| |
Partner
search
-
EMPREGO
E ASUNTOS SOCIAIS. ITALIA
Unha consultora radicada na cidade de Roma e orientada ao asesoramento
nas políticas sociais e de xénero a rexións e
entes municipais italianos, busca socios de 3 Estados membros para
un proxecto, dentro do programa PROGRESS, de promoción laboral
para mulleres discapacitadas.
O proxecto busca a reducción de xeito directo e indirecto das
discriminacóoes por razón de xénero nas administraciones
i empresas.
Actividades:
1 - Formación con mulleres discapacitadas con bóas experiencias
na súa carreira profesional.
2 – Investigación das vantaxes humanas i económicas
para as empresas e administracións que empreguen mulleres discapacitadas.
3 – Unha campaña publicitaria focalizada a creares unha visión
positiva do rol de muller discapacitada.
Os socios prioritarios son asociacións de mulleres discapacitadas,
asociacións empresariais, administracións públicas
con competencias en emprego e asuntos sociais.
Tén dispoñiibilidade para ser informada e tomar parte
noutros proxectos de caracterización similar.
Máis información:
-
SEGURIDADE.ITALIA
Unha consultora privada da cidade de Roma, especializada no
asesoramento a entidades rexionais e locais nas políticas sociais
e de igualdade de xénero, busca socios de 3 Estados membros
para desenvolveres un proxecto dentro do programa SOLIDARIDADE E XESTIÓN
DOS FLUXOS MIGRATORIOS, que trate a integración de mozos inmigrantes
e a xestión dos seus conflictos. Accións:
1 – Creación de dosieres de bóas prácticas europeas
neste ámbito.
2 – Formación para educadores no diálogo intercultural.
3 –Planificación de servizos, especialmente de educación,
en 4 Estados membros, para prevención e resolución de
conflictos neste ámbito.
4 -Creación e mantemento de redes entre mozos inmigrantres
nos Estados membros e Estados subdesenvolvidos para a loita contra
a inmigración ilegal.
Máis información,
-
SEGURIDADE.ITALIA
Unha institución italiana especializada na prevención
e o tratamento da violencia de Xénero, en colaboración
con socios ingleses e do Estado español, busca socios de dóus
Estados membros para participares nunha convocatoria de propostas
do programa DAPHNE II, para acordares o desenvolvemento de campañas
publicitarias neste tema co obxectivo de creares unha rede europea
de institucións e asociacións para a prevención
e o tratamento da violencia de xénero.
Máis información,
-
CULTURA.
ITALIA
A "Fondazione per l'artigianato artistico" (Florencia) está
buscando cinco socios para o "Proxecto AVA: Artesáns VS
Artistas". O obxectivo deste proxecto é analizar as relacións
entre artesáns e artistas na historia e buscar a razón
para a súa separación. O obxectivo final deste proxecto
é realizar unha nova cooperación entre estes personaxes;
desta cooperación salirán importantes traballos artísticos.
Máis información,
-
XUVENTUDE.
GRECIA
O Comité local de Naoussia en Imathia (Grecia),
con experiencia en proxectos de intercambio de mozos e irmanamentos
de cidades, busca socios para proxectos de cooperación
multilateral no ámeto da nova acción "iYouth"
(1.1 y 4.3).
Máis información,
-
XUVENTUDE.
LIECHTENSTEIN
Búscase un socio para o dessenvolvemento de
un campamento de inverno que se está a organizar
en Liechtenstein a traveso da colaboración entre
entes do Estado anterior, Estonia e Italia.
Características do campamento :
- Datas:do 27 de decembro de 2007 ao 5 de xaneiro de 2008.
-Localidade: Balzers e Malburn. Ralizaranse viaxes a Suiza
e Austria.
-Grupos: 8 mozos de entre 16 e 19 años e un monitor.
- O idioma de comunicación será o Inglés.
Máis información,
Eurodesk Liechtenstein
Christina Meier Bahnhof,
Postfach 356, FL-9494 Schaan
Tel:+ 423 232 48 24,
Fax:+423 232 93 63
Correo electrónico : eurodesk@aha.li,
Internet: www.aha.li
|
-
INVESTIGACIÓN.
VI PROGRAMA MARCO
Estanse seleccionando novos socios para incorporarse
a proxectos de medio ambiente xa en marcha do VI Programa
Marco (6PM).
Aquelas organizacións interesadas en participar poden
encontrar toda a información necesaria no seguinte enderezo:
http://cordis.europa.eu/fp6/projects_call.htm
Máis información,
Elena García Cancela
CDTI - Dpto. de Programas de I+D da Unión Europea
Tlf.: +34 91 581 04 28
Fax: +34 91 581 55 56
e-mail: garcia_elena@cdti.es
|
-
INVESTIGACIÓN.
LITUANIA
Investigadores lituanos do Instituto da Hixiene buscan
socios para crear un consorcio orientado á proposta
ENV.2007.1.2.2.1. "Red Europea de Biomonitorización
humana".
Máis información,
Urgita Stonyte
Health NCP, Bio NCP, Environment NCP, INCO NCP Agency
for International Science and Technology Development
Programmes
A.Gostauto 12-218 01108 Vilnius, Lithuania
Teléfono +3705 2644714,
Fax +3705 2312292
Páxina Web:
www.tpa.lt
|
|