Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
Proxectos que buscan socios (Xullo 2007)
 

Partner search

Se desexa difundir o seu proxecto a nivel europeo, envíe un resumo (castelán e/ou inglés) e datos de contacto (nome, teléfono, enderezo, correo electrónico) ao seguinte enderezo: edcoruna@dicoruna.es

Cultura  
Emprego e Asuntos Sociais Xustiza e Seguirade

 

 
  • CULTURA. ITALIA
    O proxecto IMAXINE vaise presentar dentro da convocatoria de Diálogo intercultural (data límite: 31 de xullo) e buscamos socios de toda Europa. O centro Europe Direct de Florencia participou en varios proxectos europeos e o noso socio é Fabbricaeuropa, unha fundación cultural para o fomento da arte contemporánea e recoñecida como unha organización cultural europea.

    O proxecto IMAXINE está orientado a fomentar o diálogo intercultural entre os novos europeos utilizando métodos prácticos de ensino para a creación musical. A música é unha linguaxe universal e unha das máis importantes expresións das identidades europeas emerxentes.
    As actividades do proxecto axudarán aos mozos a construír coñecemento e itinerarios de participación ao utilizar medios interactivos para comunidar, compartir e xogar xuntos.

    O proxecto consta de dúas accións principais:
  • CULTURA. ESPAÑA
    O Concello de Roquetas de Mar está buscando socios de distintos países da Unión Europea con motivo da convocatoria referente ao Ano Europeo do Diálogo Intercultural, EAC/08/07 (2008). Os socios han de corresponder preferentemente a entidades de tamaño medio (máis de 50.000 habitantes), que queiran intercambiar experiencias en diálogo intercultural mediante actividades centradas na poboación inmigrante.

    Máis información,


    Alejandro Carmona Sandoval
    Tel: +34 958 257 493
    E-mail: alejandro.carmona@sicidominus.com




  • EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS. ITALIA
    Rede de servizos de calidade para a integración de menores con risco de exclusión social e inmigrantes. O proxecto ten como obxectivos:
    • Mellorar o acceso a un servicio de calidade con referencias específicas a unha asistencia sanitaria adecuada e apoiar o intercambio e redes para a circulación de boas prácticas en servizos dirixidos a grupos desfavorecidos tales como menores en situación de risco e inmigrantes.
    • Centrarse no intercambio de boas prácticas para a implementación da asistencia sanitaria de calidade e servizos socio-médicos para menores inmigrantes, entendidos como o grupo de maior risco de exclusión social nos países de acollida.
    • Fortalecer a rede institucional e sen ánimo de lucro para o fomento e implementación de políticas e servizos deseñados para aplicar ás categorías máis desfavorecidas e a os grupos en situación de risco social nos países de acollida.

    O proxecto oriéntase a implicar a un gran número de axentes relevantes, tales como: autoridades rexionais, axencias sanitarias rexionais; servizos sociais, axencias de desenvolvemento, ONGs e organizacións rexionais en países socios. Ademais, diríxese a implicar organizacións que representen grupos desfavorecidos en situación de risco de exclusión social.

    Os socios implicados serían: Rexión de Calabria (socio líder), Axencia Sanitaria de Catanzaro, a Asociación Eurokom e tamén o Consello de Igualdade de Oportunidades provincial e rexional, a Asociación Promidea e CIR, Consello Italiano para Refuxiados.



    Máis información,
    Alessandra Tuzza
    Tel: 333//2998661
    E-mail: sandra.tuzza@libero.it



  • EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS. ITALIA
    Unha Organización non Gubernamental italiana está interesada en participar no Proxecto Daphne e pode involucrar tambén a algunhas escolas nas actividades.



    Máis información,
    Dott.ssa M. Irene Paolino
    Europe Direct Puglia
    Università degli Studi di Bari
    c/o Teca del Mediterraneo
    Via Giulio Petroni, 19/A
    70124 Bari
    Tel: +39 080 5402786
    Móvil: +39 349 4756412
    Fax: +39 080 5402759
    E-mail: europedirect@bcr.puglia.it
    Páxina web:http://bcr.puglia.it/pem/europedirect.htm
  • XUSTIZA E SEGURIDADE. ESPAÑA
    A Dirección Xeral de Xustiza da Comunidad Autónoma de Galicia (España) busca socios europeos para poñer en marcha un proxecto transnacional de prevención da delincuencia xuvenil. Centrarase nun estudo sobre a reincidencia dos xoves infractores e no intercambio de boas prácticas e experiencias de traballo en rede dos distintos profesionais que interveñen no ámbito da delincuencia xuvenil.

    O Proxecto presentarase á convocatoria europea do Programa específico de "Prevención e loita contra a delincuencia", cuxa data límite é o 16 de xullo de 2007.

    Máis información,
    José Prieto Lois
    Dirección Xeral de Xustiza
    Consellería de Presidencia (Xunta de Galicia) Tel: 981546231
    E-mail: chenanop@gmail.com