Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
  Proxectos que buscan socios (Setembro 2007)
 

Partner search

Se desexa difundir o seu proxecto a nivel europeo, envíe un resumo (castelán e/ou inglés) e datos de contacto (nome, teléfono, enderezo, correo electrónico) ao seguinte enderezo: edcoruna@dicoruna.es

Axudas del Parlamento Europeo

 

  • AXUDAS DO PARLAMENTO EUROPEO. FRANCIA
    O Centro de Información Xuvenil de Brest esta buscando socios para desenvolver un proxecto transnacional dunha páxina web colaborativa no marco da Convocatoria de propostas INFO/2008/04 da Dirección Xeral de Información do Parlamento Europeo.

    Máis información,

    Michèle Casu
    Maison de l'Europe de Brest
    Europe Direct Bretagne ouest
    16 rue de l'Harteloire
    29000 Brest
    Tél: 00 33 2 98 43 84 11
    Tél: 02 98 46 60 09
    Fax: 02 98 46 60 86
    E-mail: michele.casu@bij-brest.org
    Páxinas web: http://www.maisoneurope-finistere.com



 

  • AXUDAS DO PARLAMENTO EUROPEO. ITALIA
    EURO NET (Potenza, Italia) busca socios para o proxecto "European Parliament Web Game" que se presentará no marco da convocatoria Info/2008/04 da Dirección Xeral de Información do Parlamento Europeo.

    O obxectivo principal deste proxecto é realizar materiais didácticos para escolas, asociacións e novos en xeral. En concreto, gustaríanos elaborar un xogo en tira cómica dirixido aos mozos.

    Temos unha grande experiencia con estudiantes (de todas as idades) no marco das nosas actividades e sabemos, por unha parte, cuán importante é sensibilizalos sobre Europa e, por outra parte, cuán difícil é esta tarefa.

    Poderá participar en calidade de socio tan só un centro Europe Direct ou Eurodesk, ou ben, redes europeas de centros de xuventude que non sexan organizacións con ánimo de lucro e que teñan personalidade xurídica con tres anos de antigüidade antes do 1/1/2008. Se fose posible, gustaríanos ter 9 socios de diferentes países.

    Para cada un dos socios que se admitan no partenariado, estaría dispoñible un presuposto de 5.000 € (máis ou menos). O 25% do presuposto indicado será cofinanciado por cada socio (é dicir, corresponderalle financiar 1.250 €).

    A data límite para a presentación é 20.09.2007.



    Máis información,

    Anna Lagrotta
    EURO-NET
    Vicolo Luigi Lavista 3
    85100 Potenza (ITALY)
    Tel: 0039-0971-23300
    Fax: 0039-0971-21593
    E-mail: euro-net@memex.it
    Páxina web: www.synergy-net.info