía
-
operar nos mercados financeiros comprando e vendendo directamente;
-
realizar operacións de crédito con entidades de crédito
e demais participantes no mercado
-
o BCE pode esixir que as entidades de crédito establecidas
nos Estados membros manteñan unhas reservas mínimas
nas contas do BCE e nos bancos centrais nacionais, en atención
ós obxectivos da política monetaria
-
queda totalmente prohibida a autorización de descubertos
e a concesión doutro tipo de créditos por parte do
BCE ou dos bancos centrais nacionais en favor de institucións
ou organismos comunitarios, gobernos centrais, autoridades rexionais
ou locais ou outras autoridades públicas
-
o BCE e os bancos centrais nacionais poden proporcionar medios
e o BCE dictar regulamentos, destinados a garantir uns sistemas
de compensación e liquidación eficientes e solventes
dentro da Comunidade, así como con outros países
-
o BCE e os bancos centrais nacionais poden establecer relacións
cos bancos centrais e coas institucións financeiras doutros
países e, cando proceda, con organizacións internacionais
- o BCE pode brindar asesoramento ó Consello e ás autoridades
competentes dos Estados membros e ser consultado por estes sobre o
alcance e aplicación da lexislación comunitaria tocante
á supervisión prudencial das entidades de crédito
e á estabilidade do sistema financeiro
5. Disposicións financeiras
do SEBC
-
Contas financeiras: o exercicio económico do BCE e dos B.C.NN.
coincide co ano natural. Debe elaborarse un balance consolidado
do SEBC que abrangue os activos e pasivos dos bancos centrais nacionais
que estean incluídos no SEBC.
-
Auditoría: as contas do BCE e dos BCNN son controladas por
auditores externos independentes, recomendados polo Consello de
Goberno e aprobados polo Consello.
-
Capital do BCE: é de 5.000 millóns de euros (825.000
millóns de ptas. aproxim.). Os únicos suscritores
e accionistas son os bancos centrais nacionais, ós que se
lles fixa o importe da súa suscrición tendo en conta
a suma de dúas porcentaxes: 1) o 50% da participación
do Estado membro respectivo na poboación da Comunidade o
penúltimo ano anterior á constitución do SEBC;
e 2) o 50% da participación do Estado membro respectivo no
PIB, a prezo de mercado, da Comunidade, segundo se rexistre nos
cinco últimos anos que preceden ó penúltimo
ano anterior á constitución do SEBC. Estas participacións
axustaranse cada cinco anos.
-
Activos exteriores de reserva do BCE: as contribucións de
cada banco central nacional fíxanse en proporción
á súa participación no capital suscrito do
BCE.
-
Asignación de ingresos monetarios: os ingresos obtidos polos
bancos centrais nacionais no exercicio da función de política
monetaria do SEBC, ingresos monetarios, asignanse a aqueles proporcionalmente
ás súas accións desembolsadas do BCE.
- Asignación de beneficios e perdas netas do BCE: un importe
non superior ó 20% dos beneficios netos do BCE destínase
a cubrir un fondo de reserva xeral (cun límite que se cifra
no 100% do capital), os beneficios sobrantes distribúense entre
os accionistas do BCE proporcionalmente ás súas accións
desembolsadas. As perdas do BCE compensanse co fondo de reserva xeral
e, no seu caso, mediante os ingresos monetarios do exercicio económico
correspondente.
6. O papel do Banco de España
na UEM
Durante as etapas transitorias da UEM o Banco de España
desenvolveu dous cometidos fundamentais, por un lado, pilotar a
política monetaria española orientándoa ó
cumprimento do criterio de estabilidade de prezos sen esquecer as
súas funcións de vixilancia sobre a política
económica do goberno, e por outro, ir acomodando as súas
técnicas e mecanismos operativos, organización e comportamento,
ós do futuro Banco Central Europeo. Neste sentido destacan
os traballos realizados en reformar os sistemas de pagamento e nos
procedementos e os instrumentos de política monetaria.
