Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 

Unha Constitución para Europa


O CAMIÑO CARA Á CONSTITUCIÓN

A Declaración nº23

En decembro de 2000, os xefes de Estado ou de Goberno dos quince Estados membros chegaron a un acordo na cidade de Niza para revisar os Tratados nos que se fundamenta a Unión Europea. O Tratado de Niza pretendía adaptar as institucións da Unión con vistas á ampliación. En Niza, non obstante, quedaron pendentes importantes reformas, polo que durante a conferencia o Consello Europeo decidiu adoptar unha "Declaración sobre o futuro da Unión" que aparece anexa ao tratado como Declaración nº23.

Na Declaración nº23 recoñécese a necesidade de abordar o problema da lexitimidade democrática e a transparencia da Unión e as súas institucións para conseguir facer da construción europea un proceso máis democrático e sobre todo máis próximo aos cidadáns. Para isto proponse abrir un debate no que estean representados a maior cantidade de actores posíbeis e centrado en catro grandes cuestións:

  • Unha delimitación máis clara de competencias entre a Unión Europea e os seus Estados membros
  • Que status debía dárselle á Carta de dereitos fundamentais proclamada en Niza
  • A simplificación dos tratados para facelos máis comprensíbeis
  • Cal debía ser a función dos parlamentos nacionais na construción europea

A Declaración de Laeken

Na Declaración de Laeken sobre o futuro da Unión Europea, adoptada polo Consello Europeo o 15 de decembro de 2001, insístese na necesidade de afrontar "o reto democrático europeo" co obxecto de aproximar as institucións ao cidadán, facer que sexan máis eficientes e transparentes e garantir un maior control democrático das actuacións da Unión. En definitiva, a Unión debe ser "máis democrática, transparente e eficaz" e para conseguilo se identificaban catro grandes reformas que debían levarse a cabo na liña da Declaración nº23:
  • Un mellor reparto e definición das competencias da Unión
  • A simplificación dos intrumentos da Unión (medidas lexislativas e executivas)
  • Máis democracia, transparencia e eficiencia
  • Unha Constitución para os cidadáns europeos: a simplificación dos tratados debe levar á adopción dun texto constitucional que defina os valores da Unión, os dereitos e deberes dos seus cidadáns e as relacións dos Estados membros
En prol do novo espírito democrático que se prentende introducir no proceso de construción europea, en Laeken decídese convocar unha Convención sobre o futuro de Europa para preparar os traballos da seguinte CIG (Conferencia Intergobernamental) onde os Estados membros debían pórse de acordo sobre o novo texto constitucional.

A Convención

A organización e o alcance dos traballos da Convención definíronse en Laeken. Giscard d'Estaing foi nomeado presidente e G. Amato e J.L. Dehaene vicepresidentes. Nos debates da Convención participaron representantes dos Gobernos dos Estados membros e dos países candidatos á adhesión, representantes dos parlamentos nacionais, membros do Parlamento Europeo e representantes da Comisión, así como observadores designados polo Comité das Rexións, o Comité Económico e Social, os interlocutores sociais europeos (ONG, sindicatos, asociacións...) e o Defensor do Pobo Europeo.

A Convención tiña o cometido de examinar as cuestións esenciais para o desenvolvemento futuro da Unión, que xa foron identificadas en Niza e na Declaración de Laeken, e propor posíbeis respostas que servirían como punto de partida nas negociacións da Conferencia Intergobernamental.

A primeira sesión da Convención tivo lugar o 28 de febreiro de 2002. As sesións desenvolvéronse ao longo de 15 meses e unha das sesións plenarias estivo dedicada a escoitar as achegas dos cidadáns representados por organizacións da sociedade civil. Finalmente, a Convención aprobou un Proxecto de tratado polo que se institúe unha Constitución para Europa, que foi presentado por Giscard d'Estaing no Consello Europeo de Salónica o 20 de xuño de 2003.

A CIG

O Proxecto de tratado elaborado pola Convención serviu de base para os traballos da Conferencia Intergobernamental (CIG) que se desenvolveu ao longo dos anos 2003 e 2004. A CIG, que reuniu aos representantes dos Gobernos dos Estados membros e dos Estados candidatos, aprobou por unanimidade a reforma dos Tratados no Consello Europeo de Bruxelas os días 17 e 18 de xuño de 2004.

O novo Tratado será asinado en Roma polos xefes de Estado e de Goberno dos 25 Estados membros o 29 de outubro de 2004. O Tratado entrará en vigor un ano despois de ser ratificado por todos os Estados membros. Entre tanto seguirá en vigor o Tratado de Niza.

A ratificación

Cada Estado Membro debe proceder á ratificación do texto constitucional según o procedemento establecido na súa Constitución nacional. As Constitucións optan, polo xeral, entre un dos seguintes mecanismos:
1) Ratificación por aprobación do Parlamento nacional
2) Ratificación coa celebración previa dun referéndum (esta é a vía adoptada en España, que ratificou a Constitución tralo referéndum celebrado o 20 de febreiro de 2005).

A primeira data prevista para examinar o estado das ratificacións foi o 1 de novembr0 de 2006, pero tralo rechazo do texto da Constitución nos referéndums celebrados en Francia e os Países Baixos, o 29 e o 1 de xunio respectivamente, esta data xa non é realista. Inicouse un período de reflexión, explicación e debate e as datas para as ratificacións foron pospostas, que non abandoadas, para un momento posterior.

CRONOLOXÍA