Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

   

 

 


Política Rexional e de Cohesión: 2007 - 2013

Promover a política de cohesión en favor do crecemento e o emprego é unha das grandes prioridades da Unión Europea. Europa debe facer frente ó desafío que representan as disparidades económicas, sociais e territoriais, a aceleración das reestructuracións económicas e o envellecemento da poboación.

Iníciase agora un novo marco financeiro 2007-2013 que introduce novas fórmulas encamiñadas a fomentar novas ideas e a estimular accións innovadoras na política rexional e de cohesión.

Durante os vindeiros anos, a Unión Europea efectuará a maior inversión realizada ata agora a través dos instrumentos de cohesión e estos destinaranse, fundamentalmente, ás rexións do obxectivo converxencia.

Galicia, antiga rexión obxectivo Nº 1 no período 2000-2006, pasa a ser obxectivo "Convergencia" no novo período.

Sen dúbita, este feito posibilitará que fagamos fronte a novos retos de forma efectiva, unha oportunidade para orientar as axudas comunitarias cara unha maior competitividade baseada nas políticas de Investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i), e un maior crecemento, emprego e sostenibilidade.

A presente publicación recopila a nova normativa básica e pon de relevo algunhas das cuestións fundamentais dos Fondos comunitarios. O obxectivo xeral é alentar e infundir ánimos a tódolos responsables de programas e proxectos de desenvolvemento local e rexional para que teñan unha participación activa durante o período 2007 - 2013.

 

 


Acceso directo aos Reglamentos