Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña.Axudas
Convocatoria de propostas - Axudas a proxectos colectivos de xestión pesqueira de asistencia técnica e de control de acceso ao recurso

  • Organismo: Consellaría do Mar (Xunta de Galicia).

  • Descrición/Obxectivos: Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2010, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións aos proxectos colectivos de xestión pesqueira reguladas pola Orde do 5 de decembro de 2008 (DOG nº 240, do 11 de decembro) e recollidas no seu artigo 6.1º, apartados a.1 (asistencia técnica) e a.2 (control de acceso ao recurso), cuxos gastos se realicen no ano 2010.

  • Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as seguintes entidades, sempre que teñan a sede social e desenvolvan as súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia:
    • Entidades de interese colectivo
    • Fundacións de interese galego vinculadas ao sector pesqueiro

    Con vixencia exclusiva para o ano 2010, non poderán obter a condición de beneficiarios nesta convocatoria as confrarías de mariñeiros.

  • Proxectos obxecto de subvención: Poderán ser obxecto de subvención as accións colectivas que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto:
    • Contribuír de forma sostible a mellorar a xestión ou conservación dos recursos.
    • Promover métodos ou artes de pesca selectiva e reducir as capturas accesorias.
    • Recoller do leito mariño as artes de pesca perdidas para combater a pesca pantasma.
    • Mellorar as condicións de traballo e seguridade.
    • Mellorar a cadea de comercialización, a cadea de custodia, a calidade e a seguridade alimentaria e contribuír á transparencia dos mercados.
    • Levar a cabo estudos relativos ás augas, zonas ou recursos pesqueiros ou marisqueiros.
    • Mellorar a cooperación entre científicos e profesionais do sector para a transferencia tecnolóxica e posta en práctica de coñecementos, experiencias ou innovacións científicas.
    • Traballar en rede e intercambiar experiencias e mellores prácticas entre organizacións dedicadas a promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
    • Realizar auditorías enerxéticas para grupos de buques.
    • Obter asesoramento de expertos para o desenvolvemento de plans de reestruturación/modernización, incluídos os programas de adaptación da frota.

    Non serán obxecto de subvención as accións que resulten financiables segundo outras liñas de axudas convocadas pola Consellaría do Mar.

  • Gastos subvencionables: Poderanse conceder subvencións para os seguintes gastos:
    • Os de contratación de persoal imprescindible asociado ao proxecto.
    • Os de contratación de empresas ou entidades prestadoras de servizos.
    • Os de construción de instalacións de cultivo ou semicultivo, de tratamento de residuos e outro tipo de instalacións estritamente necesarias para a execución do proxecto.
    • Os de adquisición de equipamento e material necesario para desenvolver as accións.
    • Os de adquisición de semente de moluscos.
    • Os de redacción de proxecto técnico.

  • Contía das axudas: As subvencións concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias que en cada un dos anos de vixencia do Programa operativo FEP 2007-2013 sinale a correspondente Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, dotadas con fondos do FEP así como do Estado membro.

    No ano 2010 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.723A.770.1 dos orzamentos de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

    Os importes máximos das subvencións que se concedan en 2010 ascenderán a 500.000 euros.

  • Prazo de presentación das solicitudes: 06.04.2010

  • Lugar de presentación das solicitudes



  • Rexistro Único e de Información do complexo administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela) ou no de calquera dos departamentos territoriais da Consellería do Mar

    As solicitudes dirixiranse a:

    Pablo Ramón Fernández Asensio
    Titular da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños
    Consellaría do Mar

     

  • Centro de información:

    Consellería do Mar
    Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recusos Mariños
    Tel: 981 544 069
    Fax: 981 545 025
    Formulario de consulta
    Web




+