| |
-
O Concello de Génova
busca socios para levar a cabo un proxeto dentro do marco do Programa para a Innovación
e a Competitividade (CIP), incluido no Porgrama de Apoio Político o fin
do cal é o desenvolvemento da Sociedadade da Información para cumprir
os obxetivos da Estratexia de Lisboa. O principal obxetivo do proxecto
é crear unha plataforma de servizos integrando contribucións públicas
e privadas, con o fin de incrementar os stándars de calidade do sector
urbanístico en zonas residenciais. Os socios principais do proxecto
(Concello de Génova y Elsag, a maior empresa italiana de tecnoloxías
da información e comunicación e algunha Universidade) buscan centros
e Municipios en Porto (Portugal). Máis información,
Mr. Andrea DA POZZO Head of European Affairs Office Unione Regionale Province
Liguri CASA LIGURIA Rue du Luxembourg, 15 B-1000 Bruxelles Tel. +32 (0)2
2891 396 Fax +32 (0)2 2891 399 e-mail: urpl@casaliguria.org
|

O partenariado deste proxecto, liderado
pola Deputación Provincial de A Coruña, estará conformado por participantes de:
- Galicia - Norte de Portugal (zona transfronteiriza de Minho-Lima, Cavado e Alto
tras-os-Montes) Se prevé a participación preferentemente de administracións públicas
locais que teñan baixo a súa competencia a xestión do patrimonio natural e entidades
públicas as actividades das cales estean relacionadas co ámbito do proxecto. Este
proxecto proponse, como obxectivos específicos, a potenciación das políticas de
conservación e valorización do patrimonio natural, o desenvolvemento endóxeno
dos territorios a través da posta en valor dos recursos naturais e paisaxísticos
e a sensibilización cidadá en torno a esta temática. Máis información, -
A cidade de Modena busca socios europeos interesados
en presentar, como coordinador, unha proposta de proxecto que teña por finalidade
analizar o impacto potencial que o desenvolvemento da " economía da tarde"
pode ter no desenvolvemento urbano integrado, dende un punto de vista económico,
social, espacial e de seguridade. Os obxectivos principais do proxecto
son: definición de Recomendacións para a planificación dun desenvolvemento urbano
integrado focalizado na " economía da tarde"; recompilando os plans de Acción
integrada urbanos para a transferencia directa e concreta en cada contexto de
Recomendacións. Cada cidade participante no proxecto elaborará o seu propio plan
de acción, grazas á cooperación doutros socios. Máis información,
-
A cidade de Modena busca socios europeos para
un partenariado interesado en presentar, como coordinador, unha proposta de proxecto
que teña por finalidade elaborar metodoloxías para cidades de mediano tamaño para
promover a cultura como un vector para o desenvolvemento urbano local.
Os obxectivos principais do proxecto son: 1) Programa marco europeo das
experiencias máis avanzadas e a definición de guías de actuación / metodoloxía
para promover a cultura como un factor económico forte 2) definición
de plans de acción local para a transferencia directa e concreta da metodoloxía
elaborada no programa marco de traballo. Máis información,
-
Sans Frontiers Europe organiza
módulos de formación especificos para as necesidades dos nosos participantes,
módulos que teñen como obxectivo o incremento da capacidade organizativa para
xerar ideas de proxectos e encaixalas nos máis apropiados programas de subvención.
O curso diríxese a todos os participantes - dos sectores publico, privado e sen
anímo de lucro - co obxectivo de involucrar de modo dinámico no desenvolvemento
e a implementación de proxectos europeos. Máis información,

-
O Ministerio Rexional
de Cultura de Abruzzo (Assessorato alla Cultura), esta buscando socios para un
proxecto no marco do Programa Cultura (2007-2013) - Convocatoria de propostas
EACEA a N ° 23/2007; Temas políticos clave: As Medidas de Cooperación - Liña 1.2.1.
O proxecto nomeado Project STAGE (STarting Artists Garage Emerging)
ten como obxectivo promover as oportunidades profesionais e o intercambio de experiencias
entre músicos novos europeos. Máis información,

-
O Concello de Porto Lumbreras (Murcia) está
interesado en participar como co organizador nun proxecto europeo dentro do Programa
Cultura 2000 no marco do Festival EXPLUM que se desenvolve nesta localidade anualmente
e que 2008 celebrará a quinta edición do mesmo. O festival promove os
novos artistas emerxentes tanto nacionais como internacionais. No festival
recóllense diversas artes entre as que figuran actuacións musicais, pintura, vídeo,
escultura, fotografa, instalacións, arte pública, performance, etc.
A idea é participar nun proxecto multi anual de cooperación de Cultura 2000 con
festivais europeos que se orienten nun mesmo sentido ou ben que puidesen ser complementarios.
Máis información,

