Diputación de A Coruña Diputación de A Coruña
Unha deputación ó servicio da provincia 24 horas ó servicio da provincia A Coruña por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradicións e honrar ós nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coruña
Convocatorias comunitarias abertas Programas e iniciativas comunitarios O Euro Últimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Suxestións
Galego / Castellano
castellano carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña.Axudas
Convocatoria de propostas - Axudas ós investimentos en transformación e comercialización dos produtos de pesca, marisqueo e acuicultura

 

  • Organismo: Consellería do Mar (Xunta de Galicia).

  • Descrición/Obxectivos: A concesión das axudas para os investimentos na mellora das condicións da transformación e comercialización dos produtos procedentes da pesca e a acuicultura dispostas nos artigos 34 e 35 do Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, para o período 2007-2013.

  • Tipos de apoio: Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.
  • Beneficiarios:
    • Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares de establecementos de transformación e/ou comercialización de produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura xa existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, e aquelas que establezan nela novos centros.
    • Non poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin as empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02).
    • As axudas aos investimentos, de acordo co establecido no artigo 35 do Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, relativo ao FEP, limitaranse ás microempresas, ás pequenas e medianas empresas e ás empresas non previstas pola definición de microempresa, pequena ou mediana empresa tal e como se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOCE, serie L nº 124, do 20 de maio), con menos de 750 empregados ou cun volume de negocios inferior a 200 millóns de euros.
    • As empresas deberán cumprir os criterios de independencia segundo a Recomendación da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas. Para o cálculo dos efectivos (número de persoas ocupadas) e dos importes financeiros terase en conta o indicado na citada recomendación.
  • Sectores incentivables: Sector da pesca e da acuicultura.

  • Proxectos obxecto de subvención: Poderán ser subvencionables os investimentos en activos fixos materiais novos para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, que teñan por obxecto un ou varios dos seguintes investimentos e actuacións:
    • A mellora das condicións de traballo;
    • A mellora e o seguimento das condicións hixiénicas e de saúde pública ou da calidade dos produtos;
    • A produción de produtos de alta calidade para mercados altamente especializados;
    • A redución do impacto negativo no ambiente;
    • Unha mellor utilización de especies pouco aproveitadas, subprodutos e residuos;
    • A produción ou comercialización de novos produtos, a aplicación de novas tecnoloxías ou o desenvolvemento de métodos innovadores de produción ou comercialización;
    • A comercialización de produtos procedentes esencialmente dos desembarques locais e da acuicultura.


  • Gastos subvencionables
    • Construción, ampliación, modernización ou acondicionamento de bens inmobles, sempre e cando estea xustificada a súa necesidade para a explotación de que se trate. Estes bens non deberán ter recibido nos últimos 10 anos ningunha subvención nacional ou comunitaria que poida comportar duplicidade da axuda.
    • Maquinaria, instalacións e equipamentos de primeiro uso.
    • Os gastos de proxecto técnico e dirección de obra ata un límite do 12% do custo indicado no proxecto, sempre que a actuación a que se refira resulte seleccionada.
    • Instalacións telefónicas e fax, equipamentos e programas informáticos relacionados coas actividades de produción e de comercialización da empresa. Exclúense os equipamentos informáticos portátiles.
    • Elementos de transporte interno, sempre que formen parte integrante do proxecto que se presente.

    No caso de investimentos consistentes en obras ou subministracións, será requisito imprescindible para a concesión da axuda que os servizos da consellería certifiquen o non inicio dos investimentos con anterioridade ao comezo da execución.

  • Contía das axudas: As axudas teñen carácter de subvencións de capital.

    A porcentaxe máxima de contribución pública das axudas será, de acordo co establecido no anexo II do Regulamento do Fondo Europeo da Pesca (FEP), igual ou menor ao 60% do total dos gastos subvencionables.

    Respecto ás empresas que non teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas, segundo definición da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, e que teñan menos de 750 empregados ou un volume de negocios inferior a 200 millóns de euros, a contribución pública reducirase nun 30 %.

    Para o ano 2010, o importe máximo das subvencións que se concedan será de 11.000.000 euros.
    •  
  • Prazo de presentación das solicitudes: 28.02.2010


  • Lugar de presentación das solicitudes



  • Rexistro Único e de Información do complexo administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela) ou no de calquera dos departamentos territoriais da Consellería do Mar

    Realización telemática:

    http://webpesca.xunta.es/web/pesca/ordesresolucions?content=/
    Pesca/Contidos/Resolucions/resolucion_0401.html?page=1

     

  • Centro de información:

    Consellería do Mar
    (Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica)
    Teléfono: 981 546 347




+