Diputación de A Coruña Diputación de A Coruña
Unha deputación ó servicio da provincia 24 horas ó servicio da provincia A Coruña por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradicións e honrar ós nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coruña
Convocatorias comunitarias abertas Programas e iniciativas comunitarios O Euro Últimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Suxestións
Galego / Castellano
castellano carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
Carta de servizos

 


 


Como nace a idea?

A principios dos anos 90, coa finalidade de dar cobertura informativa sobre as institucións europeas aos municipios da provincia, en concreto, e cidadanía, en xeral, iniciáronse os estudos necesarios para xerar no seo da estrutura provincial unha unidade especializada en información arredor da Unión Europea. 

As deputacións poden ser un órgano de enlace adecuado para a transmisión da información que, xerada na UE, poida ser de interese para os municipios, co convencemento de que o afastamento das colectividades locais en relación á Unión nada bo pode traer, agás potenciar a nosa realidade de periferia. 

Gran parte dos municipios da nosa provincia carecen dos medios técnicos e económicos para poder desenvolver os servizos que os cidadáns lles demandan e a lexislación lles impón. Polo tanto, continuando coa liña da asistencia e cooperación cos municipios, é a nosa intención iniciar unha nova actividade que, dirixida aos municipios, permita que poidan acceder a novos instrumentos técnicos e económicos utilizábeis en pro da xeración de procesos de desenvolvemento local. 

O acceso á información europea pode ser o punto de partida para a solución dalgúns, e en calquera caso non acceder a ela significa perder oportunidades para os municipios desta provincia. 

Concretando, as razóns que impulsan a creación dun órgano especializado en facilitar información sobre a Unión Europea son: 

  • O encaixe adecuado desta actividade nos fins e competencias que a lexislación española a través da Lei reguladora das bases do réxime local lle atribúen ás deputacións provinciais, e en concreto a función de asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos municipios e especialmente a aqueles que se caracterizan pola súa menor capacidade económica e de xestión (art.36 da Lei 7/85 do 2 abril e arts.30 e ss. do Real decreto lexislativo 781/86). 
  • A Comunidade Autónoma de Galicia está declarada zona obxectivo 1 para os efectos de asignación de fondos europeos. A nosa consideración é que só a través dunha información adecuada, en tempo e forma dirixida aos entes locais que se integran no territorio provincial, é posíbel facer viábel o acceso aos instrumentos financeiros da Unión Europea co fin de facilitar a viabilidade de proxectos dirixidos a promover o desenvolvemento económico e social.
  • O convencemento de que é necesario que potenciemos entre todas as institucións a presenza cualitativa e cuantitativa dos entes locais na construción de Europa. 

Todas estas razóns impulsáronos a solicitar da Comisión Europea un punto de información europeo.


Quen somos?

Dende o ano 1996 a Deputación Provincial da Coruña estabelece, en calidade de estrutura de acollida, o Info-Point Europa (IPE). O IPE constituía un centro oficial de información pertencente ás Redes de Información da Dirección Xeral de Prensa e Comunicación dependente da Comisión Europea.

Durante o ano 2003 a Comisión Europea efectuou unha reestruturación da política de información e comunicación da Unión Europea dando lugar á creación da Rede de Información EUROPA DIRECTO. Esta nova rede engloba os anteriores IPE e Carrefours existentes no territorio da UE.

O estabelecemento desta rede de centros EUROPA DIRECTO ten por obxecto ofrecer un servizo de proximidade que lle permita á cidadanía europea obter información, asesoramento, axuda e respostas ás súas dúbidas sobre a lexislación, as políticas, os programas e as posibilidades de financiamento da Unión nas rexións de implantación dos ditos enlaces.

A Comisión Europea, co beneplácito da súa representación en España aceptou a proposta da Deputación Provincial da Coruña para continuar como estrutura de acollida dun centro oficial de información comunitaria "EUROPA DIRECTO A CORUÑA" (antigo IPE) durante o período 2005 - 2008.

 


Servizos

Para a realización do seu obxectivo, EUROPA DIRECTO presta actualmente os seguintes servizos:
  • Consultas: poderanse realizar ben persoalmente, mediante fax ou correo electrónico. Todos os datos necesarios para iso están especificados na nosa páxina.
  • Produción de información: a través de diferentes medios:
    • Dosier mensual: nel recóllense axudas comunitarias e un formulario de busca de socios, onde  se pode redactar un proxecto para darlle difusión internacional. 
    • Páxina web: reflexo da información sobre a Unión Europea.
    • e-Boletín informativo da UE: boletín electrónico informativo diario que contén as novidades na UE, lexislación, buscas de socios, etc. Este boletín electrónico ten carácter gratuíto.
  • Distribución da información comunitaria: 
    • Subvencións: actualizadas diariamente no noso sitio web, mediante unha completa ficha descritiva, onde se inclúen todas as ligazóns posíbeis aos servizos de interese.
    • Documentos escritos: a documentación recibida está ao dispor do público en xeral. Tamén se distribúe ás entidades públicas e privadas rexionais que poidan estar interesadas na materia correspondente. Realízanse igualmente dosieres temáticos relativos a temas de actualidade ou de gran demanda.

    •  
  • Busca de socios: realizamos buscas de socios en todos os países pertencentes á Unión Europea. Igualmente facilitamos información sobre aqueles proxectos recibidos para a procura de socios.

  •  
  • Outras actividades nas que EUROPA DIRECTO toma parte activa: participación nun mestrado en estudos universitarios, cursos de especialización, participación en distintas redes (técnica e enlaces euro da FEMP), elaboración de proxectos, colaboracións en xornadas, visión de conxunto dos fondos estruturais, convenios, etc.

Directorio de EUROPA DIRECTO

Correo electrónico: europedirect@dicoruna.es
Telefono: 981-080 331
Fax: 981-080 354

Xefe do Servizo de Planificación, Desenvolvemento territorial e Unión Europea / Director do EUROPE DIRECT A CORUÑA

Xefe de Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e Unión Europea
Manuel Vázquez Sesmonde (manuel.vazquez@dicoruna.es)

Xefe da Sección de Unión Europea e Acción Exterior
Antonio García Mira (antonio.garciam@dicoruna.es)

Técnicas en Asuntos Europeos
Paula Cabado Brea (paula.cabado@dicoruna.es)
Cristina Couto Palla (cristina.couto@dicoruna.es)

Administrativa
Ángeles Fernández Purriños (angeles.fernandez@dicoruna.es)
Petra Vicente García (petra.vicente@dicoruna.es

Horario:
Atención presencial: 9 - 14h (luns a venres)

Consulta on line: europedirect@dicoruna.es



Navegar pola nosa páxina  
 
 


Volver á páxina de inicio de Europa Directo



Seccións principais das que se compón a web

Ligazóns externas e internas que merecen unha especial atención


 

Seccións principais

 
Unión Europea: organización, lexislación, ... e aqueles outros aspectos relevantes para coñecer a súa estrutura e funcionamento
América Latina e a UE: relacións entre a UE e América Latina e información xeral sobre a Unión
Subvencións: axudas para proxectos comunitarios
Formación e bolsas: "Se é vostede cidadán/á dun país da Unión Europea, ten a posibilidade de estudar e formarse en calquera outro país da Unión"
Emprego: informacións prácticas tocante á procura de emprego no ámbito da Unión Europea
Europa moza: posibilidades para a mocidade na nova Europa
Centros de información: quen pode informar sobre as diversas cuestións comunitarias