| |
-
Descrición: O programa URBACT
II é parte do obxectivo de cooperación
territorial europea das políticas dos Fondos Estruturais para
o período 2007-2013. O programa URBACT II finánciase a través
do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, cuxos principios e regulamentos
se establecen no Regulamento Nº 1083/2006, o Regulamento Nº 1080/2006
do Consello e o Parlamento e o Regulamento Nº 1828/2006 da Comisión. -
Obxectivos: As cidades teñen
un papel vital que desempeñar no logro dos obxectivos da estratexia Europa
2020. O programa URBACT II fomentará este papel ao reunir os actores a
nivel local e rexional para intercambiar e aprender sobre unha ampla gama
de temas de política urbana. Esta cooperación terá
como obxectivo mellorar a eficacia das políticas sustentables de desenvolvemento
urbano integrado en Europa, con miras á aplicación da Estratexia
Europa 2020. Como se indica no Programa Operativo, URBACT II é impulsado
polos seguintes obxectivos específicos: -
aprendendo dos intercambios entre os socios de URBACT que comparten experiencias
e boas prácticas, sacando conclusións e baseándose nelas
a través dun enfoque temático e de coñecementos especializados;
- difundindo e transferindo a todas as cidades europeas as boas prácticas
e as leccións aprendidas nos intercambios; - axudando a quen toman
decisións políticas, os profesionais e os xestores de programas
operativos a definir os plans de acción locais que inflúen directamente
nas prácticas e as políticas de desenvolvemento urbano local. -
Solicitantes: Esta convocatoria está
aberta aos 27 Estados membros da UE, a Noruega e Suíza (os socios destes
dous países non poden facer uso das asignacións do FEDER pero serán
cofinanciados a través de contribucións nacionais). Socios doutros
países poden participar cos seus propios custos. -
Financiamento:
Os proxectos URBACT teñen dúas fases e un orzamento total de 800.000
€ que cobre ambas as fases. Este orzamento financia actividades
como: reunións, conferencias, publicacións, comunicación,
etc. Unha cantidade adicional está dispoñible para cada proxecto
para cubrir os custos de apoio temático e metodolóxico proporcionado
por expertos aprobados polo programa. Esta cantidade é a seguinte: 50.000
€ para un grupo de traballo e de 125.000 € para unha rede temática.
A taxa máxima de intervención do FEDER fíxase
en: 70% para as cidades da rexión de Competitividade
80% para as cidades da rexión de Converxencia -
Prazo: 15 de marzo de 2012 ás
14:00 horas. -
Lugar de
presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo
determinados requisitos a: | Enderezo
para o envío postal ou por servizo de mensaxería
URBACT SECRETARIAT 5, Rue Pleyel 93283, St.Denis Cedez France |
-
-
-
-
- Outros documentos relacionados
coa convocatoria
- Páxina
principal no servidor Europa
|