| |
- Organismo: Consellería do Mar (Xunta
de Galicia).
- Descrición/Obxectivos: A
presente convocatoria de propostas ten por obxecto convocar axudas
destinadas á realización de proxectos de transformación de buques
pesqueiros para a súa reconversión, con fins de formación ou de
investigación no sector pesqueiro ou para actividades distintas
da pesca. As devanditas axudas contan co apoio financeiro do Fondo
Europeo da Pesca.
- Proxectos obxecto de subvención: Poderán
acollerse a estas axudas os proxectos de actuación que teñan como
obxectivo transformar buques pesqueiros que causen baixa definitiva
no rexistro da frota pesqueira operativa en buques dedicados a investigación
e control do litoral, de observación do medio mariño, turísticos
ou calquera outra finalidade non pesqueira, sempre e cando sexa
realizada por entidades públicas ou semipúblicas e a súa licenza
de pesca se suprima con carácter definitivo.
- Beneficiarios: Poderán ser
beneficiarios das axudas as entidades públicas e semipúblicas que
teñan unha fin social axeitada á finalidade do proxecto, teñan a
súa sede en Galicia e realicen a súa actividade nesta comunidade,
ou ben aquelas que, tendo sede fóra da comunidade autónoma, teñan
delegación permanente en Galicia e realicen actividades con continuidade.
- Gastos subvencionables:
- Os gastos de reforma estrutural do buque para adaptalo á finalidade
prevista.
- Os gastos de reparación, mellora ou renovación dos equipos
propulsores.
- Os gastos de equipamento en seguridade conforme ao esixido
pola normativa en razón da finalidade do buque.
- Os gastos de equipos de navegación e comunicación necesaria
conforme ao tipo de buques.
- Os gastos de adquisición de equipos e material necesario para
desenvolver a finalidade prevista para o buque.
- Os gastos de contratación de servizos necesarios para a elaboración
ou execución do proxecto.
- Os gastos de adaptación para facilitar a accesibilidade a
bordo a persoas con discapacidade cando a finalidade do buque
permita o acceso ao público.
- Financiamento: As axudas financiaranse
con cargo a fondos do FEP (61%) e da Comunidade Autónoma de Galicia
(39%). As subvencións concédense con cargo ás aplicacións orzamentarias
que en cada un dos anos de vixencia do actual Programa Operativo
FEP 2007-2013 sinale a correspondente Lei de orzamentos xerais da
Comunidade Autónoma.
- Orzamento e contía das axudas: O
crédito orzamentario con cargo ao que se financia a concesión das
axudas realizarase por orde anual que determinará os seus importes.
Crédito orzamentario para o ano 2010: Para as solicitudes de axuda
tramitada durante o exercicio do ano 2010 e a plurianualidade asociada
ás axudas que poidan concederse neste, acada o importe de 366.500
euros (DOG
nº 66, do 9 de abril de 2010).
- Prazo de presentación das solicitudes:
30.03.2013
As solicitudes poderán ser presentadas ao longo de todo o ano, resolvéndose
a súa selección nunha única proposta anual que se realizará con
anterioridade ao 31 de maio de cada ano para as propostas presentadas
con anterioridade ao 30 de marzo.
Realizada a proposta anual prevista e se non se esgota o crédito
orzado para a anualidade correspondente, poderase realizar unha
nova proposta de adxudicación de axudas ata o límite do crédito
dispoñible con anterioridade ao 15 de outubro de cada ano para as
propostas presentadas antes do 30 de setembro.
Aquelas solicitudes que non poidan ser atendidas no período correspondente,
poderán ser tomadas en consideración no período seguinte, no caso
de que o solicitante faga manifestación expresa nese sentido, sen
que iso supoña ningunha preferencia como criterio de selección.
- Lugar de presentación das solicitudes:
Os interesados deberán presentar a correspondente solicitude nalgún
dos seguintes órganos:
-Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia
- Rexistros das delegacións territoriais da Consellaría
do Mar
- Por calquera outro medio disposto no artigo 38.4º da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común
|
- Centro
de información:
Consellería do Mar Dirección Xeral de
Desenvolvemento Pesqueiro Subdirección Xeral de Ensino e Investigación Mariña Tel.
981 546 177 Fax. 981 546 138 Formulario
de consulta |
|