| |
-
CULTURA.
ITALIA
a AGIS ( Asociación
xeral de Representacións Artísticas) de Roma
busca socios para presentar unha proposta no marco do
programa europeo Cultura. O título do proxecto é
"Mediterranean woman: from the Great Mother to the white-slave
trade" e o seu obxectivo é reconstruir a existencia
dun patrimonio cultural sobre o papel da muller ao longo
da historia como un vehículo de creación e difusión
de valores sociais e culturais na zona do Mediterráneo.
O obxectivo é documentar e describir a transformación
da muller no contexto laboral e familiar e o problema
conectado á figura masculina a través das siguientes
etapas:
Os obxectivos alcanzaranse abarcando os textos tradicionais
locais e nacionais sobre o mito e o concepto da muller
ao longo da historia.
Máis información,
Direzione
Regionale Attività della Presidenza
Area Relazioni con l’Unione
Europea
Tel: +32 2 286 85 34
Fax: +32 2 286 85 38
E-mail: lazio@regionicentroitalia.org
|
-
EDUCACION
. RUMANÍA
A "Ligue du Lycée National MIHAI EMINESCU" de Suceava
(Rumanía) propón a reunión dn grupo de xoves franceses
mediante un intercambio. O intercambio ten como obxectivo
informar aos alumnos de 13 a 17 anos sobre a UE. O intercambio
farase a múltiples niveis, xa que vivir en Europa ou ser
ciudadán da UE implica moitos tipos de coñecemento de
ámbitos variados (desde as institucións europeas ata a
diversidade cultural, as posibilidades de inclusión social
dos xoves onde as oportunidades son reducidas, as medidas
para protexer o medio natural, a loita contra o racismo,
etc).
O proxecto proponse informar aos xoves sobre este tema
por medio de actividades de descubrimento, reflexión y
aquelo que sexa máis importante para actividades prácticas.
Máis información,
Mihaela
NICOLAI- Co-ordinator
Eurodesk Romania
ANPCDEFP
133, Calea Serban Voda, 3rd
floor, Sector4 RO - 040205
Bucharest
Tel: +40 21 201 07 42
E-mail: mihaela.nicolai@eurodesk.eu
|
-
EDUCACION
. ESPAÑA
Espai Off é unha escola de arte e pintura
de paisaxes que promove as intervencións artísticas
relacionadas coa paisaxe e o comercio de artesanía
desde un punto de vista creativo. Está dirixida
a todo tipo de estudantes e trata de promover o valor
do patrimonio cultural da montaña de Alicante,
ofrecer formación en disciplinas relacionadas coa
montaña e o seu contexto medioambiental, así
como renovar a identidade cultural de certos territorios
e fortalecer e complementar a sua imaxe promocional e
a sua oferta de turismo.
Espai Off quere coñecer outras experiencias parecidas
en Europa.
Máis información,
Eva Picazo Moll
Europe Direct Rural de la Comunidad Valenciana
C/ Soledad, 1
12440
Caudiel (Spain)
Tel./Fax: (+34) 964 14 40 82
Páxina web: http://www.criecv.org
|
-
EDUCACION
. PORTUGAL
A Escola Superior Agraria de Elvas (Portugal) busca
potenciais socios para unha futura cooperación
e intercambio de proxectos (cofinanciados ou non pola
UE) relativos ao desenvolvemento mutuo.
Máis información,
Ana Pereira
Europe Direct do Alto Alentejo - PORTUGAL
Escola Superior Agrária de Elvas - IPP
Rua da Cadeia, 14, Apt. 254
7350 - 146 Elvas
PORTUGAL
Tel: + 351 268 626511
Fax: +351 268 626512
E-mail: europedirect@esaelvas.pt
Páxina web: www.esaelvas.pt/europedirect
|
-
EMPREGO
E ASUNTOS SOCIAIS. ITALIA
A
ENAP (Axencia Nacional de Formación
Profesional) da rexión de Friulia
Venezia Giulia gustaríalle participar
como socio para levar a cabo un proxecto
dentro do Programa Progress.
Esta Axencia estaría interesada en
dous obxectivos:
-
fomentar
a inclusión de grupos vulnerables,
en concreto, a inclusión de xoves
inmigrantes no sistema de formación/escolar;
esta axencia traballou, nos últimos
anos, en programas de formación
profesional/escolar para favorecer
a inclusión de xoves estranxeiros;
ademais traballoy con programas
de formación para os profesores
(visite a web: http://www.senzaconfini.enaip.fvg.it);
ademais está traballando nun proxecto
Grundtvig "E-drim" para favorecer
o proceso de integración dos inmigrantes).
-
fomentar
a inclusión de grupos vulnerables
con especial atención ás persoas
que viven en condicións de discapacidade
mental (a axencia de Trieste ten
unha gran tradición en traballar
con enfermidades mentais en proxectos
de formación, etc...)
-
EMPREGO
E ASUNTOS SOCIAIS. ESPAÑA
A Asociación AMICOS
está composta por un grupo de xente que ten como obxectivo:
-
O
fomento e promoción dos discapacitados
-
A
asistencia e atención aos altamente
discapacitados
-
A formación e integración profesional
dos discapacitados
-
A educación e o reforzo educativo
dos xoves discapacitados
-
A
integración e a participación
social dos discapacitados
O seu ámbito territorial
de actuación é a provincia de A Coruña (Galicia),
España.
