| |
- Organismo:
Consellería do Mar (Xunta de Galicia).
- Descrición/Obxectivos:
Estas axudas poderán financiar:
- Investimentos produtivos en acuicultura;
- Medidas
hidroambientais
- Tipos de apoio:
Axudas en réxime de concorrencia competitiva
- Beneficiarios:
- Persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos de cultivos
mariños ou de establecementos en augas continentais inscritos no Rexistro de Centros
de Acuicultura, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia
e aquelas que establezan nela novos centros.
Tamén poderán ser beneficiarios
das axudas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas,
as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio
separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, subscriban todos e cada
un dos seus membros a solicitude, estean constituídas por titulares de establecementos
de acuicultura e as súas federacións, teñan a sede en Galicia e realicen a súa
actividade nesta Comunidade.
- Os beneficiarios estarán en posesión
das preceptivas concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo
os investimentos previstos.
- Non poderán ser beneficiarias destas axudas,
as persoas en que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 10º
da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin as empresas
en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias
sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise
(2004/C244/02).
- As axudas ao investimento produtivo en acuicultura, limitaranse
ás microempresas, ás pequenas e medianas empresas e ás empresas non recollidas
pola definición de microempresa, pequena ou mediana empresa tal e como se definen
na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio, sobre a definición
de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOCE, serie L nº 124, do 20
de maio), con menos de 750 empregados ou cun volume de negocios inferior a 200
millóns de euros.
- As empresas deberán cumprir os criterios de independencia
segundo a Recomendación da Comisión, do 6 de maio de 2003.
-
Sectores incentivables: Acuicultura.
-
Proxectos obxecto de subvención: Poderán
ser subvencionables os investimentos en activos fixos materiais para a construción,
ampliación, equipamento e modernización de instalacións acuícolas de produción
situadas en Galicia, que teñan por obxecto un ou varios dos seguintes investimentos
e actuacións:
- Diversificación cara a novas especies ou produción de
especies con novas perspectivas de mercado;
- Establecemento de métodos
de acuicultura que reduzan substancialmente as consecuencias negativas ou melloren
os efectos positivos sobre o ambiente, en comparación coas prácticas normais no
sector da acuicultura;
- Apoio a actividades tradicionais da acuicultura
que contribúan a preservar e desenvolver o tecido económico e social e a protección
do ambiente;
- Apoio á adquisición de equipamentos para protexer as explotacións
dos depredadores salvaxes;
- Mellora das condicións de traballo e da seguridade
dos traballadores da acuicultura.
Así mesmo, poderán ser obxecto
de axuda, aqueles métodos de produción acuícola que contribúan a protexer e mellorar
o ambiente e a conservación da natureza que teñan por obxecto un ou varios dos
seguintes investimentos e/ou actuacións:
- O establecemento
de formas de explotación acuícola que inclúan a protección e mellora do ambiente,
dos recursos naturais e da diversidade xenética, así como a xestión da paisaxe
e as características tradicionais das zonas acuícolas..
- A participación
no sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental creado polo Regulamento
(CE) 761/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de marzo, polo que
se permite que as organizacións se adhiran con carácter voluntario a un sistema
comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).
- A acuicultura ecolóxica
no senso do Regulamento (CEE) 710/2009 da Comisión, do 5 de agosto, sobre
a produción ecolóxica e a súa indicación nos produtos agrarios e alimenticios
Tamén poderán ser subvencionables os investimentos que teñan por obxecto a
construción ou modernización de embarcacións auxiliares da acuicultura, que estean
inscritos na 4ª listaxe no Censo de frota pesqueira operativa e no Rexistro de
Buques Pesqueiros de Galicia, que teñan o seu porto base na Comunidade Autónoma
de Galicia. - Gastos subvencionables:
- En investimentos produtivos:
- Construción, ampliación, modernización
ou acondicionamento de bens inmobles, sempre e cando estea xustificada a súa necesidade
para a explotación de que se trate. Estes bens non deberán ter recibido nos últimos
10 anos ningunha subvención nacional ou comunitaria que poida comportar duplicidade
da axuda.
- Maquinaria, instalacións e equipamentos de primeiro uso.
- Os
gastos do proxecto técnico e dirección de obra ata un límite do 12% do custo indicado
no proxecto, sempre que a actuación a que se refira resulte seleccionada.
- Instalacións
telefónicas e fax, equipamentos e programas informáticos, relacionados coas actividades
de produción da empresa. Exclúense os equipos informáticos portátiles.
- Elementos
de transporte interno, sempre que formen parte integrante do proxecto que se presente.
- Adquisición de elementos especiais de transporte exterior, cando a adecuación
ao uso a que se destinen exixa unha fabricación ou carrozado singulares e sempre
que estean vinculados ao proxecto.
- Construción ou modernización de embarcacións
auxiliares da acuicultura. As embarcacións que perciban axudas á construción no
ano 2010 ou seguintes, non poderán percibir axudas á modernización nos cinco anos
seguintes.
- Construción ou modernizacións de bateas consistentes no acondicionamento
mediante o emprego no artefacto de novos dispositivos que permitan mellorar as
condicións de traballo, hixiene e saúde humana de bateas. Só se subvencionarán
novas construcións de bateas cando para a mesma concesión administrativa estes
artefactos non percibisen axudas á construción ou modernización nos últimos 5
anos.
- En medidas hidroambientais:
Dentro dos proxectos
hidroambientais, serán subvencionables: - En proxectos de melloras ambientais
- Custos de mantemento de estruturas.
- Perdas debidas a predadores salvaxes.
- Perda de renda debido á diminución de densidade de produción.
- En
proxectos do tipo de adhesión ao sistema EMAS, serán subvencionables os seguintes
gastos:
- Custos de asesoría para a implantación inicial do sistema.
- Avaliación
ambiental realizada por consultor independente.
- Verificación por consultor.
- Gastos de rexistro.
- Investimentos materiais necesarios para
a aplicación dun EMAS
- Nos proxectos do tipo de acuicultura ecolóxica,
serán subvencionables os seguintes gastos:
- Diminución do volume de produción.
- Incremento
dos custos de produción.
- Custos de inspección e certificación.
- Centro de información:
|
Consellería do Mar (Dirección Xeral de Competitividade
e Innovación Tecnolóxica) Teléfono: 981 546 347 |
|