Un paso importante na traxectoria do Banco de España márcao
a aprobación da Lei de Autonomía (publicada no BOE
núm. 131, de 2 de xuño de 1994), pola cal o estatuto
xurídico do Banco de España adáptase case por
completo ás condicións do Tratado de Maastricht no
que se refire á independencia do SEBC.
A Lei 13/1994 foi modificada recentemente pola Lei 12/1998, de
28 de abril (publicada no BOE de 29 de abril de 1998) coa finalidade
de asegurar a plena integración do Banco de España
no Sistema Europeo de Bancos Centrais, principio informador básico
da institución na terceira fase da Unión Económica
e Monetaria. Para dar satisfacción a esta necesidade, a Lei
12/1998 cínxese exclusivamente a garantir a integración
do Banco de España no SEBC, recoñecendo, entre outros
extremos, as potestades do Banco Central Europeo na definición
da política monetaria da área do euro -e a súa
execución polo Banco de España-, e as facultades da
Comunidade Europea en relación coa política de tipo
de cambio. Cúmprese así de maneira inequívoca
co disposto no artigo 108 do Tratado da Comunidade Europea, "cada
un dos Estados membros velará porque a súa lexislación
nacional, incluídos os estatutos do seu Banco Central Nacional,
sexa compatible co propio Tratado e cos Estatutos do Sistema Europeo
de Bancos Centrais".
Iniciada a terceira fase da UEM as competencias esenciais do Banco
de España son asumidas polo SEBC, constituído polo
BCE e por todos os Bancos Centrais Nacionais dos Estados comunitarios.
Atribucións do Banco de España coa incorporación
de España na UEM.
O Banco de España participa de pleno dereito no Consello
de Goberno e o Consello Xeral do BCE. En todo caso, participa directamente
na toma de decisións en cuestións tan importantes
como a política monetaria da Comunidade e a autorización
da emisión de billetes de banco de curso legal dentro da
Comunidade. Así mesmo, desempeña o papel de institución
colaboradora do BCE, executando as directrices deste dentro do territorio
español. Por outra parte, segue desenvolvendo as súas
competencias no referente ó control das institucións
financeiras nacionais e serve de enlace entre estas e o BCE.
Características do Banco de España de acordo coa
Lei de Autonomía.
É unha entidade de dereito público con personalidade
xurídica propia e plena capacidade pública e privada.
No desenvolvemento da súa actividade e para o cumprimento
dos seus fins actua con autonomía respecto á Administración
Xeral do Estado, desempeñando as súas funcións
conforme ó previsto nesta Lei e no resto do ordenamento xurídico.
É parte integrante do SEBC e está sometido ás
disposicións do Tratado da Comunidade Europea e ós
Estatutos do SEBC.
No exercicio das funcións que se deriven da súa condición
de parte integrante do SEBC, debe axustarse ás orientacións
e instruccións emanadas do BCE.
Sen prexuízo do obxectivo principal de manter a estabilidade
de prezos e do cumprimento das funcións que exerce en tanto
membro do SEBC nos termos do artigo 105.1 do Tratado, o Banco de
España apoia a política económica xeral do
goberno.
Participa no desenvolvemento das seguintes funcións básicas
atribuídas ó SEBC:
a) Definir e executar a política monetaria da Comunidade.
b) Realizar operacións de cambio de divisas que sexan coherentes
coas disposicións do artigo 109 do Tratado.
c) Posuír e xestionar as reservas oficiais de divisas dos
Estados membros. Non obstante, o goberno pode ter e xestionar fondos
de maniobra en divisas, conforme ó previsto no artigo 105.3
do Tratado.
d) Promover o bo funcionamento do sistema de pagamentos.
e) Emitir os billetes de curso legal.
f) As demais funcións que se deriven da súa condición
de parte integrante do SEBC.