Co fin de lograr os seus obxectivos institucionais, AMICOS
iniciou os seguintes servizos:
-
Centro de
atención rexional para discapacitados
-
Unidade de
atención diaria para os altamente discapacitados
-
Unidade ocupacional
e de formación para xente cun nivel de discapacidade
moderada
-
Servizos de
apoio e adaptación persoal e social
-
Servizos
de apoio e integración profesional para discapacitados
-
Deportes
e tempo de lecer
-
Servizos de
Asistencia legal e Consultoría
Gustaríanos contactar con outras asociacións, fundacións,
organizacións, etc. que traballen nol ámbito da discapacidade
mental e que estean interesadas en desenvolver proxectos
europeos en:
-
Rehabilitación e estimulación
de discapacitados
-
Formación e emprego de
discapacitados
-
Educación adulta e Educación
para necesidades especiais
-
Proxectos de integración
e Participación Social
-
Proxectos relacionados
coa Cultura, Deportes e Actividades para a Xuventude
Asociación AMICOS
C/ Gándara 33
Oleiros 15993 - Ribeira,
A Coruña - España
Tel: +34 981 865716
Fax: +34 981 874293
Email: asociacionamicos@hotmail.com
|
-
EMPREGO
E ASUNTOS SOCIAIS. ESPAÑA
Un concello de 22.000 habitantes situado na Comunidade
Autónoma de Galicia, no Noroeste do Estado español,
busca concellos doutros países da Unión Europea coma socios
para desenrolar, dentro do Programa Europeo "Daphne III",
un proxecto de prevención da violencia nos colexios, o cal
vai dirixido a rapazas e rapaces de 10, 12 e 13 anos, e tamén
as familias e ao profesorado.
O proxecto conta xa cun ano de experiencia, en colaboración
co goberno autónomo e o concello.
Máis información,
Coordinador: RAFAEL
SÁNCHEZ-FERNÁNDEZ GARCÍA
PRAZA DA RÍA, 4-1º E
15679 - CAMBRE (A CORUÑA)
ESPAÑA
Tel: 0034 699 815 455
E-mail: rafadecambre@yahoo.es
|
-
EMPREGO
E ASUNTOS SOCIAIS. ITALIA
A “Provincia dell’Aquila”, unha autoridade local italiana
na rexión de Abruzzo (centro-sur de Italia) busca socios
interesados no Proxecto "NISA".
O proxecto trata de incluirse no Programa PROGRESS e dentro
da convocatoria "Aprendizaxe Mutua sobre Inclusión
e Protección Social", VP/2007/012, con data de
presentación de solicitudes do 13.07.2007.
Máis información,
-
EMPREGO
E ASUNTOS SOCIAIS. ESPAÑA
A Area de Igualdade de Oportunidades da Muller do Concello
de Málaga está interesada en participar nun proxecto
PROGRESS, no eido da igualdade de oportunidades.
Máis específicamente, en proxectos relativos á igualdade
de oportunidades e o acceso ao emprego (desde a perspectiva
de xénero), é dicir, promocionar o acceso ao
emprego e a formación das mulleres de Málaga fecendo especial
incidencia en todas aquelas que sofren algún tipo de exclusión:
violencia, inmigrantes, prostitutas, discapacitadas, familia
monoparental.
O proyecto terá tamén unha orientación hacia a superación
de barreiras e creación de recursos para o logro da conciliación
da vida personal, laboral e familiar.
Prazo: 30.06.2007
Máis información,
Adela Marcos Arroyo
Area de igualdad de Oportunidades de la Mujer
Ayuntamiento de Málaga
ESPAÑA
Tel: 00 34 952 60 88 28
E-mail: amarcosarroyo@yahoo.es
|
-
EMPREGO
E ASUNTOS SOCIAIS. ESPAÑA
AGAMI (Asociación Galega de Migracións Internacionais),
ven traballando en varios campos da inserción sociolaboral
dos inmigrantes, emigrantes retornados e refuxiados, e na
formación en temas de educación e mediación intercultural.
Buscan socios con proxectos de loita contra a exclusión social
que podan encaixar cos nosos para presentalas á UE. Actualmente
están preparando un proxecto no eido do programa PROGRESS.
Máis información,
-
XUVENTUDE.
PORTUGAL
Búscanse socios para participar no Programa
Juventude en Acción con proxectos que animen á
innovación e a calidade no sector xuvenil. Os obxectivos
do proxecto son promover a cooperación no sector xuvenil,
traballar coa prioridade de Exclusión Social, promover
a integración social dos xoves con poucas oportunidades
que viven en áreas suburbanas, innovar mediante a implementación
de nova metodoloxía de achegamento aos xoves.
O proxecto diríxese cara os seguintes grupos
obxectivo: os xoves (entre 16-25 anos) con poucas oportunidades
que viven en áreas suburbanas (violencia, drogas, prostitución)
e persoas que traballan no sector xuvenil, traballadores
e representantes xuvenís e a duración do proxecto
é de 2 anos.
Máis información,
Ana Pereira
Centro de Informação
Europe Direct do Alto Alentejo
Escola Superior Agrária de Elvas - IPP
Rua da Cadeia, 14, Apt. 254
7350 - 146 Elvas
PORTUGAL
Tel: +351 268 626511
Fax: +351 268 626512
E-mail: europedirect@esaelvas.pt
Páxina web:
www.esaelvas.pt/europedirect
|

|