Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas conforme ao Programa de Traballo para 2012 do Programa de Apoio á Política en materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación

  • Descrición: O Programa de Apoio á Política en materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación apoia a realización das políticas europeas, fundamentalmente a Axenda Dixital para Europa e ten como obxectivo estimular o crecemento sustentable e inclusivo, mediante a generalización das tecnoloxías da información e contidos dixitais polos cidadáns, os gobernos e as empresas.
  • Obxectivos:
    Tema 1: Tics para as cidades intelixentes
    Tema 2: Contidos dixitais, acceso aberto e creatividade
    Tema 3: Tics para a saúde, o envellecemento activo e a inclusión
    Tema 4: Tics para servizos públicos e gobernos innovadores
    Tema 5: Servizos electrónicos fiables e outras accións
  • Solicitantes: Poderán solicitar subvención as entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos: entidades públicas (todo tipo) Unión Europea (UE) Espazo Económico Europeo (EEE)
  • Financiamento: O orzamento máximo asignado para esta convocatoria de propostas é: 127 millóns de EUR
  • Prazo: 15 de maio de 2012. 17:00 (hora de Bruxelas)
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse por vía electrónica, utilizando a proposta electrónica da Comisión EPSS
  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a infso-ict-psp@ec.europa.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 30/03 do 03.02.2012
  • Outros documentos relacionados coa convocatoria
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Programa de apoio á política en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións (ICT-PSP) dentro do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade CIP (2007-2013).