Sen prexuízo da súa pertenza ó SEBC, pode:
a) Posuír e xestionar as reservas de divisas e metais preciosos
non transferidas ó Banco Central Europeo.
b) Promover o bo funcionamento e estabilidade do sistema financeiro
e, sen prexuízo do disposto no número 3,d ) anterior,
dos sistemas de pagamentos nacionais.
c) Poñer en circulación a moeda metálica e desempeñar,
por conta do Estado, as demais funcións que se lle encomenden
respecto dela.
d) Prestar os servicios de tesourería e axente financeiro
da Débeda Pública.
e) Asesorar ó goberno, así como realizar os informes
e estudios que resulten procedentes.
f) Elaborar e publicar as estatísticas relacionadas coas súas
funcións e asistir ó BCE na recompilación da
información estatística necesaria para o cumprimento
das funcións do SEBC.
g) Exercer as demais competencias que a lexislación lle atribúa.
Ademais do xa indicado supervisa, conforme
ás disposicións vixentes, a solvencia, actuación
e cumprimento da normativa específica das entidades de crédito
e de calquera outras entidades e mercados financeiros cunha supervisión
que lle fora atribuída, sen prexuízo da función
de supervisión prudencial levada a cabo polas Comunidades Autónomas
no ámbito das súas competencias e da cooperación
destas co Banco no exercicio de tales competencias autonómicas
de supervisión.
7. O sistema de pagamentos oficial entre
bancos centrais nacionais
A creación do euro e a posta en marcha dunha política
monetaria única esixía a creación dun sistema
de pagamentos transnacional dentro da UEM. Unha das funcións
básicas do BCE é a de xestionar e promover o bo
funcionamento do sistema de pagamentos da UEM. O correcto funcionamento
do SEBC e do BCE así como a execución da política
monetaria común esixe un sistema de transferencias axeitado
entre estes e os respectivos bancos centrais nacionais.
O sistema TARGET (Transeuropean Automated Real Time Gross Gettlement
Express Transfer System - sistema transeuropeo automatizado de
transferencias urxentes con liquidación bruta en tempo
real) permite executar de maneira áxil todas as operacións
que leven a cabo os bancos nacionais integrados. Target consta
de dous elementos:
-
os distintos sistemas
de grandes pagamentos nacionais e
-
un sistema de interconexión
informática, denominado Interlinking, encargado de unir
ós distintos bancos centrais entre si e co BCE
Co sistema de liquidación
bruta en tempo real, as ordes vanse asentando irrevogablemente a medida
que entran no sistema e, desta maneira, soluciónase o risco
de liquidación que podería derivarse se o sistema fose
neto e ó final do día, xa que neste caso podería
ocorrer que unha entidade bancaria quebrase durante a xornada e non
puidese facer fronte ás súas obrigas interbancarias
de pagamento ó final desta. Trátase de evitar o chamado
"risco Herstatt" (en 1974 a insolvencia da Banca Herstatt estivo a
punto de colapsar o sistema de pagamentos internacional). Se nun momento
determinado unha entidade bancaria non tivese saldo no sistema para
facer fronte ás súas obrigas, o Banco Central Nacional
concederialle un financiamento intradía contra unha serie de
valores que actuarían de garantía.
Todas as operacións
de política monetaria realizadas polos bancos centrais dos
países integrados na UEM realizanse a través do sistema
TARGET que está aberto a todo tipo de pagamentos en euros.
Para os países que non forman parte da UEM ou non sexan comunitarios
non é obrigatorio operar a través deste sistema. Tamén
é opcional o seu uso para os operadores privados.
O Consello da Unión Europea
Como ocorre na actualidade, a coordinación das políticas
económicas dos Estados membros é responsabilidade
do Consello de Ministros de Economía e Facenda da Unión
Europea (ECOFIN).