-
A cidade de Taranto busca dous socios para
levar a cabo un proxecto dentro do Programa "Europa Cultura" baixo o
Título: "Mil flores para mil e unha noites". O seu obxectivo
é realizar un conxunto de actuacións teatrais, reproducindo todo isto nos medios
audiovisuais de xeito multilingüe, facendo uso de historias populares e tradicionais,
contos antigos, lendas, contos de fadas....Autores, grupos, radio, webs deben
actuar como socios co organizadores. Máis información,

As
cidades da Arte do Val do Río Po, unha rede italiana de 12 cidades - (Alessandria,
Bolonia, Brescia, Cremona, Lodi, Mantova, Modena, Parma, Pavia, Piacenza, Reggio
Emilia, Verona) está elaborando unha proposta de proxecto para presentar no marco
do Programa Cultura. A data límite para presentar as solicitudes é o
31 de outubro. Están a buscar socios de redes culturais europeas,
nacionais ou rexionais activas no campo da promoción do patrimonio cultural relacionado
coa artesanía local e a arte culinaria. Máis información,
Cecilia Tirabassi Comune di Modena -Progetto Europa Via Scudari 20
- I 41100 Modena Tel: 0039 059 2032623 Fax: 0039 059 2032687
E-mail: cecilia.tirabassi@comune.modena.it
| 
-
A Fundación para a artesanía Artística de Florencia,
en colaboración co Concello de Florencia e a Escola de Construcción Profesional,
van presentar un proxecto de cooperación no eido da arte e a artesanía, baixo
o Programa Cultura 2007. O obxectivo do proxecto é crear un espazo común
onde os artistas e os artesáns podan compartir experiencias e boas prácticas,
co fin de facer aos artistas máis artesanos e aos artesáns máis artísticos.
O proyecto trata de dar a oportunidade de deseñar e crear traballos, a través
do intercambio entre artistas e artesáns, co fin de organizar unha exhibición
itinerante. O partenariado está composto por tres países: Italia, España e Francia.
Recordámoslle que a data para presentar solicitudes é o 31 de outubro
de 2007. Máis información,
A Oficina de Cultura Italiana de Bolzano busca
socios europeos que traballen en institucións co fin de comezar xuntos
unha rede que involucre aos departamentos culturais das autoridades nacionais,
regionais ou locais, especialmente en aqueleos países onde conviven diferentes
grupos culturais. Esta rede será unha oportunidade de intercambiar
experiencias e estimular sinerxias. A oficina busca socios tan pronto como sexa
posible para enviar o proxecto ata o 10 de outubro de 2007. Máis
información,
MARISA
GIURDANELLA Provincia autonoma di Bolzano –Alto Adige (Italy) Ufficio
cultura italiana/ Office of Italian Culture Tel. 0471 411230 E-Mail: Marisa.giurdanella@provincia.bz.it
|
O
Oldham Metropolitan Borough Council do Reino Unido busca socios para un proxecto
Cultura 2007 titulado 'New Roots International'. Este proxecto será un
programa de desenvolvemento profesional transnacional para os músicos emerxentes
do Reino Unido e Europa. Dará aos músicos que teñan
un alto nivel e un desexo de traballar na industria unha oportunidade de traballar
conxuntamente e recibir publicidade e asesoramento de artistas profesionais consolidados
que traballarán estreithamente con eles para desenvolver novos traballos
de actuación e grabación.
Máis información,
Dave
Catherall European Programmes Co-ordinator Oldham Metropolitan Borough
Council Tel: +44 161 770 5165 E-Mail: dave.catherall@oldham.gov.uk
|
A Provincia de Reggio Emilia
busca socios co fin de presentar unha proposta de proxecto dentro do programa
Cultura 2007. O proxecto - LANDSCAPITAL - trata de promover a concienciación
sobre aspectos da paisaxe, desenvolvendo a iniciativa cultural sobre arte contemporánea
"Biennale del Paesaggio", que ten lugar nesta rexión cada dous anos[ http://www.biennaledelpaesaggio.it].
Buscan socios dos sectores privado e público e de organizacións
sen ánimo de lucro. A data límite para presentar propostas é
o 31 de outubro de 2007. Máis información,
-
As oficinas de Europe Direct de Palermo buscan
socios para a participación nun proxecto transnacional para escolas en
INTERNET. A actividade transnacional que propoñemos forma parte do proxecto Agibu
Sicilia. Este proxectos inspírase en " 2008- Año do diálogo
Intercultural" os principios da cal e obxectivos pretenden involucrar á xente
