Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas
Terceira convocatoria: Interreg IVC. Cooperación territorial.

  • Descrición: A presente convocatoria, mediante a cooperación interrexional, pretende mellorar a eficacia das políticas de desenvolvemento rexional e contribuír á modernización económica e ao aumento da competitividade europea. Todo iso:

    - Habilitando actores locais e rexionais na Unión Europea que intercambien as súas experiencias e coñecementos.
    - Relacionando rexións con menos experiencias en certos campos da política con rexións máis avanzadas.
    - Asegurando a transferencia de boas prácticas en programas de Fondos Estruturais.

  • Obxectivos: Nesta convocatoria, só se admitirán Proxectos Financeiros (Capitalisation Projects), incluíndo proxectos de vía rápida (Fast Track Projects), pero non serán admisibles as solicitudes de proxectos de iniciativa rexional.

  • Prioridades temáticas: Este programa consta de dúas prioridades temáticas relativas á estratexia da Unión Europea para o crecemento e desenvolvemento sostible que se enmarca nas Estratexias de Lisboa e Goteborg. Os solicitantes teñen que orientar a súa solicitude cara un dos subtemas seguintes:
    • Prioridade 1: Economía da innovación e do coñecemento:
      • Innovación, investigación e desenvolvemento tecnolóxico.
      • Espírito empresarial e PEME.
      • Sociedade da información.
      • Emprego, recursos humanos e educación.
    • Prioridade 2: Medio natural e prevención de riscos.
      • Riscos naturais e tecnolóxicos, cambio climático.
      • Xestión da auga.
      • Prevención e xestión de residuos.
      • Diversidade biolóxica e patrimonio natural, calidade do aire.
      • Enerxía e transporte sostible.
      • Patrimonio cultural e paisaxe.
  • Beneficiarios:Poden participar neste programa só autoridades e entidades de dereito público, tanto dos 27 estados membros, como de Noruega e Suíza.

  • Orzamento: A cantidade de axuda FEDER para esta convocatoria é de 15 millóns de euros, sen asignación específica para cada prioridade ou subtema. Para ser elixibles, as solicitudes teñen que propor un orzamento dun mínimo de 1 millón de euros e un máximo de 2 millóns de euros, sendo a taxa de cofinanciamento FEDER 75% ou 85% dependendo do estado membro.
  • Prazo de presentación da solicitude: Desde o 9 de decembro de 2009 ata o 5 de marzo de 2010.

  • Lugar de presentación das solicitudes: O formulario de solicitude é un documento Excel que ten que cubrirse segundo as instrucións detalladas nel e presentarse por vía electrónica enviándoo a application@interreg4c.eu . Así mesmo, enviarase ao seguinte enderezo:
INTERREG IVC
3rd call for proposals
Les Arcuriales - Entrée D - 5e étage
45 rue de Tournai
59000 LILLE
FRANCE
  • Centro de información: A autoridade responsable do programa ten a súa base en Lille, Francia, e traballa con catro puntos de información localizados en determinados lugares de Europa aos que se ten que acudir dependendo do país. Son os seguintes:


    Information Point
    Geographical area
    North (Rostock, Germany) IP-North@interreg4c.eu
    Denmark, Estonia, Finland, Germany, Latvia, Lithuania, Sweden, Norway
    East (Katowice, Poland) IP-East@interreg4c.eu
    Austria, Bulgaria, Czech Republic, Hungary, Poland, Romania, Slovakia, Slovenia
    South (Valencia, Spain) IP-South@interreg4c.eu
    Cyprus, Greece, Italy, Malta, Portugal, Spain
    West (Lille, France) IP-West@interreg4c.eu
    Belgium, France, Ireland, Luxembourg, Netherlands, United Kingdom, Switzerland

 



+