| |
-
Descrición: ESPON é
a Rede Europea de Observación do Desenvolvemento
e a Cohesión Territorial. Apoia o desenvolvemento
de políticas relacionadas coa política de cohesión
da UE. Está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento
Rexional en virtude do obxectivo nº de cooperación territorial
europea e por trinta e uns países (vinte e sete Estados membros
da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza).
-
Obxectivos:
O programa ESPON 2013 anuncia as próximas
convocatorias de propostas: proxectos de Investigación Aplicada,
Análises Específicas, os proxectos no marco da Plataforma
Científica de EPSON e actividades transnacionais de redes.
As convocatorias inclúen catro proxectos de Investigación
Aplicada dentro da prioridade 1, ata cinco Análises Específicas
do eixo 2, seis proxectos no marco da Plataforma Científica
de EPSON dentro da prioridade 3 e unha convocatoria de propostas
para as actividades transnacionais de creación de redes por
parte da rede de puntos de contacto de ESPON dentro da prioridade
4.
-
Solicitantes: Os posibles beneficiarios
son os organismos públicos e privados de trinta e uns países
(vinte e sete Estados membros da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega
e Suíza). Convídase a investigadores e institucións
de investigación, universidades, científicos, expertos,
equipos universitarios, etc. para que presenten as súas propostas.
A convocatoria para actividades transnacionais de creación
de redes vai destinada ás institucións confirmadas
como puntos de contacto nacionais de ESPON.
-
Financiamento: O orzamento total é de 7.417.176,09 €.
-
Prazo: A convocatoria abrirase o 24 de agosto de 2011. O prazo para presentar propostas é o 20 outubro de 2011.
-
Lugar de presentación de solicitudes:
A documentación relacionada coas convocatorias, incluído
o procedemento para a aplicación, as regras de elixibilidade,
os criterios de avaliación e o material de presentación,
estará dispoñible o 24 de agosto de 2011
no portal de ESPON.
-
-
Punto de información comunitario:
Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico
a info@espon.eu
-
Xornada informativa: 13 de setembro de 2011.
O programa ESPON 2013 convida aos posibles beneficiarios na Xornada
Informativa sobre as convocatorias de propostas e Partner Café
o 13 de setembro de 2011 en Bruxelas. Será
a oportunidade de obter información sobre as novas oportunidades
de financiamiento e coñecer a posibles socios do proxecto.
Data límite de inscrición é o 02 de
setembro 2011 ás 15h00.
Os investigadores e expertos que están a buscar socios para elaborar unha proposta poden atopar máis información no apartado EPSON Partner Café.
O ESPON Partner Café ten o seu propio grupo de LinkedIn, onde os socios potenciais poden iniciar conversacións e atopar socios para levar a cabo proxectos ESPON.
-
Documento oficial de publicación:
DO C 245/08 do 19.12.2011
- Outros documentos relacionados coa convocatoria
- Páxina
principal no servidor Europa
- Programa vinculado á convocatoria: ESPON
|