nova no patrimonio gastronómico e outorgales a oportunidade de intercambiar
información acerca da súa cultura con outra xente, utilizando como ferramenta
comidas tradicionais. Neste proxecto participan alumnos de entre 10 e 13 años
asistidos polos seus profesores, todos eles cidadanos de distintos paises (membros
da UE, candidatos e outros). A principal vía de comunicación entre
os grupos de alumnos será un web-site creado por este proxecto, o cal tendrá
dous fases: 1. "Buscar e compartir información acerca do patrimonio
gastronómico " 2. "Entrar en contacto coa cultura dos demais"
Europe Direct Palermo Euromed Via Villafranca 50 90141 Palermo
Tel: 0039 091 335081 Fax: 0039 091 582455 Web site: www.carrefoursicilia.it
| 
Centro de Informação
Europe Direct do Alto Alentejo Escola Superior Agrária de Elvas - IPP Rua
da Cadeia, 14, Apt. 254 | 7350 - 903 Elvas Portugal Tel: (+351) 268
626511 | Fax: (+351) 268 626512 E-mail: europedirect@esaelvas.ptPáxina
web |
EUROPE DIRECT - CEIP
LA RIOJA Centro Europeo de Información y Promoción del Medio Rural en La Rioja
C/ El Cierzo, nº 1. 26312. TRICIO. La Rioja Tel.: +34 941 36 06 67
Fax: +34 941 36 06 69 E-mail: ceip@riojarural.com
Web site: www.riojarural.com |
REGIONE LAZIO Direzione
Regionale Attività della Presidenza Area Relazioni con l'Unione Europea Tel.
+32 2 286 85 34 Fax +32 2 286 85 38 e-mail: E-mail: lazio@regionicentroitalia.org |
ASUNTOS
SOCIAIS. ESPAÑA Dentro do Ano Europeo da Igualdade de Oportunidades
para todos, Europe Direct - CEIP La Rioja, xunto coa asociación ASPRODEMA están
a colaborar na organización dunhas xornadas internacionais dirixidas ao intercambio
de experiencias novidosas de integración e mellora da calidade de vida das persoas
con minusvalidez física, psíquica e sensorial e das súas familias no medio rural.
Están interesados en calquera proposta novidosa de accións ou servizos específicos
para este colectivo: talleres ocupacionais, servizos de ocio ou formativos, experiencias
de ocio e respiro para familiares... incluídas experiencias de adaptación de servizos
convencionais para o uso de persoas con minusvalidez como infraestruturas turísticas
(sendeiros, albergues e casas de turismo rural), de transporte, etc... Máis
información,
EUROPE DIRECT - CEIP
LA RIOJA Centro Europeo de Información y Promoción del Medio Rural en La Rioja
C/ El Cierzo, nº 1. 26312. TRICIO. La Rioja Tel.: +34 941 36 06 67
Fax: +34 941 36 06 69 E-mail: ceip@riojarural.com
Web site: www.riojarural.com |
A Asociación "Our House" que traballa para novos
con discapacidade intelectual está a buscar socios. Esta asociación organizou
o Encontro de Novos Artistas, obradoiros de teatro e actuacións teatrais Cooperaron
con colexios: primaria e secundaria, en comunidade local. Están interesados
en formar parte dun intercambio que trate sobre arte, pintura, teatro ou actividades
deportivas. Data do intercambio: Febreiro-Abril ou Xuño-Setembro 2008
Máis información,
Association "Our House" Korcz Malgorzata Przemyslowa 42 66-440 Skwierzyna
POLSKA Prowince Lubuskie Tel: 095 7170 431 / 608 705 953 Fax: 095 7170
431 E-mail: dps_skwierzyna@poczta.onet.pl
|
Un grupo de mozos está interesado en darse
a coñecer. Teñen entre 13-24 anos, a maioría entre 15 e 16. O número de persoas
é de ao redor de 20. Hai 2 rapaces no grupo, o resto son rapazas. Queren familiarizarse
coa cultura, a xente nova e os intercambios de temas de interese para os mozos.
Gustaríalles facelo nos campos da moda e a música. Planearon o intercambio para
o verán de 2008. Países socios de preferencia: Francia, Grecia, Islandia,
Irlanda, Luxemburgo, Malta, Portugal, España e Reino Unido. Data ata
a que é válida a busca de socios: 31.12.2007. Máis información,
Un grupo de 13 xoves de 16 -19 anos está interesado na cultura, tradicións, costumes
doutros países. Un tema de proxecto podería ser a cultura, a arte, viaxar
ou o tempo de lecer. Acéptanse suxestións para decidir en común. Gustaríalles
comezar o proxecto a finais do próximo verán ou a comezos de outono (Xullo - Outubro
2008). Data límite: 01.01.2009 Máis información,
Gabija Zabaleviciute Apkasu street 4-4 08224, Vilnius Lithuania Tel:
+37069202999 E-mail: laumzirgiai@gmail.com
|
|