O Consello segue definindo e adoptando, todos os anos, as grandes
orientacións de política económica: obxectivos
comúns de inflación, finanzas públicas e estabilidade
dos tipos de cambio.
O Consello decide que países entre os que participan no
euro presentan un déficit público excesivo e dirixelles
recomendacións para pór remedio a esta situación.
Unha novidade da UEM radica en que, á parte dos poderes
de "supervisión multilateral" xa existentes, a partir de
1999 e do lanzamento do euro, o Consello pode impoñer sancións
a calquera país da zona euro cun déficit que se considere
excesivo.
A política exterior de cambio do euro é competencia
do Consello de Ministros da Unión Europea. Non obstante,
as intervencións sobre o mercado de cambios e a xestión
diaria das reservas de divisas son responsabilidade directa do Banco
Central Europeo.
No Consello Europeo celebrado en Luxemburgo os días 12 e
13 de decembro de 1997 aprobouse a creación dun foro informal
de reunión no que os países que participan inicialmente
da UEM (países "in") poidan reunirse en privado para tratar
cuestións que incumban directamente e particularmente ós
ditos Estados. A necesidade de salvar as reticencias á creación
do Consello do Euro (tamén chamado "euro x") formuladas polos
países que inicialmente non participan na moeda única,
Reino Unido, Dinamarca e Suecia (que non desexan permanecer alleos
ós foros nos que se tomen decisións que poidan afectar
ós seus intereses), provocou que este "foro informal" non
teña por agora estructura propia e non poida, en ningún
caso, tomar decisións sobre o tipo de cambio da moeda europea,
as características técnicas desta ou a súa
representación exterior e sobre sancións por incumprimento
dos criterios de converxencia, que seguen sendo competencia do ECOFIN;
así mesmo, tomouse a decisión de permitir a participación
no dito foro dos países "out" en calidade de observadores.
O Parlamento Europeo.
Na regulación que o Tratado
da Comunidade Europea realiza sobre a política económica
e monetaria da Unión aparecen numerosas referencias ó
papel que debe desenvolver o Parlamento Europeo. Do conxunto das
disposicións translúcese que este debe ser informado
sobre cuestións consideradas importantes e ter unha intervención
decisoria nos supostos de adopción de decisións transcendentais.
En concreto, antes de adoptar a decisión sobre que Estados
membros cumprían os criterios de converxencia para formar
parte da moneda única, o Consello tivo que consultar ó
Parlamento Europeo, elaborando este un dictame que foi posteriormente
transmitido ó Consello.
O Parlamento Europeo interven
en cuestións como:
üos
países que reúnen as condicións para integrarse
na moeda única (dictame).
ünomeamento
do presidente, vicepresidente e outros membros do Comité
Executivo do Banco Central Europeo (trala previa consulta).
ülexislación
preparatoria da moeda única (informe) .
ümedidas
relativas á cuñación de moedas emitidas en
euros por parte dos Estados membros (presentación do informe).
ülexislación
para aplicar o procedemento de déficit excesivo, incluído
o pacto de estabilidade e crecemento (logo de consulta).
üacordos
sobre tipos de cambio entre o euro e as divisas extracomunitarias
(presentación do informe).
ücambios
nos Estatutos do BCE e as competencias atribuídas a este
Banco en materia de supervisión de entidades financeiras
(dictame conforme).
Todos os anos, o presidente
do BCE debe presentar un informe anual ó Parlamento Europeo
sobre a execución da política monetaria. Así
mesmo, tanto o presidente do BCE como os restantes membros do Comité
Executivo poden comparecer e ser oídos perante o Parlamento
Europeo, por pedimento deste ou por decisión propia.
O traballo parlamentario en
asuntos relativos ó BCE e o ECOFIN realízase na Comisión
de Asuntos Económicos e Monetarios e Política Industrial.
Desde abril de 1992, funciona unha Subcomisión de Asuntos Monetarios.
|